División de Honra de Rugby 2005-2006

A tempada 2005-2006 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 39 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 18 de setembro do 2005, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 9 de abril do 2006, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de UE Santboiana por sétima vez na súa historia.

División de Honra
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos10
Actual campiónUE Santboiana (2005-06)
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.com

O UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os tres equipos novos na categoría eran vellos coñecidos da máxima competición nacional de rugby: Ordizia, Liceo Francés e BUC, que ocuparon os lugares de Canoe, Arquitectura e Univ.Sevilla.

Esta tempada foi a primeira na que se empregou o sistema de puntuación do Super Rugby do hemisferio sur, que outorga 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 0 por derrota, e 1 punto bonus cando ou se anotan mais de 3 ensaios ou se perde por menos de 8 puntos.

Equipos editar

Equipo Estadio Cidade
Barcelona Universitari Club Estadio da Foixarda Barcelona
Club Alcobendas Rugby Campo das Terrazas Alcobendas
Club de Rugby El Salvador Campos de Pepe Rojo Valladolid
Club de Rugby Ciencias Anexo ó Estadio da Cartuja Sevilla
Getxo Rugby Taldea Campo de Urbieta Getxo
Ordizia Rugby Elkartea Fernando Trevijano Ordizia
Club de Rugby Liceo Francés Campo Ramón Urtubi Madrid
Bera Bera Rugby Taldea Miniestadio de Anoeta Donostia
Valladolid Rugby Asociación Club Campos de Pepe Rojo Valladolid
Unió Esportiva Santboiana Baldiri Aleu Sant Boi de Llobregat

Clasificación editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar