Demetrio García Álvarez

guerrilleiro antifranquista galego

Demetrio García Álvarez, coñecido como Pedro, nado nas Chás (Oímbra) o 16 de maio de 1912 e finado en Francia, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaDemetrio García Álvarez
Biografía
Nacemento16 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata (111 anos)
As Chás, España Editar o valor em Wikidata
MorteFrancia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Primitivo García Justo. Logo dunha pelexa cun veciño na que usou o seu revolver en maio de 1935,[1] foi condenado polo Xulgado de Verín. Ingresou no Forte de San Cristovo de Pamplona o 13 de xullo de 1936.[2] Estivo preso no Forte San Cristovo ata que a Xunta de goberno da Audiencia de Ourense propuxo o seu licenciamento para o 14 de abril de 1937.[3] Fuxido no monte dende 1937, foi o líder do grupo guerrilleiro que actuaba na raia galaico portuguesa pola zona de Verín e Chaves en 1945. Ao ano seguinte integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia grazas ao labor de Samuel Mayo Méndez. No grupo integrouse Juan Salgado Riveiro. O grupo foi acusado da morte do xefe de Falanxe de Vilaza, Antonio Aguirre Padrón.

O 9 de decembro de 1946 dirixiu o asalto ao autobús de liña da empresa Perille que facía a ruta Ourense-Verín nas Estibadas, na chamada curva de Atás.[4] Refuxiado en Cambedo con outros compañeiros, foi ferido na batalla de Cambedo o 21 de decembro de 1946. Detido xunto co seu cuñado Manuel Bárcia, ingresou na prisión de Porto o 23 de decembro. Foi xulgado polo Tribunal Territorial de Porto e condenado a 19 anos de prisión. Foi enviado ao campo de concentración de Tarrafal (Cabo Verde) en xuño de 1948. Rematou de cumprir a pena no cárcere de Lisboa de onde foi liberado o 19 de febreiro de 1965. Exiliado en Francia, instalouse en París e despois en Bordeos, e non retornou a Galicia.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 3-5-1935, p. 15.
  2. "Listado y datos de los presos que estuvieron internados en el Fuerte de San Cristobal entre 1934 y 1945". 
  3. Hoja Oficial del Lunes, 5-4-1937, p. 2.
  4. Martínez Cerredelo, E. (15 de febreiro de 2014). "Historia e memoria. Acción guerrilleira nas Estivadas (1946). A curva do atraco.". Dende A Limia. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar