Dendrocigninos

(Redirección desde «Dendrocygna»)
Dendrocigninos
Dendrocygninae

Dendrocygna autumnalis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Dendrocygninae
Reichenbach, 1853
Xénero: Dendrocygna
Swainson, 1837
Especies
  • Véxase o texto

Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.[1]

Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),[2] mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.

Algunhas clasificacións [1] inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).

Etimoloxía editar

O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.

En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.

É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.

Descrición editar

A subfamilia abrangue oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).

Comportamento e distribución editar

Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e suroriental, Nova Guinea e Australia.

Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.

Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.

Especies editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar