Desoxitimidina trifosfato

composto químico
(Redirección desde «DTTP»)

A desoxitimidina trifosfato, tamén chamada trifosfato de desoxitimidina, abreviada como dTTP (ou tamén timidina trifosfato ou TTP), é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxitimidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula consta do azucre desoxirribosa unido á base nitroxenada timina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificados no carbono 5' e unidos entre si por enlace anhidro[1].

Desoxitimidina trifosfato
Identificadores
Número CAS 365-08-2
PubChem 64968
ChemSpider 58493
MeSH thymidine+5'-triphosphate
ChEMBL CHEMBL363559
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H17N2O14P3
Masa molecular 482,168
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Timidina trifosfato ionizada.

O nome da molécula con frecuencia abréviase coas siglas TTP, pero é máis exacto denominala dTTP, xa que realmente é un desoxirribonucleótido. O feito de que con frecuencia se use por economía TTP en vez de dTTP é porque non hai confusión con outros nucleótidos, xa que só aparece na forma desoxi formando parte do ADN e non hai un nucleótido similar con ribosa na célula, a diferenza do que sucede cos outros nucleótidos nos que si hai que distinguir.

A función principal do dTTP é intervir na síntese do ADN durante a súa replicación. O dTTP chega á zona de síntese e perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, enlazándose á cadea de ADN en formación como dTMP.

O dTTP orixínase por fosforilación do dTDP na reacción:

dTDP + ATP dTTP + ADP

No laboratorio é usado pola ADN ligase para crear extremos protuberantes (cohesivos) nos fragmentos de ADN durante os experimentos de clonación.

Notas editar

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén editar

Outros artigos editar