Adrasto

personaxe da mitoloxía grega, rei de Argos

Adrasto, personaxe da mitoloxía grega. Rei de Argos, fillo de Tálao.

Lenda e características

editar

Vítima da rivalidade dinástica, para se salvar tivo que fuxir a Corinto, onde reinaba Polibia. Consegue facerse co trono de Sición, ao casar coa herdeira. Ao morrer seu pai, faise rei de Argos, grazas á axuda de Anfiarao.

Tivo dúas fillas, Arxia e Deipile. Adrasto consulta o oráculo de Delfos para elixirlles esposos: o oráculo, enigmaticamente, recoméndalle dar ás fillas ao león e ao xabarín que combaten na súa casa.

Un día chegaron á súa casa dous heroes exiliados: Polinices de Tebas e Tideo de Calidone; cando combatían no patio do seu palacio, Adrasto acudiu para os afastar e concedeulles en matrimonio as súas fillas.

Dirixiu a expedición para repoñer a Polinices no trono de Tebas, pero fracasou.