Doina Melinte
Doina Ofelia Melinte, nado en Hudesti o 27 de decembro de 1956, é unha atleta romanesa especialista en probas de media distancia que foi campioa olímpica de 800 metros e medalla de prata en 1500 metros nos Xogos dos Ánxeles 1984.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de decembro de 1956 (67 anos) Mlenăuți, Romanía (en) |
Membro da Cámara de Deputados de Romanía | |
Datos persoais | |
Altura | 171 cm |
Peso | 59 kg |
Actividade | |
Ocupación | mediofondista, atleta, política |
Nacionalidade deportiva | Romanía |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 800 metros lisos corrida de meia-distância (pt) |
Participou en | |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
Os Ánxeles 1984 | 800 m | ||
Os Ánxeles 1984 | 1500 m | ||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Roma 1987 | 1.500 m | ||
Campionato de Europa | |||
Stuttgart 1986 | 1.500 m |
Traxectoria
editarO seu primeiro éxito internacional chegou en 1981, ao proclamarse campioa de 800 m e subcampioa de 1.500 m na Universíada de Bucarest. En 1982 gañou o ouro nos 800 m dos Campionatos de Europa Indoor de Milán. Ese ano liderou ademais a clasificación mundial dos 800 m con 1:55,05 feitos en Bucarest, que sería ademais a mellor marca da súa vida nesta proba. Con todo decepcionou na competición máis importante do ano, os Campionatos de Europa de Atenas, onde só foi 6ª.
O maior éxito da súa carreira deportiva conseguiuno nos Xogos dos Ánxeles 1984, onde gañou a medalla de ouro nos 800 m por diante da estadounidense Kim Gallagher e da tamén romanesa Fita Lovin, e tamén a medalla de prata nos 1.500 m, por detrás da italiana Gabriella Dorio.
Convén dicir que Melinte beneficiouse moito da ausencia a causa do boicot das soviéticas, que por esa época dominaban as clasificacións mundiais do mediofondo, con corredoras como Nadezhda Olizarenko, Irina Podyalovskaya ou Nadezhda Ralldugina.
Tras a súa vitoria olímpica, continuou sendo durante varios anos unha das mellores mediofondistas do mundo, dedicada sobre todo aos 1.500 metros, unha distancia na que foi dúas veces campioa do mundo en pista cuberta (1987 e 1989) e tres veces campioa de Europa (1985, 1988 e 1990). A isto súmase outro título europeo de 800 metros en 1989.
En canto ás súas actuacións ao aire libre, os seus maiores éxitos foron o bronce dos 1.500 metros nos Campionatos de Europa de Stuttgart 1986 e nos Campionatos do Mundo de Roma 1987. En cambio decepcionou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, onde tras gañar a súa semifinal de 1.500 m, só puido acabar 9ª na final.
O 9 de febreiro de 1990 conseguiu en East Rutherford, Nova Jersey, unha nova marca mundial dos 1.500 metros en pista cuberta con 4:00,27 e tamén da milla na mesma carreira, con 4:17,14. Este último aínda continua vixente.
Retirouse do atletismo en 1992. Na actualidade, ocupa o 6º lugar na clasificación mundial de todos os tempos nos 800 metros con 1:55,05 que ademais segue sendo a marca nacional de Romanía.
Resultados
editarAno | Competición | Lugar | Posto | Marca |
---|---|---|---|---|
1982 | Campionato de Europa Indoor | Milán | 1ª en 800 m | 2:00,39 |
1982 | Campionato de Europa | Atenas | 6ª en 800 m | 1:59,65 |
1983 | Campionato de Europa Indoor | Budapest | 4ª en 800 m | 2:02,70 |
1983 | Campionato do Mundo | Helsinqui | 6ª en 800 m 6ª en 1.500 m |
2:00,13 4:04,42 |
1984 | Campionato de Europa Indoor | Gotemburgo | 2ª en 800 m | 1:59,81 |
1984 | Xogos Olímpicos de 1984 | Os Ánxeles | 1ª en 800 m
2ª en 1.500 m |
1:57,60
4:03,76 |
1985 | Campionato de Europa Indoor | Pireo | 1ª en 1.500 m | 4:02,54 |
1985 | Copa do Mundo | Canberra | 3ª en 1.500 m | 4:19,66 |
1986 | Campionato de Europa | Stuttgart | 3ª en 1.500 m | 4:02,44 |
1987 | Campionato do Mundo Indoor | Indianápolis | 1ª en 1.500 m | 4:05,68 |
1987 | Campionato do Mundo | Roma | 3ª en 1.500 m | 3:59,27 |
1988 | Campionato de Europa Indoor | Budapest | 1ª en 1.500 m | 4:05,77 |
1988 | Xogos Olímpicos | Seúl | 9ª en 1.500 m | 4:02,89 |
1989 | Campionato de Europa Indoor | A Haia | 1ª en 800 m | 1:59,89 |
1989 | Campionato do Mundo Indoor | Budapest | 1ª en 1.500 m | 4:04,79 |
1989 | Copa do Mundo | Barcelona | 3ª en 800 m | 1:56,55 |
1990 | Campionato de Europa Indoor | Glasgow | 1ª en 1.500 m | 4:09,73 |
1990 | Campionato de Europa | Split | 6ª en 1.500 m | 4:10,91 |
1991 | Campionato do Mundo Indoor | Sevilla | 4ª en 1.500 m | 4:06,65 |
1991 | Campionato do Mundo | Toquio | 4ª en 1.500 m | 4:03,19 |
1992 | Campionato de Europa Indoor | Xénova | 3ª en 1.500 m | 4:06,90 |
1992 | Xogos Olímpicos | Barcelona | 7ª sf en 1.500 m | 4:04,42 |