Diego David Domínguez González, máis coñecido como David Delfín, nado en Ronda, Málaga o 2 de novembro de 1970, e finado en Madrid o 3 de xuño de 2017, foi un deseñador e artista español.

Infotaula de personaDavid Delfín
Biografía
Nacemento(es) Diego David Domínguez González Editar o valor em Wikidata
2 de novembro de 1970
Ronda, Málaga, España
Morte3 de xuño de 2017 (46 anos)
Madrid, España
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesDavid Delfín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDeseñador de moda
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaPelayo Díaz Zapico (en) Traducir (2011–2014) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdavidelfin.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1915602 Twitter: davidelfin_co Instagram: davidelfinofficial Discogs: 1903330 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou desfilando no Circuit de Barcelona coa colección Openin Nite (primavera / verán 2001). Creou a marca Davidelfin en 2001 xunto aos 3 irmáns Postigo, Deborah Postigo, Diego Postigo e Gorka Postigo, e a modelo Bimba Bosé.

O seu salto á fama chegou no 2002, cando desfilou coa colección Cour des miracles na Pasarela Cibeles de Madrid.[1] Devandita colección, inspirada no pintor Magritte e no director de cine Luis Buñuel, presentaba as modelos coa cara tapada con capuchas a modo de burkas e sogas de forca no pescozo, o que desatou unha enorme polémica pola coincidencia coa guerra en Afganistán contra o réxime dos talibán.[2]

Porén, toda esta polémica non impediu que fose galardoado na Pasarela Cibeles de 2003 co premio á mellor colección dun novo deseñador por In loving memory. Dende entón, continuou desfilando regularmente en Cibeles con outras coleccións como Mi manchi ou Corpo estraño, nos que a modelo Bimba Bosé se converteu na súa musa.[3]

No ano 2016 foi galardoado co Premio Nacional de Deseño de Moda por parte do Ministerio de Cultura "pola audacia, valentía e compromiso social da súa obra, cunha sinalada identidade española".

Vida persoal editar

Viviu até os 18 anos en Marbella, Málaga.

En abril de 2016 foi intervido de tres tumores cerebrais. Faleceu o 3 de xuño de 2017 en Madrid ós 46 anos logo dunha intensa loita contra un cancro cerebral que lle detectaron o ano anterior.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar