Benvido(a) á Galipedia, Sof4b!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 12:44, 8 decembro 2008 (UTC)

Especie estenoica

editar

Boas tardes e benvido á Galipedia. O artigo Especie estenoica, ademais dalgún erro que deberías corrixir, non pasa de ser unha deficinión, para o que témo-lo Galizionario. Non sei se tes pensado amplia-lo artigo para darlle máis contido pero nese caso deberías engadir o marcador "En uso" para que os demais saibamos que estás desenvolvéndoo. Se non fose así, haberá que borralo. Dáte unha volta polas páxinas de axuda e entendera-la estrutura básica e mínima que debe ter calquera artigo. Pregunta sen medo calquera dúbida que teñas, ós administradores ou a calquera usuario, e pide toda a axuda que precises, que para iso estamos. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 15:01, 8 decembro 2008 (UTC)

Novos artigos

editar

Ola Sof4b:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:58, 21 decembro 2008 (UTC)

  • Ola, o artigo enerxía procedente do hidróxeno non é en enciclopédico, seguro que che levou tempo redactalo e que te esforzaches para facelo pero non está redactado como un artigo enciclopédico, se podes dedica algún tempo a redactalo doutro xeito, caso contrario non vai poder permanecer--RNC 18:20, 6 maio 2009 (UTC)
editar

Borrei o artigo Enerxía procedente do hidróxeno por ser tradución literal da web http://www.cerac.org.ar/articulostecnicos/hidrogeno--una-fuerza-inagotable-97.htm. Sabes ben, e xa cho explicaron de abondo, que na Galipedia non se poden consentir ese tipo de edicións. Pedro --Lameiro (conversa) 21:08, 15 maio 2009 (UTC)