Djémila (en cabilo: Ğamila; árabe: جميلة, a Fermosa, latín: Cuicul ou Curculum), anteriormente Cuicul, é unha pequena aldea montañosa en Alxeria, preto da costa norte ao leste de Alxer, onde atópanse algunhas das mellores ruínas preservados bérberes-romanas atopados no norte de África. Está situado na rexión limítrofe con Constantinois e Petite Kabylie (Basse Kabylie).

Djémila
Ruínas do teatro romano de Djémila.
Djémila en Alxeria
Djémila
Djémila
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Alxeria
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador191
Mercado histórico

En 1982, Djémila converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO pola súa singular adaptación da arquitectura romana a un ambiente montañoso. Os edificios máis significativos no antigo Cuicul inclúen un teatro, dous foros, templos, basílicas, arcos, rúas e casas. As ruínas excepcionalmente ben conservadas rodean o foro de Harsh, unha gran praza pavimentada cunha entrada marcada por un maxestoso arco.

Cuicul romana editar

Djémila é xunto a Timgad e Tipasa unha das tres colonias romanas máis importantes da actual Alxeria

A cidade, co nome de Cuicul, construíuse 900 m por riba do nivel do mar durante o século I d.C. (ano 96) como unha gornición militar romana situada nun estreito altiplano triangular na provincia de Numídia. O terreo é algo accidentado, localizado na confluencia de dous ríos. O seu nome é o dun pobo ou un lugar Bérber que non se latinizou.

 
Cuicul no mapa de Numidia, ao sur de Milevium e Cirta.Atlas Antiquus, H. Kiepert, 1869

Os construtores de Cuicul seguiron un plan estándar cun foro no centro e dúas rúas principais, o Cardo Maximus e o Decumanus Maximus, que compoñen os eixes principais.[1] A cidade estaba inicialmente poboada por unha colonia de soldados romanos de Italia, e eventualmente converteuse nun gran mercado comercial. Os recursos que contribuíron á prosperidade da cidade eran esencialmente agrícolas (cereais, olivos e granxas).

Baixo os Antoninos, a cidade foi adornada cun foro, capitolio, varios templos, curia, un mercado e un teatro. Coa construción dos grandes baños termais o reinado de Cómodo marca a extensión da cidade cara ao sur.

Durante o reinado de Caracalla no século III, os administradores de Cuicul derribaron algunhas das antigas murallas e construíron un novo foro. Rodeárono con edificios maiores e máis impresionantes que os que bordeaban o antigo foro. O terreo obstaculizaba o edificio, de modo que construíron o teatro fóra das murallas da cidade, o cal foi excepcional. A cidade aos poucos volveuse unha cidade na que se podía vivir ben, e na que se desenvolveron luxosas casas.

A Antigüidade tardía viu a Cuicul seguir cunha dinámica vida urbana: construíuse un barrio cristián con basílica e batistério, na parte sur da cidade e unha basílica civil, as luxosas casas dos nobres non pararon de engrandecerse, equipando-se con baños privado e cun espazo considerable para recepcións (basílicas privadas). A casa de Europa ou de Castorius revelan este estilo de vida dos ricos e os líderes e conservaron unha gran decoración en mosaicos.

 
Djemila, o cardo maximus.

"Cuicul" foi ocupado no 431 polos vándalos que perseguiron o catolicismo ata a súa saída provisional logo de acordos con Xenserico en 442.

A cidade foi abandonada lentamente logo da caída do Imperio Romano durante os séculos V e VI. Houbo algunhas melloras baixo o emperador Xustiniano I, con reforzos nos muros, pero caeu no esquecemento a finais do século VI.

Máis tarde os musulmáns dominaron a rexión, pero non volveron a ocupar o sitio de Cuicul, que renomearon como Djémila ("fermosa" en árabe)

Dado o estado de conservación das ruínas, a cidade foi inscrita na lista de Patrimonio da Humanidade en 1982.

Residentes notábeis editar

Varios importantes africanos romanizados naceron en Cuicul:[2]

Galería editar

Notas editar

  1. Djemila, Morocco, Algeria, & Tunisia, Geoff Crowther and Hugh Finlay, Lonely Planet, 2nd Edition, abril de 1992, pp. 298 - 299.
  2. Anthony R. Birley, Septimius Severus, the African Emperor, Éd. Routledge, ISBN 0-415-16591-1

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar