Base
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo base pode referirse a:
- En matemáticas:
- base dun sistema de numeración é o número de obxectos que forman unha unidade de orde superior.;
- base, conxunto xerador e liñalmente independente dun espazo vectorial;
- base, subconxunto dunha topoloxía capaz de xerala;
- un número que é elevado a unha potencia, ou base dunha función exponencial;
- a base dunha función logarítmica;
- un dos lados paralelos dun trapezoide ou o lado non igual do triángulo isóscele;
- En química, unha base é o complemento reactivo dun ácido, ou ben unha substancia que pode ceder un par de electróns;
- En bioquímica, unha base nitroxenada é un composto cíclico que contén nitróxeno;
- En bioquímica unha base de Schiff é un tipo de imina;
- En política, unha base é o grupo central de votantes dun partido político;
- Nun transistor, a base é a conexión de control para a unión;
- En arquitectura, base é a parte mais baixa dunha columna, que tamén a soporta;
- Unha base militar é un lugar de adestramento de forzas militares;
- En baloncesto, o base é un xogador que desempeña un rol dentro do equipo;
- En informática, a suite ofimática OpenOffice.org inclúe desde a versión 2.0 unha aplicación chamada Base.