Dries van der Lof

Dries van der Lof

Dries van der Lof en 1977
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos Países Baixos
Anos en activo 1952
Escudería(s) HWM
Grandes Premios disputados 1
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1952
Derradeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1952


Andre "Dries" van der Lof, nado en Emmen o 23 de agosto de 1919 e finado en Enschedeo 24 de maio de 1990, foi un piloto de carreiras dos Países Baixos.

Traxectoria editar

Van der Lof era un industrial cuxa factoría fabricaba cables eléctricos,[1] e competiu como afeccionado en eventos de automobilismo. Participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo, o Gran Premio dos Países Baixos de 1952, o 17 de agosto de 1952, onde xunto a Jan Flinterman foi o primeiro piloto dos Países Baixos en competir nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula 1.[2] Participou nun HWM 52, retirouse da carreira logo de 70 voltas e non logrou puntos de campionato.[3] Máis tarde comprou un Maserati 250F e competiu en carreiras históricas ata a década de 1980.[3]

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1952 Hersham and Walton Motors HWM 52 Alta 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE NED
NC
ITA NC 0

Notas editar

  1. Jenkins, Richard. "Where are they now: Andre van der Lof". Old Racing Cars. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  2. "1952 Dutch GP Report". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Andre van der Lof Profile". GrandPrix.com. Inside F1. Consultado o 31 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar