Conversa usuario:Sobreira/arquivo3

Kirkjubæjarklaustur editar

Polo que vexo Miñato solucionou o tema da imaxe. Estes días non ando moito por aquí. Espero que o teu cambio de vida sexa para mellor. Se sigues tendo tempo para colaborar coa Galipedia máis adiante comentareiche algunhas cousas nas que nos podes botar unha man se queres. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:35, 13 xullo 2006 (UTC)

Agora toca descansar un pouco, por iso estes días non andiven por aquí. Espero que consigas ter Internet na casa porque o teu traballo axudou a que medrasemos moito. Moi interesante o tema dos topónimos e penso que tamén de gran valor para a Galipedia. En canto ao do bot non entendín moi ben se o que dices está relacionado con substituír termos con erros ou algo así. E no das categorías aínda queda moito por facer, hai que retomalo outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:24, 13 xullo 2006 (UTC)

Grazas polo excelente traballo feito neste artigo. Eliminei as marcas que lle engadira. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:55, 13 xullo 2006 (UTC)

  • Outra cousa. Descoñezo o tema. ¿É normal que manteñamos a acentuación portuguesa no título (precárias)? --Lmbuga Commons - Galipedia 21:57, 13 xullo 2006 (UTC)
  • Foi o que eu pensei, pero quería saber a túa opinión, xa que traballaches o artigo. Quizais escriba algo na páxina de discusión do artigo a favor de que se respecte esa acentuación. Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 11:50, 14 xullo 2006 (UTC)

Cheién editar

Por sentido común, ou máis ben, grazas ó sexto sentido que temos os falantes eu diría que é cuadrilátero e que é cheién. Pero tes razón, funo comprobar, téñome confundido demasiadas veces. Mirei nos dicionarios que teño na casa e non me coubo dúbida ningunha, é o termo que recollen. Pode parecer unha pescuda moi simple. Se hai alguén que faga unha pescuda mellor, non ten máis ca expoñela. Por graza ou por desagraza, estou habituado a non ter razón nos casos que me parecen máis insólitos. Así que non me estrañaría que eu e os dicionarios que mirei estivésemos confundidos.

Quedo encantado de volver contactar contigo. Non dubides de dirixirte a min, inda que sexa para dialogar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:12, 13 xullo 2006 (UTC)

  • Non teño moitos medios para comprobar vocabulario. Utilizo o Gran Dicionario Xerais da Lingua, O dicionario Cumio e un dicionario de Portugués habitualmente. Polo que observei hai outro usuario con máis posibilidades das que teño eu. En concreto User:Xabier Cid. Ofrécese ademais a facer de asesor lingüístico a quen llo pida na súa páxina persoal. De tódolos xeitos, quedo encantado de que me pregunten, teño criterio, pero menos material á miña man do que, por algunha contestación súa, creo que ten el. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:27, 14 xullo 2006 (UTC)

RE:Tres cousas editar

Ola Sobreira. Primeiro quixera asegurarme de que todo o mundo ve na miña sinatura as palabras Commons e Galipedia (facendo click nelas vaise á miña páxina de discusión de Commons e da Galipedia (dependendo do motivo pode preferirse ir a un sitio ou outro e a min dáme igual)

-Facendo click na pestana orfas ves as imaxes que subiches e que non están incorporadas a ningunha páxina. Tela en branco, non hai imaxes polo cal deduzo que este sistema non detecta as dúas que están marcadas con orphan! na túa Galería (pestana Gallery da túa páxina persoal)
-En imaxes sen marcar aparecen aquelas ás que lle falta a licenza ({{PD}},...). Este sistema só detecta unha, na pestana Gallery aparecen máis.

Paso agora a comentarche o que quere dicir

-{{PendenteImaxe|''indícase aquí os traballos por facer na descrición da imaxe''}}: Mediante o engadido desta template un usuario pode indicar unha ou varias accións (de escasa importancia) que algún dúa convirá (cando teñamos tempo, ou sexamos máis) facer. Se accedes a unha desas imaxes verás a aparencia da template e editándoa como se escribe. Esa marca non implica que a imaxe poida ser borrada. Úsase para cuestións menores, a máis habitual é marcar imaxes que non teñen os datos presentados coa táboa que normalmente utilizamos. A táboa é esta (poño en cursiva indicacións para a cubrir):

Táboa cos datos identificadores da imaxe

  - http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:substituír_polo_nome_da_imaxe.png
Orixe/Source: creación propia, ligazón a unha páxina web,...
Autor/Author: Ligazón ó usuario que a crea...
Copyright: Licenza (non se pon aquí a template, ponse abaixo. Escíbese GFDL, PD, ...)
Publicada por/Publish by: Ligazón ó usuario que a publica
Data/Date: Data de publicación

{{Licenza que se desexe empregar}}


-{{Sen licenza}}: O feito de que unha imaxe estea sen licenza é grave. Nos últinos meses estivemos revisando e marcando imaxes, debemos de marcar todas as que carecían de licenza, pero non sempre demos, polo moito traballo avisado ós usuarios.
Hai dous datos obrigados que teñen que ter as imaxes para que non sexan borradas(isto acontece en tódalas wiquipedias e en Commons): A Orixe ou Source, e a licenza ({{PD}}, {{GFDL}}. En caso de que non lles incorpores eses datos, nun futuro serán eliminadas.
-{{ImaxeProvisoria}}: É menos grave. Utilízase moito con logos. Os logos teñen coyright e non deberían subirse. Mais parece un pouco excesivo ter que borralos, por iso se creou esa marca. Tes unha imaxe marcada, nela podes ver o texto desa template.

Pode ser que a canción sexa tradicional portuguesa, se estás seguro engádeo. O que si che aseguro é que a cantou Pilocha.

Teño que ir comer, non podo determe máis. Se algo non che queda claro ou precisas axuda, contacta comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:38, 15 xullo 2006 (UTC)

Licenzas editar

Estiven agora mirando posibilidades de licenzas.


Para unha imaxe que foi realizada integramente por ti, tes que poñer dúas cousas

-A Orixe: Feita por min, Feita por User:Sobreira, ou Orixe:http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Sobreira
-A Licenza: Tódalas licenzas de Commons permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial, pero logo hai algunha posible restrición a maiores.
Se usas unha licenza {{PD-propia}} (exclusiva para imaxes feitas por un mesmo) colocas a imaxe no dominio público sen ningún tipo de restricción (en Commons esta licenza chámase {{PD-self}}).
A licenza {{GFDL-propia}} aínda non está creada. Se teño tempo miro de creala, pero niso teño pouca experienciaTerías polo mesmo que usar a licenza básica {{GFDL}} que se diferencia da anterior (da PD) en que, ó alguén utilizala, ten que indicar a orixe (de onde a obtivo), autor,...

En Commons hai un listado enorme de licenzas (Marcadores de licenza de imaxe en Wikimedia Commons), hainas con outros matices e que xa están creadas na Galipedia: Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

Tes algo de información tamén en Wikipedia:Política de uso de imaxes

De tódolos xeitos xa que me indicas que son túas, se me dis que licenza queres poñerlle a unha delas, créoche eu a táboa nunha imaxe e logo só terías que copiala nas outras e facerlle algunha pequena variación.

¿Como variar os datos dunha imaxe xa subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre parénteses dobres: {{PD-self}}, {{GFDL-self}} (estas son licenzas de Commons)
  • Garda a páxina

¿Cómo indicalo cando vas a subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición. Podes poñer aí nos datos y así no tes que editar despois a foto.

Supoño que comento cousas que xa sabes, pero se algunha vez tes que dicilas ti, xa as tes escritas, só é varalas ó teu gusto. Repítoche que se queres que faga eu unha táboa de información desas imaxes, non hai máis problema ca que me digas a licenza que prefires. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:31, 15 xullo 2006 (UTC)

Imaxes borradas editar

Borrei como solicitaches as imaxes Image:Galiza por concellos 12.gif., Image:Galiza por concellos 13.gif --Lmbuga Commons - Galipedia 17:41, 15 xullo 2006 (UTC)

==image:Topo Santiago Apóstolo.png Sinto darche un pequeno disgusto, pero non me entendiches. Ó mellor é que me expliquei mal. O que expresas nos datos é contraditorio.

En resumo só tes que poñer unha liña dicindo de que vai a imaxe, e outra liña que poña que a imaxe é feita por ti (para especificar a orixe a bonda que digas "imaxe feita por min".

Despois tes que escoller unha licenza: se pos {{PD-self}} non podes poñer {{GFDL}} e, ó revés, se pos {{GFDL}}, non podes poñer {{PD-self}}. Son licenzas diferentes e contraditorias.

{{PD-self}} non ten restricións no uso da imaxe, calquera pode usala e non ten que nomearte nin a ti nin á Galipedia. {{GFDL}} obriga a aquel que use a imaxe a nomear eses datos como mínimo.

Vou eu, para que non pases máis apuros, a crearche unha táboa de descrición nesa imaxe, partindo de que queres que teña unha licenza {'{'GFDL'}'}, se non é así, logo a cambias ti.

...

Xa o fixen. Se accedes a imaxe (Image:Topo Santiago Apóstolo.png) verás a táboa de descrición. Edita a imaxe e verás como se escribe. Copia no potapapeis eses datos e engádeos noutras imaxes, só tes que cambiar na terceira liña o nome da imaxe (fíxate en que os espacios se substitúen por _ ), a data de subida, e escribir algo na descrición (cousa conveniente)

Espero que che sexa de axuda. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:59, 15 xullo 2006 (UTC)

Varios editar

  • Boas, vin a mensaxe que lle deixeches a User:Xosel que resulta ser a mesma que está na taberna. Comentarche que Xosel poida que non che resposte a mor dunhas discusión que tivo meses atrás con outro usuario da galipedia. E, ante a prol de que o demáis compañeiros tentamos de que no se fuse do proxecto a súa decisión é respetada pola comunidade en xeral. Por outras tamén espuxeches noutra sección da taberna (con respecto a intolerancia doutras wiki's) na que mencionas unhas desculpas conmigo. Que saibas que eu vexo moi natural que o botases moito tempo fora do proxecto e é natural que non estéas a orde do día polo que eu daba por vencellada a cousa (e dicir, tampouco facia falla que te desculpases). Anímote a que siguas facendo unha boa labor coma ate de agora viñas facendo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:42, 15 xullo 2006 (UTC)


Non sei que dicirche sobre esa imaxe. Creo que o mellor é que non rómpala cabeza. Se cres que a imaxe non está no dominio público non fagas nada, borrarase. Unha imaxe tampouco é tan importante. O importante é o proxecto da Galipedia no seu conxunto. Se pensas que non había restricións á hora de facer fotos, ponlle a licencia que consideres oportuna e indica que fixeches ti a foto. Eu non estiven no momento en que fixeches a foto e non podo xulgar. Considera sempre que presentar unha imaxe con copyright na Galipedia cuestiona o proxecto. Es ti quen debe decidir. Eu vouche dar creto: es un usuario que o merece. Quizais a imaxe non mereza tampouco demasiadas disquisicións. Non sei. Sinto non poderche axudar máis neste caso.

Polo que respecta á imaxe Image:Koxer.JPG é unha imaxe demasiado simple como para non ser PD. Ti verás, se queres eu a creo partindo de cero e súboa, ou ti mesmo a marcas como che pareza conveniente. Non sei exac tamente do caso do que estamos falando.

Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 04:26, 16 xullo 2006 (UTC)

Personalidades editar

O que falamos cando fixemos o das personalidades foi que cada categoría habia ter Personalidades de .. e que esa categoría podia subdividirse noutras se fose necesario. Por exemplo: Personalidades da xeografía -> Explorares / Xeógrafos / Etc. No caso dos políticos hai que valorar se a subcategoría é necesaria e onde deben ir clasificados os políticos. En canto á categoría literatura as subcategorías si que están, o problema está na clasificación alfabética. Como os artigos son máis de 200 parte das subcategorías non as amosa na primeira páxina. Xa corrixirei iso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:39, 22 xullo 2006 (UTC)

Correo editar

Segues tendo o mesmo enderezo de correo? --Prevert(talk) 10:50, 26 xullo 2006 (UTC)

Envíeiche unha mensaxe de correo. --Prevert(talk) 12:32, 26 xullo 2006 (UTC)
En canto ao do Termigal falta moita xente e ata setembro non se pode tomar ningunha decisión. Intenta amañar o tema do correo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:43, 31 xullo 2006 (UTC)
Xa vexo que funciona o enlace de correo, se podo (vai ser difícil) envíoche un correo hoxe se non a partir de mediados de mes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:11, 31 xullo 2006 (UTC)
  • A exposición que fixeches na taberna é breve pero concreta, polo que ten que haber unha xuntanza de administadores e (demáis usuarios en xeral) para ver os plantexamentos e dúbidas e logo tomarmos unha decisión que sexa favorable os proxectos en común. Quero reflictir eiquí o que dixo Prevert no trocante a xente que aún se atopa de vacacións. Un saúdos e grazas polo aviso. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:22, 31 xullo 2006 (UTC)

Termigal editar

Licenzas editar

A resposta a túa pregunta está en: Commons:Obras derivadas, é un artigo bastante completo no que se explican os diversos aspectos do tema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:39, 3 agosto 2006 (UTC)

Imaxes editar

Quero subir algunha imaxe (fotografías) feitas por eu mesmo. Que teño que facer? Dígoo porque acabo de ver que subiches unha.Saudiños.--Norrin_strange (Talk) 09:50, 7 agosto 2006 (UTC)

  • Gracias por todo, xa subín unha. Bótalle unha ollada a ber se está ben.--Norrin_strange (Talk) 12:51, 7 agosto 2006 (UTC)
    • Si, xa me decatei de que me quedaban por traducir algunha cousa.--Norrin_strange (Talk) 14:01, 7 agosto 2006 (UTC)

Mira isto editar

Mírao. --Norrin_strange (Talk) 11:38, 9 agosto 2006 (UTC)

Sinto que pasaras o traballo de traducir a template, pero como expresei na páxina de User:JdH, na Galipedia despois do proceso de revisión e mentres non se aprobe a política definitiva, non se permiten imaxes con copyright, polo que procedín ó borrado da template. Sinto o esforzo realizado para tan pouco produto logo do borrado. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:09, 26 agosto 2006 (UTC)

Comic / BD editar

... mirareino un pouco máis con xente que controla o tema.--Agremon(contacto) 21:24, 27 agosto 2006 (UTC)

O Lic., segundo preguntas ten o significado de Lugar de Importancia Comunitaria, no artigo Praia das Catedrais podes atopar no fondo a mesma definición e unha ligazón o mesmo artigo do que me preguntas. O artigo é unha aclaración dun proxecto desenvolto pola Xunta de Galicia. Agardo que isto che sirva de aclaración.

PD: tes que arregla-la túa ligazón a páxina de discusión, xa que o premer sobre "parlez" ofrece crear un artigo novo que nada ten que ver despois coa túa paxina. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:48, 5 setembro 2006 (UTC)

Sinatura editar

Podes facer a sinatura engadindo información á casiña O seu alcume nas preferencias do seguinte xeito: [[User:Sobreira|Sobreira]] [[User talk:Sobreira|(parlez)]] (tes que marcar a opción Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature)). Outra posibilidade é crear unha subpáxina dentro do teu espazo de usuario e chamala desde o campo o seu alcume: User:Sobreira/sinatura e poñer na subpáxina o código. A sinatura que tes agora funciona, o que ocorre é que inclúe a imaxe de enlace externo (a non ser que o fixeras a propósito, habería que modificar o código). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:19, 6 setembro 2006 (UTC)

Didáctica, Metodoloxía e Materiais editar

  • Estiven examinando o diff da miña edición e estou moi sorpendido: Só eliminei esa categoria e despracei a primeira obra para abaixo (non vin 1993). Non toquei nada máis, de verdade. Intuo que se puido producir un conflito de edición de algun tipo, pero non consciente pola miña parte. Desculpas. --Xosé (✉) 16:46, 11 setembro 2006 (UTC)

pai fillo nai editar

Ola! Agradezo o teu recibimento. Como non é cousa de pasteladas, a millor maneira de recibir a un é facendo o que ti fixeches: criticar construtivamente o que se fixo e tentar orientar para o futuro. Parecéronme dúas boas aportacións, refírome ás do artigo e tamén aos consellos. O do pai fillo nai é unha teima que teño desde neno, pq meu pai me ensinara a xogalo pero dos amigos da escola ninguén o chamaba coma min e cheguei a pensar que non existía con ese nome e cando gañaba e dicia a fraseciña todos me miraban coma un bicho raro. Polo menos para que figurase. Dado que non estou o suficiente rodado para porme mui en serio cun tema vou facendo as miñas pequenas aportacións dunha maneira un tanto persoal, con vistas a ir collendo esperiencia.--Turonio (coméntame)

Ola Sobreira!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Re-borde editar

Está en Template:Border. --Prevert(talk) 21:24, 18 setembro 2006 (UTC)

Non lembro se temos algo máis sobre o tema noutra páxina. Outra cousa o debate sobre o Termigal volve a estar aberto, confio en que se poida tomar unha decisión nun curto espazo de tempo. Sobre os artigos que citas xa lles botarei unha ollada. Grazas por todas as túas contribucións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:45, 19 setembro 2006 (UTC)

Re: Tradución editar

En realidade a cousa quedou parada porque surxiron outras cuestións, sería urxente traducir algo e facer unha mensaxe resumo na Galipedia (o máis importante é isto último) para que os compañeiros poidan votar. A elección péchase mañan ás 0:00 horas e queda moi pouco tempo. Se podes facer algunha cousa sería unha gran axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:33, 19 setembro 2006 (UTC)a

Moitísimas grazas. Envíeiche un correo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:10, 20 setembro 2006 (UTC)
Neste enlace, podes votar por cantos candidatos queiras pero só se elixe un. Grazas por votar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:32, 20 setembro 2006 (UTC)

Que todo saia ben, aquí estaremos á espera. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:50, 27 setembro 2006 (UTC)

Síntoo, pensei que xa era cousa feita. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:54, 2 outubro 2006 (UTC)

Rep en catalán significa "recibe".

Ell rep / Él recibe

es la tercera persona del presente del verbo recibir.

Salutacions. ca:Usuari Discussió:Jordi G

Pregunta sobre a conxugación editar

Bos dias! Vin por casualidade a túa pregunta sobre a conxugación de rep. Rep é a terceira persoa do presente de indicativo do verbo rebre. Rebre é "recibir", polo tanto rep é "recibe". Espero axudarte. --Oersted

Uy, vexo que se me adiantaron... ;-)

Re: Prebot editar

Recibido, poñereino no dicionario. O malo é que ó ser palabras tan curtas hai que seguir o método lento. Para palabras con moitas letras é máis fácil a substitución, sempre que nons e produzan coincidencias. Se atopas algunha categoría para mover deixa en Prebot o seguinte texto: mover categoría_antiga / categoría_nova e o bot cambia á categoría dos artigos, as subcategorías hai que movelas manualmente. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:57, 11 outubro 2006 (UTC)

Agora teño que marchar, contesto máis tarde. --Prevert(talk) 16:10, 11 outubro 2006 (UTC)

Palabras editar

Grazas. Envieiche por e-mail o arquivo en formato "lista de palabras de wordperfect" por se che interesase. Apertas--Lmbuga Commons - Galipedia 19:17, 11 outubro 2006 (UTC)

  • Non mo explico, 17 KB non é nada, pero a carga vai lenta. Penso que están ben onde as colocaches. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:59, 11 outubro 2006 (UTC)
Hoxe a carga dos ficheiros ds dúas imaxes vai rápido, puido ser un problema illado, se volve pasar haberá que facer comprobacións minuciosas. En canto ó tema de República Federal de Alemaña concordo contigo. Sobre o da resposta que incluín na páxina de discusión de Prebot foi para que quedara constancia de que respondera á mensaxe. Sobre o da categoría Soria, penso que é mellor seguir ese esquema, e máis curto e permite clasificar todo o relacionado co tema. En canto a Cidades galegas leva sete artigos é un caso especial pero sirve para que outras Wikipedias teñan unha categoría á que apuntar. Por outra banda, temos a categoría Vilas galegas que está infrautilizada, para aquelas localidades que son maiores que aldeas e menores que cidades. O da maiúscula despois de paéntese non o podo corrxir dun xeito sinxelo, haberá que facelo de xeito manual polo de agora. O dos meses teño que pensar como aranxalo para que non cambie todos, en canto a pranta penso que pode facerse facilmente. Grazas por todas as indicacións e grazas por retomar o tema das categorías. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:56, 12 outubro 2006 (UTC)
Template:NavSobreira ten que ir no espazo personal, por exemplo User:Sobreira/nav, logo para inserilo na páxina escribes {{User:Sobreira/nav}} e o resultado é o mesmo que se fora un template. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:13, 12 outubro 2006 (UTC)
Penso que fixeches ben en rexistrarte en Commons, en Meta e noutros dos proxectos Wikimedia comúns porque hai cousas que se solucionan alí. Deixame cantos comentarios queiras, esta semana non poderei responder todos porque teño pouco tempo. Sobre o Xornal a próxima semana sairá o número tres. E referido a Pendente categoría pódese cambiar se é preciso pero non entendo moi ben porque sería máis doado cunha soa palabra. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:24, 12 outubro 2006 (UTC)
Na corrección que fixeches da mensaxe vexo que fas referencia ó template, entón o que che da máis traballo é o modelo ou o nome da categoría? --Prevert(talk) 16:27, 12 outubro 2006 (UTC)
Xa está o bot traballando e cambiando {{Semcat}} e a categoría Pendente categoría a category:PendenteCategoría. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:22, 12 outubro 2006 (UTC)

Queixa editar

Sobreira, como sei quen es, aínda me cabreou máis, porque ti tamén sabes quen son. Estaba refacendo a entrada de "Antonio Cánovas del Castillo", na que levaba traballando un bo cacho, e tiveches que entrometerte ti para marcar catro datas e corrixir unha parvada de concordancia. Perdín o traballo, aínda que intentei que gravase a miña versión que era posterior a túa pero volveu a gravarme a anterior. En fin, se puidera usar palabroas, usaríaas, pero pararei aquí. O meu traballo e o meu tempo son moi valiosos -polo menos para min- e non estou dicindo que o teu non o sexa pero hai moito no que estenderse (e mesmo no que corrixir) sen andar interferindo en parvadas. É a segunda vez que me pasa. Se me volve a pasar unha terceira non volvo a colaborar. Estou seguro. Non é ameaza. É desafogo. Se queres traballar, fixen tamén a de "Sagasta" (estou lendo e traballando sobre a época da Restauración), e os templates non funcionan. Ves, iso si que sería bo que os refixeses, en compensación pola bibliografía, as ligazóns e a nova información que ME FIXECHES PERDER. --User:Benigno Fernández Salgado(talk)

  • Ola. Son Benigno, acabo de ver a túa nota e de consultar a entrada de "Práxedes Mateo Sagasta", que por certo tamén aqcabo de ver que me chafaches, ademais da de Cánovas. Na de "Sagasta" está a versión antiga modificada por ti pero non a definitiva que eu seguira elaborando. Seino porque falaba doutros logros ademais do do sufraxio universal masculino. Debiches estar traballando ó mesmo tempo ca min xa nesa primeira entrada. Non é como me dicías que me levara tan pouco tempo! Cando gravas o artigo por primeira vez suponse que estiveches traballando o "necesario" para ser minimamente lexible. Eu fágoo así e despois intento perfeccionalo dependendo do tempo que teña. O que normalmente me ocorre é que digo "vou facer un pequeno esbozo e déixoo" pero ó final pasaches unha hora ou un par de horas ou tres horas coma se nada. Ese fora o caso, se lle botas unha ollada ós historiais. Bueno, é bo comezar ben o día así que EN PAZ! --User:Benigno Fernández Salgado(talk)
  • Bos días, Sobreira. Son eu de novo para recoñecer que tamén asumo a miña parte de culpa por non mirar máis as ferramentas dispoñibles. Prevert xa me avisara antes de que puxera {{en uso}} para que outros non interferiran. Como non o fixen, pois sufrín as consecuencias. Que teñas un bo día e seguimos en contacto!--User:Benigno Fernández Salgado(talk)

Fronte editar

Non é preciso redirixir Fronte a Fronte (desambiguación), utilizamos a segunda opción nos casos nos que o nome principal corresponde a un artigo e nos homónimos temos a lista. Tamén usamos a palabra homónimos no canto de desambiguación. Agora non podo contestar as mensaxes que me deixaches fareino noutro momento. Estarás polo tarde ou pola noite no IRC? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:47, 13 outubro 2006 (UTC)

Podes conectar un momento? --Prevert(talk) 17:31, 14 outubro 2006 (UTC)

Dicionario editar

Hola, grazas polo dicionario ortográfico que me dixeches, ainda que precisamente busquei a palabras "grazas" e "gracias", coas que tamén teño dúbedas, e non veñen, ou sexa que tampouco haberá que fiarse de todo. Outra vez grazas (¡ou gracias!).


  • Recibidas as últimas mensaxes. No de En_progreso fíxeno sen bot para ir revisando, aí temos unha canteira grande, así que vai dar moito traballo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:17, 15 outubro 2006 (UTC)
  • Penso que te trabucaches ó cambiar vantaxe por vantaxa, no VOLGa non aparece nin no Xerais. A non ser que haxa algún cambio que non estea recollido aí. Podes confirmar a palbra correcta? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:41, 15 outubro 2006 (UTC)

Imaxe do día editar

O texto da imaxe do día sirve localizar materiais en Commons e tamén para relacionar a Galipedia con Commons. É importante que sempre exista algún enlace no texto, se non hai galería ou categoría en Commons e se hai o artigo aquí, poñer a ligazón cara a Galipedia. Con frecuencia as imaxes fan referencia a temas que só existen en Commons. Sobre se enlazar cunha galería (o nome que reciban os artigos alí) ou unha categoría a resposta é depende. Moitas veces non hai galería entón hai que facer o vínculo cunha categoría, no caso de existir a galería prefiro enlazar con ela porque habitualmente ofrece máis información. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:17, 18 outubro 2006 (UTC)

Non aparece porque non está preparado o sistema para interpretar os ficheiros multimedia co texto en galego. Hai que facer varios templates e aínda non os fixemos porque non os podiamos atender. Se queres que o preparemos dimo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:01, 18 outubro 2006 (UTC)

Vin a mensaxe que me deixaches en es:DaDez fai un tempo. A verdade é que esas discusións sobre topónimos deixoume tan esgotado que me dei un mes de 'non edición' polo agobio. Logo dese mes de desintoxicación, non volvín editar nada como usuario, e sempre o fago como anónimo, en artigos pouco ou nada polémicos e en pouca cantidade. É incrible a cantidade de burradas que podes meter en artigos 'especializados' (imaxínate a tí editando temas complexos de filoloxía), pero noutros artigos 'polémicos' non podes nin cambiar unha coma sin que che revirtan e te acusen de vandalismo.

Prebot, recibido editar

Xa o vin, engadido á lista de tarefas pendentes. En canto teña un momento fagoo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:16, 26 outubro 2006 (UTC)

Ola Sobreira. Teño dúbidas de que a entrada do título sexa adecuada en galego. ¿Frankfurt ou Fráncfort? Por desgraza eu non teño medios para comprobar o que é máis adecuado. Guieime polo título desa páxina para cambiar hoxe a palabra Frankfurt por Fráncfort en moitas outras, pero non podo referir ningunha autoridade que diga tal cousa. Agora dubido de que realmente alguén recomende Fráncfort. A Universidade de Vigo no se decanta por esa opción. Que opinas? Grazas --Lmbuga Commons - Galipedia 00:11, 27 outubro 2006 (UTC)

Bateristas editar

Xa me din conta do erro e está correxido, grazas de todas formas por avisarme. Agora estou tentando categorizar todos os instrumentistas e estou ordenandoos por apelidos. Beninho 23:14, 28 outubro 2006 (UTC)

  • Ah, non te preocupes por iso. Ti corrixe todo o que faga falla. A min aínda me falta moito por aprender. Grazas outra vez. Beninho 23:31, 28 outubro 2006 (UTC)

Parroquias editar

En primeiro lugar parabéns por baixar as imaxes sen categoría a menos de 800. Con respecto ao bot, algo hai pero cómpre facer probas. Esta semana non teño tempo suficiente pero xa che informarei. En canto a descrición da imaxe debe ir en todas e cada unha das páxinas, tamén se pode buscar unha solución cos bots pero tamén hai que facer probas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:51, 1 novembro 2006 (UTC)


Asteroides editar

Vendo páxinas aleatoriamente cheguei a unha co enlace a Asteroides en vermello, así que decidín comezar a facelo. Do que non me din conta é que o enlace estaba en plural e que o artigo xa existía. O meu artigo é máis extenso do que xa existía, así que te escribo por se se pode aproveitar e borrar a entrada. Un saúdo Beninho 03:23, 2 novembro 2006 (UTC)

Vogais fechadas e nasais editar

Como aludido, respondo. Eu deixei bem claro que os fonemas nasais existem no galego tudense, no da Baixa Límia e nos Ancares (até aí, de acordo), com manifestações pontuais em concelhos como Meira, Pol, Sárria ou Triacastela (arcaísmo?), como por exemplo "cãmpo" ou "kilõmetro". E uma outra questão não menos importante é que em praticamente todo o galego central (sobretudo quanto mais ao sur-leste) há dous tipos de "a", um "a aberto" e um "a fechado", por muito que não se estude dentro do cânone culto.--Gerardinho2000 13:39, 2 novembro 2006 (UTC) Talk:Vogais da lingua galega

Re: Estiven de embaixador editar

Bo traballo, algo así fainos falta a nós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:30, 8 novembro 2006 (UTC)

Grazas polos parabéns editar

Grazas, Sobreira. Tu tamén mereces parabéns polo teu traballo na galipedia. --Xoán Carlos Fraga 09:47, 12 novembro 2006 (UTC)


Se andas por aí e podes conecta. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:27, 11 novembro 2006 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Sobreira/arquivo3".