Demetrio Gómez Xunqueira

Profesor e político pontevedrés

Demetrio Gómez Xunqueira, nado en Pontevedra o 5 de xullo de 1967, é un profesor e político galego.

Infotaula de personaDemetrio Gómez Xunqueira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónIES Sánchez Cantón
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: dgomezxunqueira Instagram: demetrio111 Youtube: UC-N32lEDuIpGhs0e08lbLBg Pinterest: demetriogmezxun Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no IES Sánchez Cantón e licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.

Exerceu de profesor de secundaria en varios centros, como o instituto de Ponte Caldelas e o IES Torrente Ballester.

 
Co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a escritora Fina Casalderrey, o editor David Cortizo Conde e a poeta María Lado nun acto oficial en Pontevedra en abril de 2024

Foi concelleiro polo BNG en Pontevedra de 2001 a 2003, de 2005 a 2007 e de 2009 en adiante. En 2024 era o coordinador[1] e responsable da Área de dinamización social e cultural: Actividades culturais e sociais, Festas, Xestións das instalacións municipais socio culturais, Normalización lingüística e cultural, Memoria Histórica, Educación nos seus diferentes niveis e Xuventude.[2] Antes fora Concelleiro de Mobilidade impulsando o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Pontevedra.[3]

En 2017 foi nomeado responsable comarcal do BNG[4] e en 2021 volveu encabezar o Consello Local do BNG con Sabela Bará.[5] Forma parte do Consello Nacional do BNG.[6]

Publicacións editar

  • "Noites abertas", en Los jóvenes y la cultura del ocio: diversas perspectivas y experiencias en el ámbito local: I congreso sobre ocio juvenil, Elche, 3, 4 y 5 de mayo de 2001 (2002). ISBN 84-7784-885-8. Páxs. 321-344.[7]

Notas editar

  1. "Gómez Xunqueira, Demetrio". Ciudades Creativas Kreanta (en castelán). Consultado o 2024-04-18. 
  2. "Grupo Municipal do BNG". Concello de Pontevedra. Consultado o 2024-04-18. 
  3. "La mejora de la movilidad en Pontevedra requerirá 82 millones de euros hasta el 2035". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-28. Consultado o 2024-04-18. 
  4. Pontevedra (2017-04-08). "Demetrio Gómez, nuevo responsable comarcal del BNG". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-04-18. 
  5. "Demetrio Gómez e Sabela Bará encabezan o novo Consello Local do BNG de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2021-12-24. Consultado o 2024-04-18. 
  6. Galego, BNG-Bloque Nacionalista (2016-08-04). "Consello Nacional". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Consultado o 2024-04-18. 
  7. "Noites abertas". dialnet.