Benvido(a) á Galipedia, Sucador!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--HombreDHojalata Conversa comigo. 20:14, 4 decembro 2009 (UTC)

¿Sabes onde está situada a escultura? En Flickr situárona en Meicende. Probablemente fieime demasiado do que aparecía no mapa de Flickr, pois a imaxe subina eu. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  02:22, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Fíxenche unha nova solicitude de resposta en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:As portas do vento. Meicende, A Pastoriza, Arteixo, Galiza.jpg. Espero que a entendas e que non te molestes. Fáltame saber se ti coñeces o sitio ou se non o coñeces para rectificar a imaxe, labor este que pode levar moito tempo, pois non se trata só dunha imaxe, repara en Meicende, Pastoriza, Arteixo e nas imaxes que aí coloquei. En realidade o que ocorre é que necesito axuda, pero axuda ademais dalguén que coñeza os lugares, eu non os coñezo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:18, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Imaxes de Commons editar

Ola de novo. As imaxes de Commons non hai que subilas á Galipedia, podes usalas tal cal. Emprégaas como se xa fosen subidas. Calquera outro problema que teñas (especialmente sobre imaxes), faimo saber. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:14, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Mesmo dá igual que escribas [[:Ficheiro:...]] ou [[:File:...]]-- Lmbuga / Conversa comigo  21:16, 8 xaneiro 2010 (UTC)