Abrir o menú principal

Cory Joseph

baloncestista canadense

Cory Ephraim Joseph, nado o 20 de setembro de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Cory Joseph
Cory Joseph 2016.jpg
Sacramento Kings – No. 9
Base
Información persoal
Nacemento 20 de agosto de 1991 (28 anos)
Ontario Toronto, Ontario
Nacionalidade Flag of Canada.svg Canadá
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Pickering (Ajax, Ontario)
Findlay Prep (Henderson, Nevada)
Universidade Texas (2010–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 29

Por San Antonio Spurs

Carreira dende 2011
Historial de equipos
San Antonio Spurs (2011–2015)
Austin Toros (2012–2013)
Toronto Raptors (2015–2017)
Indiana Pacers (2017–2019)
Sacramento Kings (2019–presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2014)
Información en nba.com

TraxectoriaEditar

Joseph foi elixido na 29ª posición do Draft da NBA de 2011 polos San Antonio Spurs.[1] O 15 de xuño de 2014, Joseph conseguiu o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs derrotaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.

O 9 de xullo de 2015, Joseph asinou un contrato de catro anos e 30 millóns de dólares co equipo da súa cidade natal, os Toronto Raptors.[2]

O 14 de xullo de 2017, Joseph foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dos dereitos do Draft de Emir Preldžić.[3] Fixo o seu debut cos Pacers o 18 de outubro de 2017, facendo 11 puntos na vitoria por 140-131 sobre os Brooklyn Nets.[4]

O 6 de xullo de 2019, Joseph asinou cos Sacramento Kings.[5]

NotasEditar

  1. Spurs take Texas' Joseph with 29th pick
  2. "Raptors Sign Cory Joseph". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015. 
  3. "Pacers Acquire Cory Joseph in Trade with Raptors". NBA.com. 14 de xullo de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2017. 
  4. "Revamped Pacers rely on new faces to cut down Nets 140-131". ESPN.com. 18 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  5. "Kings Sign Cory Joseph". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar