Dentalium

xénero de moluscos

Dentalium
Rango fósil: silúrico - actualidade

Cuncha de Dentalium octangulatum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Scaphopoda
Orde: Dentaliida
Familia: Dentaliidae
Xénero: Dentalium
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto

Dentalium é un xénero de moluscos escafópodos da orde, o tipo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae),[1] que comprende numerosas especies (máis de 50 actualmente viventes máis outras tantas extintas) coñecidas vulgarmente como dentalios.[2]

Características editar

As especies de Dentalium son moluscos escavadores, están provistas dunha cuncha cónica e curvada de 4 a 5 cm de lonxitude, oca e aberta en ambos os extremos; a abertura no extremo máis ancho ou anterior da cuncha denomínase abertura principal. A abertura posterior, máis estreita, coñécese como abertura apical.

No orificio maior ou anterior encóntranse o e a boca. O manto encóntrase permanentemente dentro da cuncha. O pé utilízao o animal para escavar tobos no brando substrato no que habitan. O orificio posterior, o da abertura apical, permite a circulación da auga para a evacuación das feces e para o intercambio respiratorio, xa que carecen de branquias.

Viven en sedimentos do fondo mariño, enterrados na lama ou na area do fondo, alimentándose de organismos microscópicos, detritos e foraminíferos.

A cuncha presenta estrías lonxitudinais, o que a diferencia das cunchas das especies do xénero Antalis (moitas delas clasificadas anteriormente dentro de Dentalium), que teñen a mesma forma cónica e curvada pero lisa, sen estrías.

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero Dentalium foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp. [Ver en liña].[1]

Etimoloxía editar

O nome científico do xénero, Dentālǐum, derivouno Linneo do latín dens, dentis, 'dente', debido á forma das cunchas destes moluscos.[3][4]

Especies actualmente viventes editar

A especies actualmente vivas do xénero Dentalium son:[5][6][7]

Galería editar

Especies fósiles editar

Encontráronse as seguintes especies fósiles:[8]

  • Dentalium akasakensis Hayasaka 1925
  • Dentalium alazanum Cooke 1928
  • Dentalium angsananum Martin 1922
  • Dentalium aratum Tate 1887
  • Dentalium arcotinum Forbes 1846
  • Dentalium atratum Tate 1887
  • Dentalium attenuatum Say 1824
  • Dentalium badense Partsch, 1856
  • Dentalium bifrons Tate 1887
  • Dentalium bocasense Olsson 1922
  • Dentalium caduloide Dall 1892
  • Dentalium cannaliculatum Klipstein 1843
  • Dentalium cossmannianum Pilsbry & Sharp 1897
  • Dentalium danai Meyer 1885
  • Dentalium decoratum Münster 1841
  • Dentalium denotatum Ludbrook 1956
  • Dentalium giganteum Sowerby 1846
  • Dentalium gonatodes Martin 1885
  • Dentalium hamatum Forbes 1846
  • Dentalium hanguense Cox 1930
  • Dentalium hecetaensis Rohr et al. 2006
  • Dentalium inaequale Bronn 1831
  • Dentalium indianum Girty 1911
  • Dentalium junghuhni Martin 1879
  • Dentalium klipsteini Kittl 1891
  • Dentalium latisulcatum Tate 1899
  • Dentalium lombardicum Kittl 1899
  • Dentalium mancorens Olsson 1930
  • Dentalium microstria Heilprin 1880
  • Dentalium montense Briart & Cornet 1889
  • Dentalium moreanum d'Orbigny 1845
  • Dentalium neohexagonum Sharp & Pilsbry 1897
  • Dentalium neornatum Hayasaka 1925
  • Dentalium ovale Cooke 1928
  • Dentalium pseudonyma Pilsbry & Sharp 1898
  • Dentalium rimosum Bose 1906
  • Dentalium rugiferum von Koenen 1885
  • Dentalium sandbergeri Cossmann & Lambert 1884
  • Dentalium schencki Moore 1963
  • Dentalium sexangulum (Gmelin, 1790)
  • Dentalium simile Münster 1841
  • Dentalium solidum Hutton 1873
  • Dentalium sorbii King 1850
  • Dentalium speyeri Geinitz 1852
  • Dentalium sundkrogensis Schnetler 2001
  • Dentalium tenuistriatum Martin 1879
  • Dentalium tornatissimum Tate 1899
  • Dentalium triquetrum Tate 1887
  • Dentalium yasilum Olsson 1930

