Década de -660
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VII | |||||
| |||||
|
669 a.C.
- Artigo principal: -669.
- O rei de Exipto, Taharqa, recupera fronte os asirios que ocupan o país, a capital, Menfis.
- Asurbanipal / Asurnasipal accede ao trono de Asiria (até -631), sucedendo a Asarhadón
668 a.C.
- Artigo principal: -668.
- Comeza a segunda guerra de Esparta contra Mesenia (ata -654).
- Comeza o reinado de Asurbanipal, rei de Asiria. Intenta, sen éxito, conquistar Tiro.
- Comeza o reinado de Tept-Humban-Inshushinak, rei de Elam (final en -653).
- Tept-Humban-Inshushinak, apodérase do trono e obriga a todos o príncipes da familia de Urtaki a fuxir a Asiria.
- A estatua de Marduk volve de Assur a Babilonia.
667 a.C.
- Artigo principal: -667.
- Primeira expedición de Asurbanipal, rei de Asiria, contra Exipto.
- Fundación da cidade de Bizancio.
666 a.C.
- Artigo principal: -666.
665 a.C.
- Artigo principal: -665.
- Destrución de Alba Longa por Tulio Hostilio tras unha revolta. Deportación dos seus habitantes a Roma.
- Clazomene funda a cidade de Abdera en Tracia.
- Entre 665 e 655 a. C.: Urtaki, rei de Elam, rompe o tratado concluído con Asarhaddon e invadiu Akkad que estaba en plena revolta. É rexeitado. Os asirios levan campañas nos Montes Zagros contra os mannai e os medos.
664 a.C.
- Artigo principal: -664.
- Desastre naval de Corinto fronte os corcirenses polo control comercial do istmo. Trátase do combate naval máis antigo coñecido, segundo o historiador Tucídides
- Asurbanipal fai vir de Exipto dous obeliscos para decorar Nínive.
663 a.C.
- Artigo principal: -663.
- O novo faraón, Tanutamón, da dinastía etíope, tenta expulsar os asirios de Exipto, apoderándose sucesivamente de Tebas e Heliópole, mais é derrotado en Menfis, tendo que retirarse cara a Nubia.
- Sobe tamén ao trono Psamético I, faraón da dinastía XXVI (até -609), que habería de expulsar aos asirios.
662 a.C.
- Artigo principal: -662.
- Asurbanipal remata o cerco de Tiro, que se sublevara.
661 a.C.
- Artigo principal: -661.
- O faraón exipcio Psamético I recoñécese como rei-vasalo de Asiria, na que goberna Asurbanipal.
660 a.C.
- Artigo principal: -660.