Dave Fridmann

Dave Lawrence Fridmann, nado en Buffalo, Nova York, é un produtor musical e músico estadounidense. Fridmann é ademais propietario dos Tarbox Road Studios fundados en 1997[1] en Cassadaga, Nova York.

Dave Fridmann
Nome completoDave Lawrence Fridmann
Nacemento19 de xuño de 1946
OrixeBuffalo, Nova York Flag of the United States.svg
Ocupaciónprodutor musical, enxeñeiro de son, músico
Instrumento(s)baixo, teclados, guitarra, voz
Relacionado conMercury Rev, The Flaming Lips, MGMT
Tempo en activo1989 - presente
Na rede
davefridmann.com
editar datos en Wikidata ]

CarreiraEditar

Na súa adolescencia Fridmann tocou a guitarra, os teclados e o baixo en varias bandas locais da área de Buffalo, Nova York. A finais dos 80 foi o baixista da formación orixinal da banda de indie rock Mercury Rev,[2] deixando o grupo en 1993 para ccentrarse no seu traballo como produtor.

A partir de 1990 engargouse de coproducir a meirande parte dos lanzamentos de Mercury Rev e The Flaming Lips. Tamén traballou con artistas como Weezer, Saxon Shore, Neon Indian, Wolf Gang, Ammonia, Ed Harcourt, Sparklehorse, Café Tacuba, Creaming Jesus, Elf Power, Mogwai, Thursday, Longwave, Mass of the Fermenting Dregs, The Delgados, Low, Phantom Planet, Gemma Hayes, Goldrush, Tapes 'n Tapes, Hopewell, Black Moth Super Rainbow, Number Girl, Jed Davis, Zazen Boys, Sleater-Kinney e Clap Your Hands Say Yeah.[3] Recentemente traballou nos últimos discos de MGMT, Neil Finn, The Cribs, OK Go, Tame Impala, Lord Huron, Baroness, Spoon e Interpol.[4]

No ano 2001 Fridmann foi incluído na lista da revista Mojo dos 100 Sonic Visionaries e foi descrito como "o Phil Spector da era do rock alternativo".[5] En 2007 gañou un Grammy polo seu traballo no álbum de The Flaming Lips At War With The Mystics. En 2010 tres dos discos producidos por Fridmann foron incluídos na lista dos 100 mellores álbums da década da Rolling Stone: Oracular Spectacular de MGMT, Yoshimi Battles The Pink Robots de The Flaming Lips, e The Woods de Sleater-Kinney.[6]

NotasEditar

  1. "Info". www.tarboxroadstudios.com. Consultado o 2020-11-13. 
  2. "Dave Fridmann - Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-11-13. 
  3. "Main". www.davefridmann.com. Consultado o 2020-11-13. 
  4. "Dave Fridmann - Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-11-13. 
  5. "100 Sonic Visionaries" (PDF). Mojo. 2011-07-08. Consultado o 2020-11-13. 
  6. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2011-07-18). "100 Best Albums of the 2000s". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-11-13.