Benvido(a) á Galipedia, Tooru!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 08:58, 15 outubro 2007 (UTC)

Outra benvida editar

  • Ola Tooru, benvido a Galipedia, espero sexa enriquecedor o tempo que pases aquí, se precisas coñecer como vai isto podes acudir a páxina de axuda ou ben facer consultas na taberna. Tamén podes contactar con outros usuarios na súa páxina persoal ou cos adminsitradores. A Galipedia ten agora uns 28.130 artigos e segue crecendo, espero que a túa contribución neste proxecto sexa un pulo máis para espallar os coñecementos e nosa fermosa lingua e cultura no mundo. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 13:40, 15 outubro 2007 (UTC)

Ola, tooru. Coido que si te podo axudar, pero se un pouco máis explícito. Onde está exactamente o problema?--Agremon(contacto) 17:43, 24 febreiro 2008 (UTC)

Metome esperando axudar un pouco  : podes ver o que fixen pa pór a imaxen que teñen na wiki en español no artigo Clorofluorocarbonos onde andas traballando.

Eu utilizo esto pa engadir imaxes, adaptando  :

[[Imaxe:Blabla.jpg|thumb|200px|Blabalaaaa]]

[[Imaxe:Blabla.JPG|center|200px|blablaaaaa]]

Imaxe:Blabla.jpg é o nome da imaxe thumb quere decir que se vai ir por a dereita do texto automaticamente Blabalaaaa é a lenda que lle pos a imaxe.

Non sei si esto te axuda ?

Tamen, editando artigos donde ves o que che gusta, poder coller os modelos de sintaxa, e logo en debe de grabar, pois cancelas Saudos ElviraConversa con mi 18:42, 24 febreiro 2008 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Influencia dos gases de efecto invernadoiro na capa de ozono.gif

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Influencia dos gases de efecto invernadoiro na capa de ozono.gif', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:13, 24 febreiro 2008 (UTC)

Glicóxeno editar

Boas, Tooru. Pregaríache que lle botaras un repaso ó artigo glicóxeno que creaches hoxe, xa que contén distintos erros ortográficos e gráficos (espazos); tamén que engadir ligazóns internas e darlle categoría. Lembra, ademais, que o mesmo que é glicóxeno (e non glucóxeno), tamén é glicosa (e non glucosa). Grazas e un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:09, 9 novembro 2008 (UTC)

Vale, vale. Ti segue ampliando o artigo, sen problemas. Cantó ó que me preguntas, non é o mesmo: a glicólise (fíxate no til) é a degradación de glicosa no ciclo de Krebbs e con liberación de enerxía; a glicoxenólise (fíxate no til) é a transformación do glicóxeno en glicosa.
Lembra que para asina-las mensaxes é mellor que lle deas a ise botón que hai arriba desta caixa na que escribimos: a 4ª empezando pola dereita, que semella unha sinatura. Saúdos e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 19:32, 11 novembro 2008 (UTC)


Celobiosa editar

Ola, a categororía é a axeitada, se acaso máis adiante poderase especificar máís poñendo por exemplo disacáridos, pero antes ten que existir uns cantos artigos para poder creala.--Calrosfking (FÁLAME) 19:12, 16 decembro 2008 (UTC)


Novos artigos editar

Ola Tooru:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:45, 21 decembro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)