Dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines

moeda conmemorativa estadounidense de 2005
Dólar de prata do
230 aniversario do Corpo de Marines
A/: Marines izando a bandeira dos Estados Unidos en Iwo Jima Data e marca de gravador (NEM).

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / MARINES / 1755-2005

R/: Emblema do Corpo de Marines. Marcas de ceca (P) e de gravador (CLV).

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / SEMPER FIDELIS / ONE DOLLAR

  • Valor: 1 dólar.
  • Gravador: N. E. Nemeth (anv.) e C. L. Vickers (rev.).
  • Datas de emisión: 2005
  • Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia.
  • Tiraxe: 598.481 exemplares.
  • Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre.
  • Diámetro: 38,1 mm.
  • Peso: 26,73 g.
  • Espesor: 2,8 mm.
  • Canto: estriado.

O dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2005 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 108-291, do 6 de agosto de 2004,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa do 230º aniversario do Corpo de Marines dos Estados Unidos.[2]

Deseño editar

No anverso da moeda, deseñado e gravado polo gravador da US Mint Norman E. Nemeth, reprodúcese a icónica escena dos marines izando a bandeira estadounidense sobre Iwo Jima, Xapón, durante a segunda guerra mundial, que foi fotografada por Joe Rosenthal. A escena destá rodeada por lendas alusivas ao 230º aniversario do Corpo de Marines, fundado en 1775.[2][3]

 
Fotografía de Joe Rosenthal dos marines erquendo a bandeira en Iwo Jima, reproducida no anverso do dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines

Pola súa banda, o reverso, obra de Charles L. Vickers, reproduce o emblema do Corpo de Marines, cunha aguia, un globo terráqueo e unha áncora.[2][3]

Produción e comercialización editar

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 600.000 de exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia,[2][3] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 20 de xullo de 2005.[4]

A súa produción foi de 184.231 moedas na súa condición estándar e 414.250 en versión con acabamento especial (proof), o que fai un total de 598.481 exemplares, practicamente no límite de cuñaxes autorizado.[5]

A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en versión proof,[3] e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Museo Nacional do Corpo de Marines en Quantico, Virxinia, que desenvolve a súa actividade en colaboración coa Marine Corps Heritage Foundation e co Corpo de Marines dos Estados Unidos.[2]

Recoñecementos editar

O dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines foi recoñecido co Premio Moeda do Ano de 2007, á mellor moeda emitida no mundo en 2005.[6][7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar