DeAndre Liggins

baloncestista estadounidense

DeAndre Desmond Liggins, nado o 31 de marzo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos London Lions da British Basketball League.

DeAndre Liggins
London Lions  – No. 34
Información persoal
Nacemento 31 de marzo de 1988 (36 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Escolta
Liga BBL
Información da carreira
Instituto Findlay Prep (Henderson, Nevada)
Universidade Kentucky (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 53
Por Orlando Magic
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Orlando Magic (2011–2012)
Oklahoma City Thunder (2012–2013)
Tulsa 66ers (2012–2013)
Sioux Falls Skyforce (2013–2014)
Miami Heat (2014)
Sioux Falls Skyforce (2014)
Krasny Oktyabr (2014–2015)
Eisbären Bremerhaven (2015)
Sioux Falls Skyforce (2015–2016)
Cleveland Cavaliers (2016–2017)
Dallas Mavericks (2017)
Milwaukee Bucks (2017–2018)
New Orleans Pelicans (2018)
Sioux Falls Skyforce (2018–2019)
Kolossos Rodou (2019)
Fuenlabrada (2019)
London Lions (2020–presente)

Traxectoria universitaria editar

Liggins xogou tres anos para a Universidade de Kentucky. Pasou os seus dous primeiros anos saíndo case sempre dende o banco, pero no seu ano coma júnior, o adestrador John Calipari decidiu poñelo de titular. O remate da tempada, Liggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2011.

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2011, Liggins foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Orlando Magic.[1] Fixo o seu debut na NBA para Orlando nun partido fóra da casa contra os Milwaukee Bucks, onde conseguiu 3 puntos en 10 minutos de xogo.[2]

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Oklahoma City Thunder.[3] Durante a tempada 2012-13, foi asignado en varias ocasións ós Tulsa 66ers, afiliado dos Thunder na NBA Development League.[4] O 6 de setembro de 2013, foi cortado polos Thunder.[5]

O 25 de febreiro de 2014, Liggins asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[6]

O 5 de agosto de 2019, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.[7] O 29 de outubro de 2019, Liggins e o Fuenlabrada acordaron a rescisión do seu contrato.[8]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  2. "DeAndre Liggins Info Page". NBA.com. 1988-03-31. Consultado o 2012-01-07. 
  3. "OKC Thunder sign DeAndre Liggins and Andy Rautins". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  4. "2012-13 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 04 de marzo de 2014. 
  5. Thunder Waives DeAndre Liggins
  6. HEAT Signs DeAndre Liggins
  7. "Deandre Liggins, energía para el juego exterior del Montakit Fuenlabrada". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 06 de agosto de 2019. 
  8. Montakit Fuenlabrada y DeAndre Liggins separan sus caminos

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar