Deutsch-Galicische Gesellschaft

asociación de estudos galegos con sede na Universidade de Tréveris

A Deutsch-Galicischen Gesellschaft (DGG) (Asociación Galego Alemá) é unha asociación fundada en novembro de 1993 con sede na Universidade de Tréveris, ligada ao Galicien-Zentrum, primeiro denominado Dokumentationsstelle Galicie, desa universidade. O seu primeiro, e actual, presidente é Dieter Kremer. Entre 2003 e 2006 o seu presidente foi Alf Monjour [1]. Conta como presidente de honra a Ramón Lorenzo [2].

Deutsch-Galicische Gesellschaft
Tipoorganización
Campo de traballocultura de Galicia, lingua galega e Galicia
Data de fundaciónnovembro de 1993
Presidente/a
Dieter Kremer (2006-) Editar o valor em Wikidata
eline|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q110234395?uselang=gl]] (2003-2006)
Dieter Kremer (1993-2003) Editar o valor em Wikidata
SedeTréveris
PaísAlemaña
editar datos en Wikidata ]

Actividades editar

O obxectivo do DGG é fomentar a investigación científica en cooperación co Galicien-Zentrum da Universidade de Trier. Promove cursos de lingua galega, manifestacións artísticas e culturais en universidades, institucións e outros lugares axeitados. Para a difusión e apoio da investigación no campo dos estudos galegos publica dende 1996[3] a revista científica biligüe Galicien-Magazin e tamén conta cunha biblioteca centrada na cultura galega. Para os seus fins colabora estreitamente coa Universidade de Santiago de Compostela. Para darse a coñecer realiza regularmente o Galicien-Tag, presentando resultados de investigacións e estudos sobre Galicia e a lingua galega.

Notas editar

  1. Siegfried Jüttner (2008) Anfänge des Wissenschaftsjournalismus in Spanien: der Diario de los literatos de España : Horizonte des Kulturtransfers Peter Lang, p. 132
  2. Dieter Kremer "O bo labor de Ramón" en Ramón Lorenzo. Señor das palabras. Xunta de Galicia, 2011, p. 86
  3. Kabatek, Johannes (1998). "Das Galicische in der deutschsprachigen Romanistik in Forschung, Lehre und Institutionen". In: Briesemeister, Dietrich; Schönberger, Axel. Bestandsaufnahme und Zukunftsperspektiven der deutschsprachigen Lusitanistik: Standpunkte und Thesen. Frankfurt: TFM, 307-316