Benvido(a) á Galipedia, Villanueva96!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:16, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Movín o artigo ó nome correcto Angus Young. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:16, 4 de outubro de 2012 (UTC)

RE:Nova na Galipedia! editar

Moi boas, pois mira, para engadir imaxes a un artigo hai que poñer o código: [[Ficheiro:Nome_da_imaxe|miniatura|Descrición da imaxe.]]. Este é o formato máis simple, para ver máis detalles podes consultar esta páxina, pero para engadir unha imaxe tes que asegurarte antes de que está na Galipedia ou en Commons. Se traduces artigos da Wikipedia en inglés é posible que teñan imaxes que non hai na Galipedia nin en Commons e moi posiblemente non as poderás meter no teu artigo (hai imaxes da wiki en inglés que non se poden usar aqui por culpa das súas licenzas) pero ó mellor atopas outra semellante en Commons. Engadín unha imaxe no artigo de Angus Young para que vexas un exemplo. Para engadir as táboas de información tes que inserir os modelos axeitados, o problema é que cada Wikipedia ten os seus modelos, se traduces o artigo tes que buscar o modelo que necesites na Galipedia e se non existe, e é realmente útil, podes crealo. Os modelos que temos na Galipedia están nesta categoría, tamén metín o modelo Artista musical no artigo para que o vexas.

Outros detalles importantes á hora de facer un artigo son os interwikis e as categorías, os interwikis son ligazóns ó artigo noutros idiomas e as categorías é unha forma de organizar os artigos na wiki (xa llos puxen tamén :), podes ver tódolos cambios aqui). Aconsélloche que lle votes un vistazo pequeno ás ligazóns que che puxen na mensaxe de benvida e sobre todo que mires a páxina de axuda.

Se precisas máis axuda non dubides en avisarme na miña páxina de conversa ou na Taberna que aquí hai moita xente que te pode axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:03, 4 de outubro de 2012 (UTC)