Lifuka
Vista da illa
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (1996) 2.966 hab.
Superficie 11,42 km²
Densidade
Coordenadas 19°47′56″S 174°21′24″O / -19.79889, -174.35667Coordenadas: 19°47′56″S 174°21′24″O / -19.79889, -174.35667
Maior Altura
Localización
Localización

Lifuka é a illa principal do Grupo Gálvez ou grupo Ha'apai, no reino de Tonga, onde está a vila principal do grupo, Pangai. En ocasións chámaselle tamén illa Ha´apai ou illa Pangai. As súas coordenadas son: 19°50′S 174°22′O / -19.833, -174.367.

Xeografía editar

Lifuka é unha illa baixa cunha superficie total de 11,42 km². Non ten bosques naturais xa que a terra está cultivada con plantacións de taro, árbores froiteiros e cocos. A costa occidental está infestada de praias.

A poboación total da illa, no censo de 1996, era de 2.966 habitantes. A vila principal é Pangai, situada no medio da costa occidental, onde reside o gobernador do grupo Ha´apai (ou Gálvez). Ten diversos edificios de servizos públicos, igrexas e misións.

Illas do grupo Gálvez editar

As illas de ao redor de Lifuka forman un subgrupo de illas dentro do grupo Gálvez. Esténdense de norte a sur nunha área de 65 km de longo e 35 km de ancho. Cinco das illas están unidas polos mesmos arrecifes de coral. Desde Lifuka pódese acceder camiñando a Foa, ao norte, por un paso elevado e a Uoleva, ao sur, coa marea baixa.

Historia editar

En Lifuka atópase o sitio arqueolóxico lapita de Tongoleleka, na vila Hihifo, onde se atoparon cerámicas de hai 3.000 anos.

O primeiro europeo que chegou a Lifuka foi o inglés James Cook en 1777. Transcribía o nome como Lefooga, e así se escribiu durante anos en inglés. Foi recibido polo xefe Finau que lle ofreceu banquetes e festas durante once semanas. O capitán Cook foise nomeando ao grupo como illas dos Amigos (Friendly Islands), pero anos despois sóubose que os xefes de Lifuka estábanlle preparando unha trampa para facerse co barco. As diverxencias de última hora sobre a táctica a seguir frustrou o intento.

En 1806, o sucesor de Finau, Finau ´Ulukalala II, capturou e saqueou a nave inglesa Port au Prince. Entre os sobreviventes atopábase o mozo de quince anos William Mariner que estivo catro anos en Lifuka como conselleiro de Finau II. Os seus escritos son un clásico polo coñecemento da antiga sociedade polinesia. Entre outras cousas explica como malgastaron 12.000 moedas de prata como fichas para xogar a pa´anga. Trátase do xogo de tiralas sobre a superficie da auga para ver como rebotan. Hoxe en día a moeda oficial de Tonga chámase pa'anga.

En 1831 a poboación converteuse ao cristianismo coa chegada do misioneiro metodista John Thomas e co apoio do xefe Taufa´ahau. Converteuse nun líder da causa cristiá, unificando as illas Tonga, e acabou adquirindo o título do teu´i fundando a dinastía real actual de Tonga.