A distribución dos fósiles do xénero Dentalium é xeograficamente moi extensa. Este xénero é moi antigo, remontándose ao período silúrico (hai 422,9 millóns de anos). Están especialmente representados no cretáceo, eoceno e mioceno.[8]

Galería de fósiles editar

Relacións cos humanos editar

Prehistoria e antigüidade editar

Na prehistoria xa se utilizaban as cunchas dos dentalios como obxectos de adorno e intercambio, e incluso eran impregnadas con ocre para darlles unha cor máis atractiva. Encontráronse en moitas partes de España moitos exemplares con este uso que datan do paleolítico superior, e estes achados en numerosas covas así o demostran: Cova de Valdavara (Becerreá), onde se atopou o fósil humano máis antigo de Galicia,[9][10] sitio arqueolóxico de Férvedes II (Xermade), Cova do Mirador de Atapuerca (Burgos), Cova del Pastoral, Cova d’en Pau (Xirona), Cova del Parpalló (Valencia), Cova de les Cendres (Alacant) etc. Destes achados dedúcese que existía un fluxo comercial entre as poboacións costeiras e do interior.

Así mesmo, as cunchas de Dentalium eran moi apreciadas polos pobos nativos americanos. E, por exemplo, sábese que cunchas de Dentalium neohexagonum foron utlizadas polo pobo Chumash como unha forma de moeda polo menos en datas tan temperás como circa o ano 1 000 a.C., na zona da baía de Morro (California).

Uso na Europa do século XVIII editar

Na medicina moderna as cunchas de Dentalium eran consideradas como un excelente álcali e os boticarios pulverizábanas para o seu uso en varias preparacións. As cunchas para estes usos foron descritas por Joseph Pitton de Tournefort en Londres no século XVIII como "de forma tubular ou cónica, de cerca de 3 polgadas de longo; dunha brillante cor branca; ocas; con luz e divididas lonxitudinalmente por liñas paralelas, cunha tapa no fondo. Son do grosor dunha pluma e teñen certa semellanza cun dente canino." Porén, eran consideradas naquel momento como moi raras, e en lugar delas, foron substituídas por outra cuncha. Esta foi descrita como unha cuncha multicolor encontrada na area na baixamar; esta cuncha non era canalizada, ou acanalada. A cuncha verde grande á que o escritor francés se refire en primeiro lugar ben poderían ser Dentalium elephantinum ou Dentalium aprinum, que son grandes e verdosas e viven na zona do Indo-Pacífico. A outra cuncha seguramente era doutra especie, posibelmente Dentalium entale, que é nativa da Gran Bretaña.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Dentalium Linnaeus, 1758 no WoRMS.
  2. dentalio s.m. Molusco escafópodo (Dentalium vulgare), de cuncha tubular e afusada, en forma de dente de elefante [vive en fondos lamacentos, sobre todo no interior das rías]. En: Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009.
  3. dentalium Arquivado 05 de abril de 2016 en Archive.is en Memidex.
  4. Dentalium en MyEtymology.
  5. Catalogue of life
  6. ITIS.
  7. Animal Diversity Web.
  8. 8,0 8,1 "[[Paleobiology Database]].". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 07 de abril de 2016. 
  9. Atopan na cova de Valdavara o fósil humano máis antigo descuberto ata o momento en Galicia Arquivado 20 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Xornal da USC.
  10. Encuentran los objetos de adorno más antiguos del noroeste peninsular en una cueva de Becerreá. Diario de Pontevedra, 7 de abril de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
  • VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar