Didunculus placopedetes

Didunculus placopedetes
Pomba da Tonga,
didúnculo da Tonga
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Subfamilia: Didunculinae
Xénero: Didunculus
Especie: D. placopedetes
Nome binomial
Didunculus placopedetes
Seadman, 2006

Didunculus placopedetes, coñecido na bibliografía internacional como pomba da Tonga ou didúnculo da Tonga, era unha especie de ave da orde das columbiformes, familia dos colúmbidos, unha das dúas que integraban a subfamilia dos didunculinos, endémica das illas da Tonga e actualmente extinta, coñecida por restos fósiles que se remontan á era cuaternaria.

Descrición editar

A especie foi descrita en 2006 polo ornitólogo estadounidense David Seadman,[1] en base a restos subfósiles atopados en depósitos de covas na illa de ʻEua, no Reino de Tonga,[2] e tamén se encontrou durante escavacións arqueolóxicas nas illas de Tongatapu, Lifuka, Ha'ano, ʻUiha e Ha'afeva. Os lugares de escavación datan de 2 700 a 2 850 anos a.C.[3]

Características editar

A pomba de Tonga era moito máis grande que o seu parente máis achegado, a pomba naumeana (Didunculus strigirostris), aínda hoxe vivente, aínda que en grave perigo de extinción.

Medía de 31 a 38 cm de longo e pesaba uns 400 g. Tiña un aspecto repoludo, cunha cola curta e un pico curvado. A parte traseira, a cola e as plumas remeiras secundarias eran de cor parda escura, así como o iris do ollo. O pico era amarelo, e vermello na base, e presentaba unha liña de pel espida ao redor do ollo. As patas eran vermellas, mentres que a plumaxe era na súa maior parte negra verdosa con reflexos azuis nos lados do pescozo.[Cómpre referencia]

Alimentábase de bagas, tubérculos aéreos, froitos que recolectaba na parte superior do bosque , e de sementes de Dysoxylum ssp. (árbores da familia da caoba) usando a para a factura dos froitos o seu curvado pico para acceder a elas a través do pericarpo duro e fibroso.[Cómpre referencia]

Cando aínda era abundante, até vinte individuos podían ser observados en grupos. Os niños eran construídos no chan.[Cómpre referencia]

Extinción editar

A pomba de Tonga desapareceu nalgún momento despois ser do colonizado do arquipélago polo ser humano, probabelmente debido á caza, á perda de hábitat e á influencia de especies invasoras introducidas.[4]

Notas editar

  1. Steadman D. W. (2006): "An extinct species of tooth-billed pigeon (Didunculus) from the Kingdom of Tonga, and the concept of endemism in insular landbirds". Journal of Zoology 268 (3): 233–241. Resume.
  2. Hume, J. P. & Walters, M. 2012, p. 544.
  3. Tyrberg, T. 2009, p. 352.
  4. Hume, J. P. & Walters, M. 2012, pp. 116–117.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar