Coñécese como anecúmene (do grego ἀν- "non" e οἰκουμένη "habitado") ás zonas da Terra que outrora foron descoñecidas por unha cultura, ou ben, na actualidade, onde o ser humano non vive nin procrea de forma permanente. Son, pois, aqueles lugares deshabitados ou con escasa poboación, e contraponse ás áreas permanentemente ocupadas denominadas ecúmene. Algunhas destas zonas son os grandes indlandsis dos polos; os desertos, con 1 a 10 hab/km²; e a zona húmida cálida (selva tropical), con 2 hab/km².

Un mapa amosando a Terra australis incognita, anecúmene até as viaxes de James Cook.