Erguendo a bandeira en Iwo Jima

fotografía de Joe Rosenthal

Erguendo a bandeira en Iwo Jima (en inglés: Raising the Flag on Iwo Jima) é o nome dunha fotografía histórica tirada o 23 de febreiro de 1945 por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima, no Xapón. Amosa cinco marines dos Estados Unidos e un médico da Armada alzando a bandeira estadounidense no monte Suribachi durante a batalla de Iwo Jima na segunda guerra mundial.

Foto orixinal, outorgada polo goberno dos Estados Unidos de América.
Vídeo sobre a colocación da bandeira.

A foto chegou a ser moi popular e foi reimpresa moitas veces, o seu autor obtivo o premio Pulitzer de fotografía. Está considerada como a instantánea de guerra máis importante da historia, unha das máis reproducidas do mundo.[1]

Reprodución da fotografía no dólar de prata do 230 aniversario do Corpo de Marines (2005)

Dos seis homes que aparecen na imaxe, tres (Franklin Sousley, Harlon Block e Michael Strank) caeron en combate, mentres que os sobreviventes (John Bradley -despois dunha longa investigación, o Corpo de Infantaría de Mariña dos Estados Unidos recoñeceu que Bradley non estivo na foto senón o infante Harold Schultz, quen sobreviviu á guerra-, Rene Gagnon e Ira Hayes) convertéronse en celebridades debido ó uso propagandístico de guerra que se realizou coa súa aparición. A imaxe foi utilizada por Felix de Weldon para esculpir o Memorial de Guerra do Corpo de Marines dos Estados Unidos, xunto do Cemiterio Nacional de Arlington, nos arredores de Washington, D.C.

Notas editar

  1. "Fifty Years Later, Iwo Jima Photographer Fights His Own Battle". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2004. Consultado o 16 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar