Dasypus kappleri
Dasypus kappleri, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como armadillo de fociño longo grande, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,[2] que vive en gran poarte de Suramérica: Colombia, Venezuela, Ecuador, Güiana, Suriname, Güiana francesa, o Perú, Bolivia e o Brasil.[1]
Dasypus kappleri Armadillo de fociño longo grande | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dasypus kappleri taxidermizado | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Dasypus kappleri Krauss, 1862 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Dasypus kappleri
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Características, hábitat e bioloxía
editarÉ unha das máis grandes especies de armadillo, xa que mide entre os 83 e os 106 cm de lonxitude total e pesa xeralmente entre os 8,5 e o 10,5 kg, aínda que pode alcanzar até os 15 kg.[3][4]
Trátase dun animal solitario, nocturno, terrestre, que xeralmente vive nas proximidades de arroios e pantanos. Aliméntase de artrópodos, especialmente formigas e térmites, e doutros invertebrados.
A súa área de dispersión está restrinxida aos bosques tropicais e as terras baixas húmidas das concas dos ríos Orinoco e Amazonas. En zonas de sabana só habita en zonas illadas boscosas. Constrúe tobos en solos ben drenados.[4][5]
Ten esporóns nas súas patas traseiras que lle permiten arrastrarse de xeonllos en túneles estreitos. Cando se sente en perigo, pode desprender un cheiro almiscrado desagradábel.
As femias tipicamente paren dúas crías port camada.[5]
Taxonomía
editarA especie foi descrita en 1862 polo naturalista alemán Friedrich von Krauss en Archiv Naturgesch., 28 (1): 20.[2]
Na actualidade recoñécense, dentro da especie, dúas subespecies:[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Anacleto, T. C. S., Arteaga, M., Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Dasypus kappleri na Lista vermella de especvies ameazaadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 4-02-2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Dasypus kappleri no MSW.
- ↑ Armadillos.
- ↑ 4,0 4,1 Dasypus kappleri na EOL.
- ↑ 5,0 5,1 Eisenberg, J. F. (1989): Mammals of the Neotropics. The Northern Neotropics. Chicago / London: The University of Chicago Press.
- ↑ Dasypus kappleri kappleri en MSW.
- ↑ Dasypus kappleri pastasae en MSW.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dasypus kappleri |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dasypus kappleri |
Bibliografía
editar- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340.
- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dasypus kappleri na ADW.
- Dasypus kappleri na EOL.