A ecúmene (do grego οἰκουμένη, oikouménē, «terra habitada»)[1] é o conxunto do mundo coñecido por unha cultura. Xeralmente distínguese como aquela porción da Terra permanentemente habitada, en contraposición ao anecúmene ou áreas deshabitadas ou temporalmente ocupadas.

Reconstrución do mapa da Ecúmene de Heródoto, circa 450 a. C.

Historia do termo

editar

Durante o período helenístico, ecúmene facía referencia á parte da Terra que estaba habitada, xa fose por toda a humanidade ou só por unha parte desta. Con frecuencia referíase ás terras habitadas polos gregos, excluíndo aquelas que estaban ocupadas polos bárbaros. Co dominio de Roma, ecúmene empregouse xeralmente para aludir ao Imperio na súa totalidade.

No Novo Testamento o termo pode facer referencia tanto ao mundo actual como ao futuro reino de Cristo. Na literatura do Imperio Romano de Oriente reflíctese o uso grecorromano, pero por influencia do cristianismo inclúese aos pobos fóra do dominio imperial onde hai igrexas ou comunidades cristiás.

Esta acepción de Ecúmene foi incorporada polo uso eclesiástico; por iso, os concilios de toda a Igrexa foron chamados ecuménicos e o Patriarca de Constantinopla tivo o título de Patriarca ecuménico. Esta alusión á universalidade é a raíz do moderno concepto de ecumenismo.

Ecúmene na ficción

editar
  1. "ecúmene". digalego.xunta.gal. Consultado o 17 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar