Dominic McGuire

baloncestista estadounidense

Dominic McGuire, nado o 20 de outubro de 1985 en San Diego (California) é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga para os Aguacateros de Michoacán da Liga Nacional de Baloncesto Profesional mexicana.

Dominic McGuire
Aguacateros de Michoacán  – No. 3
Información persoal
Nacemento 20 de outubro de 1985 (38 anos)
San Diego (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Ala / Ala-pivote
Liga LNBP
Información da carreira
Instituto Lincoln (San Diego, California)
Universidade California (2003–2005)
Fresno State (2006–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 47
Por Washington Wizards
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Washington Wizards (2007–2010)
Sacramento Kings (2010)
Charlotte Bobcats (2010–2011)
Golden State Warriors (2011–2012)
Toronto Raptors (2012)
New Orleans Hornets (2012–2013)
Indiana Pacers (2013)
Santa Cruz Warriors (2014)
Tulsa 66ers (2014)
Hapoel Eilat (2014)
Hapoel Holon (2014–2015)
Shenzhen Leopards (2015–2016)
Leones de Ponce (2016)
Club Malvín (2018)
Aguacateros de Michoacán (2018–presente)

NBA editar

McGuire foi seleccionado na 47ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Washington Wizards. O 13 de agosto de 2007, McGuire asinou un contrato de 3 anos polos Wizards.[1] O 16 de abril de 2008, xogou o seu primeiro partido coma titular na súa carreira na NBA, contra os Orlando Magic.

O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2010.[2]

O 22 de xullo de 2010, asinou cos Charlotte Bobcats.[3] O 24 de febreiro de 2011, os Bobcats prescindiron de McGuire tras un traspaso entre Charlotte e os Portland Trail Blazers.[4] En cambio, foi fichado de novo o 3 de marzo de 2011.[5]

O 15 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Golden State Warriors.[6] Xogou o seu primeiro partidos cos Warriors o 25 de decembro de 2011, na derrota con Los Angeles Clippers por 105-86.

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Toronto Raptors.[7] Foi cortado o 30 de novembro de 2012, cando os Raptors ficharon a Mickaël Piétrus.[8]

O 16 de decembro de 2012, McGuire asinou cos New Orleans Hornets.[9] Foi cortado polos Hornets o 4 de xaneiro de 2013.[10] O 7 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Indiana Pacers.[11]

O 26 de setembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[12]

Notas editar

  1. "Wizards Sign Second-Round Draft Pick Dominic McGuire". NBA.com. 2007-08-13. Consultado o 2010-07-23. 
  2. "KINGS ACQUIRE CARL LANDRY, JOEY DORSEY AND LARRY HUGHES IN THREE-WAY TRADE WITH HOUSTON AND NEW YORK". NBA.com. 2010-02-18. Consultado o 2010-02-19. 
  3. "Bobcats Sign Free Agent Forward Dominic McGuire". NBA.com. 2010-07-22. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2010. Consultado o 2010-07-23. 
  4. "Cunningham, Przybilla, Marks, 2 First Round Picks Acquired from Portland". NBA.com. 2011-02-24. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 2011-02-25. 
  5. "Bobcats Re-Sign Dominic McGuire". NBA.com. 2011-03-03. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 2011-03-04. 
  6. "Warriors add free agent forward McGuire". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2011. 
  7. "Raptors Sign Dominic McGuire". NBA.com. 2012-09-12. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 2012-09-12. 
  8. "Raptors Sign Free-Agent Forward Mickael Pietrus". NBA.com. 2012-11-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2012. Consultado o 2012-11-30. 
  9. "HORNETS SIGN MCGUIRE". NBA.com. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  10. "HORNETS WAIVE DOMINIC MCGUIRE". NBA.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  11. Pacers Sign Dominic McGuire
  12. "Jazz Round Out Roster With Three Camp Invites". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar