Conversa usuario:Xan de ningures/arquivo1

Engadir conversa
Discussões ativas
Benvido(a) á Galipedia, Xan de ningures!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Xabier Cid Conversa 02:09, 7 decembro 2008 (UTC)

Por facerEditar

Ola Xan de ningures! Benvido á Galipedia. Tentarei facer o que dis, a ver se esta noite remato por facelo, grazas por avisar. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:44, 10 decembro 2008 (UTC)

  • Ola de novo. Finalmente fíxeno antes. Bótalle unha ollada a ver se é entendible. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:11, 10 decembro 2008 (UTC)

Grazas pola túa axuda, aínda que creo non fun capaz de facer que se vexan os datos de licenza moi ben .Enfin, se desta vez non vai dimito. De todos modos, moitas grazas. --Nonso91 20:48, 18 decembro 2008 (UTC)

Acea de AllarizEditar

Boas Xan. A imaxe Ficheiro:AceaAllariz.jpg‎ recolle un antigo muíño reconvertido en Restaurante (Rest. Portovello) na beira do río Arnoia, en Allariz. Xa lle puxen "categoría:Imaxes do río Arnoia", pero está en vermello. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:07, 13 decembro 2008 (UTC)

  • Eu teño 3 fotografías máis do Arnoia: dúas nesa zona de Allariz e outra ó paso polo ecoespazo O Rexo (aquel das "esculturas" de Ibarrola). Se é por fotos, que non quede. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:30, 13 decembro 2008 (UTC)
    • Non, nunca as subín e están aquí no meu disco duro. Tiña entendido que a norma era subir fotografías "con uso", ou dito doutra forma: usa-las fotografías nalgún artigo, e nunca se me ocorreu que puidesen servir para algo. Pero tomo un café e as subo nun momento. Ó mellor será cousa de revisar "As miñas imaxes" e lembrar qué teño aí metido. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:44, 13 decembro 2008 (UTC)

Imaxe do Pontillón de CastroEditar

Bon día. O encoro de Pontillón de Castro, o desta imaxe, está abastecido polo río Rons. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 09:31, 14 decembro 2008 (UTC)

río SarEditar

Ola Xan. Que eu saiba, o Sar sí que pasa por Iria Flavia, segue por Padrón e baixa a desembocar no Ulla facendo fronteira entre os concellos de Padrón e Dodro, pero máis abaixo de Iria Flavia. A fotografía de xullo de 2006 supoño que será a parte canalizada que hai saíndo de Padrón (saíndo desde aquí abaixo: dirección Pontevedra-Santiago). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 14 decembro 2008 (UTC)

Votacións anuladasEditar

Boas noites, Xan. Veño de borra-los teus votos a favor do "Boi de Allariz" como imaxe da semana e na proposta de borrado da imaxe "Img045.jpg‎". As razóns explícoas na páxina de votación da foto do Boi de Allariz: só tes 11 días de antigüidade e as políticas da Galipedia esixen unha permanencia mínima de 60 días. Espero que me comprendas e que isto non afecte para nada na túa valiosa colaboración que estás desenvolvendo na Galipedia. Saúdos e, se queres máis explicacións non tes máis que pedilas. Pedro --Lameiro (conversa) 20:21, 18 decembro 2008 (UTC)

Imaxe da portadaEditar

Ola. Con respecto a se é convinte que haxa unha ligazón en vermello na imaxe da semana, anque ao principio me parecía mala idea, logo da explicación que dou Alberte cambiei de opinión, porque creo que o motivo que el apunta, co que concordades Xabier Cid e máis ti, ten peso na medida en que pode axudar a ataer nova xente á Galipedia. Ao principio non se me ocurrira velo dese xeito. Saúdos, e, cun certo retraso, benvido á Galipedia :) --Iago 20:45, 18 decembro 2008 (UTC)

DúbidaEditar

Ola Xan! Vexo que dominas isto das imaxes por iso gustaríame preguntarche unha dúbida. Gustaríame subir unha imaxe á Galipedia de Eduardo Pondal, esta aparece nun libro que teño na casa sobre a Historia da Literatura Galega e data de 1862, poderíase subir?--Hugo22 12:00, 20 decembro 2008 (UTC).

Apeiros de labranzaEditar

Boas, Xan. ¿Ti cres que tería sentido unha subcategoría:Imaxes de apeiros de labranza, dentro da categoría:Imaxes de agricultura de Galicia? Dinme conta ó ver que categorizabas a fotografía dos sachos e picarañas. Nesa categoría entrarían tódolos trebellos utilizados na agricultura e por lóxica, tamén carros e arados. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 12:37, 28 decembro 2008 (UTC)

Río CatoiraEditar

Ola Xan. Pois si, as imaxes son todas dese río; están todas sacadas no espazo coñecido coma Fonte Gaiteira, onde se atopa o muíño, a vivenda e a ponte medieval sobre o río. Saúdos. --Iago 22:46, 28 decembro 2008 (UTC)

Por certo, xusto a carón do muíño están a levantar unha obra (creo lembrar que unha estación de autobuses) que provocou protestas porque ameaza con alterar o entorno. Subín tamén unha fotografía cun cartel de denuncia. Se así fora, que espero que non, toda esa area ficaría á sombra do novo edificio. --Iago 22:54, 28 decembro 2008 (UTC)

Modelo lingua galegaEditar

Ola Xan, acabo de ver os artigos que estas a crear relacionados cos verbos do galego. Pareceríache boa idea facer un modelo onde tiveran cabida todos os contidos do curso de galego?. Poderíase aproveitar o Modelo:Denominacións de Orixe de Galicia.--Hugo22 18:37, 2 xaneiro 2009 (UTC)

desculpasEditar

desculpa se che ofendeu o da miña páxina de usuario, non era esa a intención. Xa está retirado. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 11:44, 3 xaneiro 2009 (UTC)

TransliterarEditar

Pois pareceme moi ben. Parece ser que xa esta borrada. Xa que existe penha -tou en londres e non tenho acentos nen nh, sorry- que se dedica a correxir o estilo, poderia haber penha para ir terminando as que estan sendo traducidas. Por varias razons: a) todo mundo conhece que a maioria das paxinas son traduccions do castelan e o ingles, logo non esta tan mal "traducir". b) o traballo so queda de rematalo, e desmarcalo como traduccion. Que tamen puden deixar a marca sen ponher e deixar o artigo polo principio... como fai moita xente: traduzco os primeiros parrafos e termino. Borro o resto. E ninguen marca para borrar. c) a wiki e unproxecto de moitos, polo tanto, como no open source: if no code does it, code yourself. Ou o que e o mesmo, traduce ti e terminao d) Non tenho moito tempo, e pareceme mal sinceramento o feito. tenho varias paxinas sen terminar, e algunha ten un esforzo importante como para que se borre asi como asi...


if no code does it, improve your skills: code yoursef.


Bon día. Xa voltei. A cuestión está no feito de borrar. Se estivera nun sitio onde poidera ter correo electrónico, automáticamente arranxaba o que fose necesario para que quedase unha páxina válida, anque mancada. Sempre tendría tempo de rematala como debería máis tarde. Un cando empeza un fio, e traduce un artigo -esa é a miña maneira de facer-, procuro ir tocando todos os artigos que teñen vínculos con este, e se non existen crealos para ir texendo o rededor. E debido o sistema da wiki, isto e unha tarefa de nunca acabar, e sempre quedan recunchos a medio tocar. Penso que un artigo non está completo se non se tocan todas as referencias que apuntan a el ou saien de el. Neste caso, foi un borrado a traición: cando me enterei do marcado, xa estaba borrada. Sintoo, pero sentoume moi mal, e ti non tes culpa, obviamente. Agora tampouco teño moito tempo para continuar, pero doime que se perda esí, por esí, por nada o traballo feito. Cecais haxa que cambiar o tempo entre marcar e borrar, esí o traductor tendría tempo de amañar o necesario. Ter en conta, que xente coma min colaboramos de a pouquiños en a pouquiños e o tempo entre un pouquiño e outro pouquiño pode ser longo, por mor do traballo, familia, etc. Unha aperta e moitas grazas pola túa resposta. ;) --Baaden 21:22, 7 xaneiro 2009 (UTC)


Pois esperarei a tua resposta. Non teño presa, as boas cousas sempre fanse amodiño. Moitas grazas de novo, e sinto, pero foi a traición: non estaba na galiza cando se borrou e entrou a notificación no meu correo. Para uns dias que collo de vacacions, e márchome ó extranxeiro, xusto neses días... (cando poño a a traición, teño un sonriso na face ;), son escéptico de nacemento: nen bruxas, nen maldicións, nen deuses, nen sorte). --Baaden 07:58, 8 xaneiro 2009 (UTC)

Xa terminei de facer a laboura dura, e só queda expurgar o que sobre e adaptalo un pouco máis as nosas necesidades. Moitas grazas pola axuda. --Baaden 17:40, 22 xaneiro 2009 (UTC)

AnisakisEditar

Grazas pero non. As fotos poden servirme para o artigo que quero facer sobre a anisaquiase, sobre o que teño moita información, pero como foto, nada de nada. Nunca fun capaz, desde que abandonei a Reflex de carrete, de facer unha macro como Dios manda, e saenme sempre movidas ou desenfocadas. A falta doutra cousa, éche o que hai. Canto ó de comer peixe despois de ver isto, só tes que ter coidado se comes peixe cru ou pouco cociñado, que é onde as larvas están vivas, pero se previamente se conxela ese peixe (48 horas a -20ºC) morren con seguridade, e calquera preparación culinaria (cocido, fritura, etc) tamén as matan. Son moi frecuentes na pescada: eu creo que por riba de 30 cm de tamaño, tódalas pescadas están parasitadas), pero tamén están noutras especies, claro, como o xurel, con menor frecuencia. E se comes ovas de pescada, coidado que sempre teñen larvas: lávaas ben e míraras por arriba e por abaixo con boa luz (só están na superficie das ovas). Outra cousa: a presenza de anisakis nada ten que ver coa frescura xa que veñen no peixe vivo. A única diferenza está en que mentres no peixe vivo ou moi fresco están ó redor das vísceras (no paquete das tripas que se retira), no menos fresco xa atravesan o peritoneo e poden estar na masa muscular, como foi este caso. Que ti o comas con saúde, Xan, e se se te dá o caso de atopalo, non deixes de tirar unhas fotos para substituír a estas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:10, 7 xaneiro 2009 (UTC)

CarmoegaEditar

Hai un Carmoega en Agolada, moi cerca do límite con Lalín e Vila de Cruces. ¿Pode ser iso? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:52, 7 xaneiro 2009 (UTC)

ImaxesEditar

Moitísimas gracias, non tiña nin idea de que debia seguir ese procedemento, agora mismo o soluciono.--Carronada 20:02, 15 xaneiro 2009 (UTC)

  • Gracias de novo, non volverán a pasar estes erros. Saudos --Carronada 15:43, 16 xaneiro 2009 (UTC)
    • Troco as categorias que puxeches de Imaxes de militares en Galicia, xa que son en Madrid, e quedo pendente da creación da categoría "Imaxes de militares" e "Imaxes de vehículos militares" Saudos e gracias--Carronada 21:22, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Caixa de usuarioEditar

Xan, pregaríache que retirára-la caixa de usuario "Eu son Gilipollas. Véxase isto como exemplo" que acabas de subir á túa páxina. Fágoche esta petición tanto como usuario particular como desde a miña obriga como administrador e confío en que o farás axiña. Sei que entendes perfectamente as razóns sen que sexa necesarias máis explicacións. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 21:30, 16 xaneiro 2009 (UTC)

  • Xan, sabes que acabo de chegar á Galipedia tras unha semana desconectado. Sabes, polo correo, o que penso. Sabes que non sei onde estará nin o que di a norma ou política sobre caixas de usuario e nomes de usuario. Sabes que sempre -desde hai case 2 anos- intentei aplica-lo sentido común por riba das normas e políticas. Sabes que intento ser coherente e razonable. Aínda que ti leves só uns poucos meses creo que xa nos imos coñecendo. E esa confianza mutua permite ir mudando o rexistro da conversa.
  • Supoño que te refires ós textos das páxinas de Carronada ("Este usuario é liberal" ou "En repulsa polos atentados terroristas") e de Estevoaei ("A anarquía é a maior expresión da orde"). En ningunha desas tres frases vexo nada ofensivo, malsonante, proselisista, partidista, sectario nin insultante. A túa caixa di outra cousa, que me parece, basicamente, de mala educación e que mancha a Galipedia. Por iso pedinche que o borrases e non llo pedín a eles. Non hai, xa o sabes ben, diferentes varas de medir.
  • Tes razón cando dis que, segundo o que dicimos na páxina sobre as caixas de usuario "A política actual na Galipedia, mentres non se tome unha decisión definitiva, é que aquelas caixas que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía,... comprometen a neutralidade". En coherencia, vou pedirlles a Carronada e Estevo que retiren esas frases, atendendo a ese risco de compromiso da neutralidade. E vou propoñer unha nova redacción dese "principio" xa que me parece desafortunada.
  • Creo que feitos como estes (o feito de subires esa caixa para provoca-la discusión) violentan o espíritu de diálogo que debería primar entre nós (tanto nós= ti e mais eu, como nós= a comunidade) e, polo tanto, deberían ser sempre evitados. Hai sempre outras vías e desta volta escolleches a peor.
  • Saúdos, Xan, con afecto. Pedro --Lameiro (conversa) 22:17, 16 xaneiro 2009 (UTC)
    • Podes crer que "A administración non é díálogo, inda que tamén, é praxe, actuación inmediata e incontestable", estás no teu perfecto dereito. O que sucede é que eu creo case o contrario: que debemos ser, en primeiro lugar (e non nun secundario "tamén") dialogantes, e só despois, cando o diálogo se mostre inútil (e só en casos excepcionais, sen previo diálogo) será praxe e actuación, que por outra banda sempre pode ser contestada. Faltaría máis.
    • Se non compartes o meu modo de actuar como administrador podes discutilo canto queiras e argumentar todo o que consideres oportuno. Mesmo podes pedir o meu cese por non cumprir as miñas obrigas como administrador. Tes todo o dereito a opinar e propoñer. Xa o sabes, logo non preciso explicarcho máis.
    • Por todo o anterior, insisto en pedircho, insisto en que sexas ti quen borres esas frases e imaxes que acabas de subir. Non serve de nada que eu o borre e ti o aceptes -non son o teu xefe senón un compañeiro-. Prefiro cen veces que ti o comprendas e o borres. O curioso do caso é que sei ben que o comprendes perfectamente. Saúdos, Xan. Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 16 xaneiro 2009 (UTC)
      • Grazas, Xan. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 23:00, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Nova "caixa de usuario"Editar

Non se trata, Xan, de que "me" pareza ben nin mal, mellor nin peor. Trátase, como sei que sabes, de que, segundo o que dicimos na páxina sobre as caixas de usuario "A política actual na Galipedia, mentres non se tome unha decisión definitiva, é que aquelas caixas que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía,... comprometen a neutralidade". Espero que se cambie o texto desa páxina, e que canto antes mellor, pero mentres tanto sexamos respectuosos e evitemos ... provocar.

En coherencia, pídoche que retires esta nova caixa. Tamén sería boa idea que os dous deixásemos por hoxe o ordenador e descansemos a cabesiña. Saúdos, Xan. Pedro --Lameiro (conversa) 23:48, 16 xaneiro 2009 (UTC)

graciosoEditar

Olá, Xan de Ningures. Resultoume curioso o teu nome. Máis aínda cando entrei na túa páxina de usuario. Poñer vítores a ETA como fas ti é unha provocación á comunidade. Deberíase prohibir e deberías pedir perdón por iso. Vaia xente !. --Kim 22:27, 16 xaneiro 2009 (UTC)


Disme que disculpe e sin embargo sigues cos teus vítores á ETA.


