Creteo
Na mitoloxía grega, Creteo foi o fundador de Iolco e rei desta cidade. Era fillo de Eolo e Enareta (ou Enáreta), e irmán de Sísifo, Salmoneo, Magnes, etc.
Uníndose coa súa sobriña Tiro, filla de Salmoneo, tivo tres fillos: Esón, Feres e Amitaón [1]. Por Esón, Creteo era o avó de Xasón, o heroe que encabezou a expedición dos Argonautas. Outras fontes engaden outros fillos de Creteo: Tálao [2], Hipólita [3] e Mirina [4].
Tiro xa tiña dous fillos xemelgos antes de casar con Creteo, Neleo e Pelias, habidos con Poseidón [5], que Creteo adoptou como seus. A lenda conta que Tiro estaba namorada do deus-río Enipeo e achegábase á beira a lamentarse. Enipeo non estaba interesado nela, así que Poseidón, aproveitando a situación, tomou a forma de Enipeo e xaceu con Tiro, que quedou embarazada. Pero Tiro decidiu abandonar os meniños no monte, onde unha egua que pasou por alí rozou co pezuño a cara dun deles, deixándoo marcado. O dono da besta recolleunos e criounos, chamando Pelias ó que tiña a marca e Neleo ó outro [6].
Pelias quixo dominar toda Tesalia e expulsou a Neleo, reinando sobre Iolco tras Creteo. Un oráculo advertiulle que tivera coidado cun home que levara unha sandalia nada máis. Este home cunha soa sandalia foi Xasón.
Neleo exiliouse e fundou a cidade de Pilos, en Mesenia. Terminou morrendo a mans de Heracles, xunto a once dos seus doce fillos.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)