Tipasa, ás veces coñecida como Tipasa de Mauretania, foi unha colonia romana na provincia romana da Mauretania Caesariensis, hoxe chamada Tipasa, está situada na costa central de Alxeria. Desde 2002, a UNESCO declarouna como "Patrimonio da Humanidade".

Tipasa
Ruínas romanas de Tipasa
Tipasa en Alxeria
Tipasa
Tipasa
Localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Alxeria
Localización36°35′42″N 2°26′27″L / 36.59500, -2.44083
TipoCultural
CriteriosIII, Iv
Inscrición1982 (6ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador193

Historia

editar

Posto comercial púnico

editar

Inicialmente a cidade era un pequeno posto de comercio Púnico.

Colonia romana

editar

Conquistada por Antiga Roma, convertéuse nunha colonia militar polo emperador Claudio para a conquista dos reinos da Mauritania.[1] Despois converteuse nun municipium chamado Colonia Aelia Augusta Tipasensium, que alcanzou unha poboación de 20.000 habitantes no século IV segundo o historiador Gsell.[2]

A cidade romana construíuse sobre tres pequenos outeiros que dominaban o mar, case 20 km. ao leste de Caesarea (capital da Mauretania Caesariensis). Das casas, a maior parte das cales estaban no outeiro central, non quedan restos; pero quedan ruínas de tres igrexas, a Gran Basílica e a Basílica de Alexandre no outeiro occidental e a Basílica de Santa Salsa no outeiro oriental, dous cemiterios, os baños, o teatro, o anfiteatro e o nymphaeum. A liña das murallas pódese distinguir claramente e ao pé do cerro oriental os restos do antigo porto.

As basílicas están rodeadas de cemiterios, que están cheos de ataúdes de pedra e cubertos de mosaicos. A basílica de San Salsa, que foi escavada por Stéphane Gsell, consta dunha nave e dous corredores e aínda contén un mosaico. A Gran Basílica serviu durante séculos como canteira, pero aínda se pode facer o plano do edificio, que estaba dividido en sete corredores. Baixo os cimentos da igrexa atópanse tumbas cortadas na rocha sólida. Destas, unha é circular, cun diámetro de 18 m. e espazo para 24 cadaleitos.

Baixo o dominio romano a cidade adquiriu maior importancia comercial e militar debido ao seu porto e á súa posición central no sistema de estradas costeiras romanas no norte de África. Construíuse un muro de aproximadamente 2.300 metros ao redor da cidade para a defensa contra as tribos nómades, e construíronse os edificios públicos e os barrios de casas romanos dentro do recinto. Tipasa converteuse nun importante centro do cristianismo no século III. A primeira inscrición cristiá en Tipasa data do 238 e a cidade viu a construción dun gran número de edificios relixiosos cristiáns nos séculos III, IV e posteriores ..... Sobre o 372 Tipasa resistiu un asalto de Firmus, o líder dunha rebelión Berber que invadira as cidades próximas de Caesarea (a moderna Cherchell) e Icosium (a moderna Alxer). Tipasa entón serviu de base para a contra-campaña romana. Con todo, as fortificacións de Tipasa non impediron que a cidade fora conquistada polos vándalos preto do 429, poñendo fin á prosperidade que a cidade gozara durante o período romano. No 484, durante a persecución da igrexa católica polo rei vándalo Hunérico, o bispo católico de Tipasa foi expulsado e substituído por un bispo arianos que incitou a moitos habitantes da cidade a fuxir a España. Nas décadas posteriores a cidade caeu en ruínas. Enc. Brit.[3]

Tipasa comercialmente tiña considerable importancia, pero non se distinguiu na arte ou na aprendizaxe. O cristianismo iniciouse pronto, e no século III, Tipasa foi unha sé episcopal, inscrita na lista de ses titulares da Igrexa católica.[4]

 
Ruínas na actualidade da Tipasa romana

A maioría dos habitantes continuaron sendo non-cristiáns ata que, segundo a lenda, Salsa, unha doncela cristiá, botou a cabeza do seu ídolo serpe ao mar, polo que o pobo enfurecido apedreuna ata matala. O corpo, milagrosamente recuperado do mar, enterrouse, nun outeiro sobre o porto, nunha pequena capela que posteriormente deu lugar a unha maxestosa basílica. O martirio de Salsa tivo lugar no século IV. no 484, o rei vandalo Hunerico (477-484) enviou un bispo ariano a Tipasa, logo de que un gran número de habitantes fuxiran a España, mentres que moitos dos restantes foron cruelmente perseguidos.[5]

Decadencia

editar

Tipasa foi parcialmente destruída polos vándalos no 430, pero foi reconstruída polos bizantinos un século máis tarde. Tipasa resucitou por un breve tempo durante a ocupación bizantina no século VI pero recibiu o nome árabe de Tefassed, cando os árabes chegaron alí. O termo traducido significa "moi danado".[6]

 
Tumba cristiá dunha basílica romana de Tipasa

No terceiro século o cristianismo foi adorado por todos os bérberes romanizados e os colonos romanos de Tipasa. Deste período vén o epitafio cristián máis antigo da África romana datado o 17 de outubro de 237 d.C.[7] En Tipasa construíronse as principais basílicas da actual Alxeria: a basílica de Alexandre e a basílica de Santa Salsa.

A finais do século VII a cidade foi destruída polos árabes e reducida a ruínas.[8]

Cidade moderna

editar

En 1857 a área foi novamente habitada, coa creación da cidade de Tipaza que agora ten preto de 30.000 habitantes. A cidade e os seus arredores albergan o maior grupo de falantes bérberes de Alxeria occidental, o pobo Chenoua.

Galería

editar
  1. Centre, UNESCO World Heritage. "Tipasa". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2016-08-08. 
  2. "Archivo de la Frontera | EL LIMES ROMANO DE ÁFRICA IX – AELIA AUGUSTA TIPASENSIUM (Tipasa – Argelia, 1982-84)". www.archivodelafrontera.com (en castelán). Consultado o 2018-01-29. 
  3. Roman Tipasa
  4. Annuario Pontificio 2013 (Libreria Editrice Vaticana, 2013, ISBN 978-88-209-9070-1), p. 991
  5. Stefano Antonio Morcelli, Africa christiana, Volume I, Brescia 1816, pp. 327–328
  6. Tipasa, Morocco, Algeria, & Tunisia: a travel survival kit, Geoff Crowther & Hugh Finlay, Lonely Planet, 2nd Edition, abril 1992, pp. 286 - 287.
  7. Revue africaine, Société historique algérienne, éd. la Société, 1866, p. 487
  8. Toutain Jules. Fouilles de M. Gsell à Tipasa : Basilique de Sainte Salsa. In: Mélanges d'archéologie et d'histoire T. 11, 1891. pp. 179-185.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar