Tarrio
Benvido(a) á Galipedia, Tarrio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. No dudes en contactar conmigo cuando desees: estoy a tu disposición. Un cordial saludo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:20, 18 xullo 2006 (UTC)
- Ola Tarrío. Acabo de desfaxer unha corrección que fixeches en Base. En galego non é "álxebra lineal", é "álxebra linear". Eu sóubeno fai pouco, normalmente os de letras descoñeceos esta palabra.
Iso si, non te preocupes por cometer algún pequeno erro. As túas contribucións xa son máis importantes cós erros que poidass cometer, os cales sempre son solucionables. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:26, 18 xullo 2006 (UTC)
Concepto-conceito editar
Ola. Encantado de que colaboremos. Vou comprobar o de "linear" agora mesmo, lembro que mirei fai uns poucos meses. Polo que respecta a concepto-conceito", na páxina 51 das actuais normas indícase concepto.
No Xerais vello (o meu é moi vello) non aparece linear. Pero no Gran Dicionario Xerais da Lingua aparece linear como termo aplicado ás matemáticas (xunto con outras entradas linearidade, linearizar, linearmente. Noutros usos emprégase lineal e derivados. Non dubides en contactar comigo para o que desexes, dialogar,... Fainos falta máis usuarios que se preocupen pola corrección da escrita: o teu esforzo e traballo é importante. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:40, 18 xullo 2006 (UTC)