"Pasa de min" me dices??????? O teu comportamento co apoio á ETA é despreciable, mezquino e rastrero, dá igual se iso ten moita influencia ou pouca. Despreciable. Punto. Noutra wiki calquera teríante bloqueado xa.

Non fai falta que me expliques as razóns, lin a páxina e comprendo o que tentas facer (sempre me resulta gracioso cando alguén se cre listo por saber que 2+2=4). ¿Por que non o fas ti e deixas de tocarnos a tod@s as narices coa pallasada da actuación coas caixas???? ¿¿¿Fai falla pintar a mona insultando a moita xente cos vítores á ETA pra probar os teus argumentos??? Pide ti o teu bloqueo e punto, pero non xogues comigo neste caso. Incrible pero certo!

Disme que pase de ti de novo, non paso de ninguén, nin dos maleducados. Disme que non lin, claro que lin!, por ler incluso lin que ti mesmo te xulgaches dicindo ""Eu son Gilipollas. Véxase isto como exemplo".

Vaia tropa!--Kim 22:56, 16 xaneiro 2009 (UTC)


Xa che vale, non? lévasme escrito 4 mensaxes no último minuto, e encima co cachondeo de dicirme "pasa de min" "por favor non me escribas" etc. Ti estás ben?--Kim 22:58, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Xan, estás perdoado por suposto, pero non somos nenos pequenos, ¿ou si?. Se non o somos, independentemente de pedir perdón, debemos asumir as accións que facemos. Se realmente querías que te bloquearan, se realmente o quixeras, deberías insistir ata conseguilo, pois honradamente penso que mereces ser bloqueado por un anaquiño (uns minutiños?). Non asumir os nosos actos non é a mellor solución, é moi fácil amolar e logo pedir perdón.--Kim 23:11, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Xan, por favor, deixa ese tipo de presión que estás facendo. A cousa é complexa e hai que debatir. A túa actuación non contribúe a soluciona-lo tema e só serve para crispar a usuarios ou poñernos nun apuro, por así dicilo. En serio, creo que é mellor que abandones esa estratexia que non vai colleitar froitos, e pasemos a propoñer unha norma seria sobre contidos ofensivos ou insultantes nas páxinas de usuario. Creo que é o mellor que podemos facer. Agardo que te unas ó debate construtivo e á proposta de solucións. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 23:41, 16 xaneiro 2009 (UTC)



Xa che dixen que estás perdoado, pero iso non iplica que non te esteas a comportar como un neno mimado, que pra chamar a atención tanto berra como chora. Agora xustificas, con argumentos de intelectual do Calendario Zaragozano, unha actuación vergonzosa. Agora poste a medio chorar, logo volverás a berrar e así. Dixme que non teño perspectiva???? será que non teño perspectiva pra ver que a túa actuación dando vítores á ETA é o adecuado porque, claro, utilizáchela pra un fin tan tan tan alto que mereceu a pena. Disme que mañá vas facer o mesmo?? vexo que te tratan exquisitamente, será por tan alta perspectiva que tes. Fai o que queiras, rapás, eu que ti editaría un articuliño de estilo Calendario Zaragozano, incluso cho poñerán destacado, ao estilo do que hai na portada, A famosa morte na cultura popular galega, pola que fun ameazada (ver discusión do artigo, faltame perspectiva).--Kim 23:49, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Novo Mapa CéltigosEditar

Ola Xan: Carguei outra imaxe de mapa de Céltigos(esta feita por min). Agora teño tres co mesmo nome. Como fago para eliminar as que non quero?. Grazas.--Céltigos 23:24, 7 marzo 2009 (UTC)

Volver á páxina "do usuario Xan de ningures/arquivo1".