Para calquer cousa podes contactar comigo na miña páxina de usuario.--Carronada 14:51, 20 marzo 2010 (UTC)

Xosé Bar Boo editar

Ola, Xermán. Vexo que no artigo Xosé Bar Boo eliminaches unha das notas ao pe que engadiras antes como referencia. Non entendo moi ben por que o fixeches, se cadra consideraches que non era de confianza. Un saúdo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:22, 23 marzo 2010 (UTC)

Entendido. Polo que estou vendo estalo facendo moi ben, non teñas medo de cometer erros, sempre haberá alguén que os detecte e os mellore. Bo traballo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:45, 25 marzo 2010 (UTC)

Boa noite, Xermán!!

En relación cos artigos que estás a facer sobre personalidades da arquitectura de Galiza, quería comentarche que o outro día nunha charla tireille unha foto a Óscar González Fernández, polo que se te animas a facerlle o artigo, súbolle a imaxe.

Un saúdo, e ánimo coa laboura. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:05, 30 marzo 2010 (UTC)

Categorías editar

Ola, Xermán. Nas edicións que fixestes recentemente dos artigos de arquitectos galegos, en vista de que ti engadiches a categoría de Arquitectos Galegos do Século XX estiven retirando a categoría de Arquitectos Galegos, porque aquela vai incluída nesta. Se es de outro parecer pódesmo dicir na miña páxina de conversa. Saúdos. Xoacas(de laranxa) 10:48, 30 de abril de 2010 (UTC)


Fontes editar

Ola Xermán.

Fedellando por aí, topei a páxina www.coag.es/vigo/guia/, non sei se a coñeces, mais ten moita información. Premendo nos diferentes enlaces (no índice, no pequeno mapa da esquina superior esquerda, en cada un dos tres mapas grandes, premendo no título dalgúns dos edificios que teñen páxina propia, etc) hai moita información que igual e do teu interese, e poden aportarche moitos contidos que engadir os artigos nos que tes traballado.

Un saúdo, parabéns, e a seguir --. HombreDHojalata.conversa 15:32, 14 de maio de 2010 (UTC)

arquitectos galegos editar

Ola, Xermán! Quería animarte a crear dous artigos, se é que tes info sobre as dúas persoas: Alejandro Rodríguez Sesmeros e Robustiano Fernández Cochón; teño algo de información sobre eles, pero non demasiado como para iniciar os artigos. Se cadra podo tirar imaxes de edificios feitos por eles preto de Pontevedra. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:33, 2 de agosto de 2010 (UTC)

Torres de Someso editar

Ola, Xermán. No artigo Torres de Someso hai un marcador de atención dende hai tempo e preguntábame se te animarías a solventar os problemas que están indicados nel. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:23, 18 de agosto de 2010 (UTC)

Sangrías editar

Xerman. Non facemos uso do sangriado na Galipedia. Cando escribas nunha páxina de conversa prescinde dos espazos iniciais, caso contrario queda todo desfeito nun parágrafo alongado. --Atobar (conversa comigo) 12:47, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Ola Xermán.

Vin que dixeches que a foto que había non correspondía co artigo. Porqué non te animas, entón, e modificas a descrición da imaxe, poñendo unha correcta?

Despois, cando poñas a que corresponde a foto, xa pedirei eu o cambio de nome de arquivo en commons.

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 18:42, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Xa atopei o dato e cambieina eu. Gracias de todas--. HombreDHojalata.conversa 19:06, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns interlingüísticas, tamén nas categorías editar

Ola Xermán.

Cando crees categorías novas, non esquezas poñerlle, tamén, as ligazóns interlingüísticas cara as categorías equivalentes noutras linguas da wiki.

Olla: [1]

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 18:55, 17 de setembro de 2010 (UTC)

Que se fai coas categorías erroneas editar

Ola Xermán.

As categorías non se poden mover, por iso, cando te trabuques ó creares unha non a baleires, marcaa con {{lixo|explicación}} para que un administrador a poda detectar e eliminar.

Bo traballo--. HombreDHojalata.conversa 10:36, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Francisco Javier Sáenz de Oíza editar

Ola, Xermán. Moi ben polo artigo de Francisco Javier Sáenz de Oíza. Eu sempre oín dicir Oíza, con acento sobre a i, mesmo a profesores meus que antes foran alumnos seus e que supoño que saberían como se chamaba o seu profesor. Agora o único que hai que facer e editar os artigos nos que o apelido aparece sen o acento e corrixilos, porque se trata dunha errata. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:49, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Non pasa nada, marqueino como lixo e punto. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:18, 13 de outubro de 2010 (UTC)
Iso si, creei unha redirección dende Sáenz de Oíza, que é como é máis coñecido, por se alguén non coñece o nome de pía. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:19, 13 de outubro de 2010 (UTC)

Ola, Xermán! Penso que a lista que creaches de personalidades galegas da arquitectura debe ser borrado, pois para iso xa está a categoría arquitectos galegos. Non se acostuman facer listas deste tipo. Como o ves? Se estás de acordo, cumpriría poñerlle o marcador de borrado.
Sábeme mal comunicarme coa xente só para falar das cousas malas, polo que considero xusto darche os arabéns polos múltiples artigos sobre arquitectos que estás a crear. Ánimo, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:07, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Xermán! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:36 (UTC)Responder