Daniel Pino Vicente

sociólogo e urbanista galego

Daniel Pino Vicente, nado en Forcadela (Tomiño) o 6 de maio de 1943, é un sociólogo, urbanista e escritor galego.

Infotaula de personaDaniel Pino Vicente
Biografía
Nacemento6 de maio de 1943 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Forcadela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Pino Carrera Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1951642

Traxectoria editar

Fillo de Francisco Pino Carrera. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, cando era estudante en Madrid foi detido pola policía por propaganda ilegal en abril de 1965[1] e pasou un tempo en prisión. Residente en Vilaxoán, fundou a empresa Consultora Galega, exerceu a secretaría técnica do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e foi director do Instituto Galego de Vivenda e Solo durante o goberno bipartito. Foi profesor da ENAP nos Cursos de Técnico Superior de Urbanismo e do máster de Restauración Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

É autor e coautor de numerosos libros, artigos, informes técnicos e traballos de investigación no seu campo: a ordenación territorial, o urbanismo, o transporte, a vivenda, o medio ambiente e disciplinas afíns.[2]

Obras editar

Obras colectivas editar

  • A Galicia urbana (2015). Xerais. Coord.

Recoñecementos editar

  • Premio Nacional de Urbanismo polo Plan Especial de Protección do Pazo de Hueca e a súa contorna, 1981.
  • Premio Galicia de Deseño polo Plan Xeral de Ordenación de Vilagarcía, 1985.
  • Premio Europeo de Urbanismo pola Ordenación e Recuperacións Integrais do Conxunto Histórico de Allariz e o seu río, 1994.
  • Tomiñes distinguido, 2016.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 29-4-1965, p. 10.
  2. "Daniel Pino. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-02-01. 
  3. "As casualidades necesarias". LibrosCC. Consultado o 2022-02-01. 
  4. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: p". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar