Delicatessen (gastronomía)

Unha delicatessen ou delicia, é un alimento exclusivo polas súas características especiais, por ser exótico, raro ou de elevada calidade na súa execución.

Dúas delicatessen francesas: foie-gras e viño sauternes.

Trátase de produtos delicados de alta gama que, ás veces, alcúmanse como etiqueta negra,[1] e que se venden en tendas especializadas ou en grandes superficies comerciais.

Orixe do termoEditar

A palabra Delicatessen vén do alemán. É un termo composto por delikat ("delicado") e Essen ("comida").
Esta palabra alemá, plural de Delikatesse ("delicadeza"), deriva do francés délicatesse, e este probabelmente o italiano antigo delicatezza, de delicato ("delicado"), á súa vez tirado do latín delicatus.[2]

CaracterísticasEditar

As tendas de delicatesen adoitan ofreceren diversas preparacións de orixe local, como viños, licores, vermús, cervexas, refrescos 100 % naturais, cafés, infusións, marmeladas, galletas, tortas, doces, xeados, produtos da chamada quinta gama, aceites, queixos, patés, carnes, congro seco, caracois, embutidos, xamóns, conservas, legumes, mollos e adobos, pans e empanadas,[1] e moitas veces tamén especialidades gastronómicas foráneas.

Os alimentos preparados poden abarcar desde a preparación de salsas exóticas a sándwiches.

Delicatessen galegasEditar

Entre outras, pódese citar:

  • Gallaecia Delicatessen.[3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 A.m. (2 de novembro de 2018). "A feira do 'gourmet' galego". Faro de Vigo. Consultado o 2 de outubro de 2019. 
  2. delicatessen no Merrriam Websters Unabriged Dictionary.
  3. "A Xunta apoia con 478.000 euros á nova empresa Gallaecia Delicatessen que, desde Monforte, aposta pola comercialización de carne de vacún selecta de orixe galega". www.xunta.gal. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar