StarWarsTheLastJediFan
Benvido(a) á Galipedia, StarWarsTheLastJediFan!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]() Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 18:52 (UTC)
Traducións
editarMoi boas noites e benvido de novo. Por favor, teña en conta que o sistema de tradución autómatica non pode ser utilizado de forma abusiva e este só é unha axuda de cara á tradución dun artigo; polo tanto, ao usalo debes revisar completamente o texto para evitar eivas de estilo, lingua ou ortografía. Isto dígollo en referencia ao artigo Caillou Pettis traducido desde a Wikipedia en catalán con innumerables errores na tradución. Esta xa foi revisada e redactada correctamente.
Recoméndolle botar unha ollada á páxina de benvida aquí ou ben na anterior mensaxe de benvida e aconséllolle revisar o libro de estilo da Galipedia para saber máis de como organizar os teus próximos artigos. Se o que necesitas é facer probas tamén podes utilizar a zona de probas da Galipedia. Non te preocupes por isto e segue co bo traballo. Moitístimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 25 de marzo de 2017 ás 19:26 (UTC).