Damià Sabater
Damià Sabater Tous, nado o 3 de febreiro de 1996 en Palma (Illas Baleares), é un futbolista profesional español da canteira do RCD Mallorca, que actualmente xoga como centrocampista no RCD Mallorca.
Damià Sabater | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Damià Sabater Tous | ||
Nacemento | 3 de febreiro de 1996 (27 anos) | ||
Lugar de nacemento | Palma de Mallorca | ||
Altura | 1,78 m | ||
Posición | Mediocentro | ||
Información de club | |||
Club actual | RCD Mallorca | ||
Carreira xuvenil | |||
Mallorca | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2015 | Mallorca B | 11 | (0) |
2015– | Mallorca | 41 | (1) |
2017 | → Lugo (ces.) | 8 | (0) |
Selección nacional | |||
2012 | España sub-16 | 2 | (0) |
2012 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Selección: actualizado a 7 de maio de 2017[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nado en Palma, Illas Baleares, Damià Sabater formouse nas categorías inferiores do Real Club Deportivo Mallorca, principal equipo da súa cidade natal, acompañando ao técnico Pepe Gálvez na súa progresión de adestrador desde as categorías inferiores ao primeiro equipo. Tras finalizar a súa formación, debutou co segundo equipo dos mallorquinos, o Mallorca B na temporada 2014–15 en Segunda División B. Tras o descenso do primeiro equipo á Segunda División, debuta en competición profesional na categoría de prata na derrota do seu equipo por 2-0 ante o CD Mirandés en Anduva.[1] Tras acabar a temporada, o 12 de agosto de 2015, asina un contrato por catro anos co club, sendo ascendido definitivamento ao primeiro equipo. O seu primeiro gol como profesional chega o 24 de abril do ano seguinte, cando ano o gol do seu equipo na derrota por 2-1 ante o CD Lugo no Anxo Carro. Ao ano seguinte, o 30 de xaneiro de 2017, anúnciase a súa cesión precisamente ao Lugo.
Clubs editar
Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
RCD Mallorca B | Segunda B | 2014−2015 | 11 | 0 |
RCD Mallorca | LaLiga2 | 2014−2015 | 1 | 0 |
RCD Mallorca | LaLiga2 | 2015−2016 | 31 | 1 |
RCD Mallorca | LaLiga2 | 2016−2017 | 9 | 0 |
CD Lugo | LaLiga2 | 2017 | 8 | 0 |
Notas editar
- ↑ "El Mirandés pone "el broche" a su mejor temporada en Segunda". Marca (en castelán). 07-06-2015.