Kolossos Rodou B.C.

(Redirección desde «Kolossos Rodou BC»)

O A.O. Kolossos Rodou (en grego: Α.Ο. Κολοσσός Ρόδου), coñecido en inglés como Colossus Rhodes B.C., e por motivos de patrocinio como Kolossos H Hotels, é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Rodas, Grecia. O club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. Foi fundado en 1963 dando cabida a outros deportes coma o voleibol e o judo a principios da década de 1980.

Kolossos Rodou
Información xeral
Nome Α.Ο. Κολοσσός Ρόδου
Liga A1 Ethniki
Fundación 1963
Cores           Branco, ciano
Presidente Grecia Michalis Kokkinos
Adestrador Grecia Aris Lykogiannis
Patrocinador H Hotels Collection
Localización
Cidade Grecia Rodas, Grecia
Pavillón Venetokleio Indoor Hall
Capacidade 1.700
Campionatos
A2 Ethniki 1 (2005)
kolossosbc.gr

Historia editar

Foi o primeiro equipo da rexión do mar Exeo, mais debido ao seu illamento xeográfico non puido disputar competicións a nivel oficial ata o ano 2000, data na que entra como presidente Kostas Kostaridis, quen o inscribe na División B, a terceira en importancia do país, ascendendo en 2003 á A2 Ethniki, e en 2005 finalmente á A1 Ethniki, onde xoga na actualidade.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar