Benvido(a) á Galipedia, Santialonso!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 11 de abril de 2016 ás 11:50 (UTC)Responder

Boletín do Seminario Fontán-Sarmiento editar

Ola, Santi!

Modifiquei a estrutura do texto sobre o Boletín para adaptalo ao formato usado neste tipo de artigos: tralo resumo introdutorio no cabezallo, os apartados de historia, contidos e personalidades relacionadas. É importante manter unha coherencia no estilo e formato de artigos similares, xa sexan referidos a libros, parroquias, revistas ou equipos de fútbol.

Respecto ao das ligazóns internas, é máis ben porque hai demasiadas ligazóns externas, que non se deben usar no corpo do texto. Por outra banda, lembra que a propia Wiki non é unha fonte primaria e debe evitarse nas referencias; ao respecto, débese recorrer ás fontes citadas nos respectivos artigos. A verdade é que fixeches un traballo de investigación ben interesante respecto ao Boletín, con información ben documentada e relacionada.

Lembra que o bo que teñen as Enciclopedias en formato Wiki é que os artigos se fan grazas ás achegas de moitas persoas; non debe tomarse un artigo como propio polo feito de inicialo, senón que a idea é que as achegas de cada quen serven para facer medrar un proxecto común, presente e futuro.

Por curiosidade: para que materia de que titulación estades a facer estes traballos? Paréceme moi interesante, e quería poñerme en contacto co(a) docente. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de abril de 2016 ás 16:38 (UTC)Responder

Ola, Santi! Fixen uns arranxiños no artigo, simplificando a redacción e cinguíndoa aos contidos propios do Boletín. Houbo que eliminar as imaxes, pois son obras derivadas de documentos con Copyright, polo que non poden ser usadas neste proxecto por cuestión de incompatibilidade de licenzas. Sería interesante que en vez do apartado "índice" creases un chamado "contidos" no que fixeses un resumín dos diferentes campos tratados na revista. Doutra banda, alixeirei a sección de colaboradores, posto que ese contido xa está incluído en cadanseu artigo das personalidades. Malia que algunhas ligazóns quedan en vermello e sen contido, isto pode dar pé a que outras persoas se animen a crear o artigo desas personalidades. De feito non entendín moi ben por que inclúes no artigo a Manuel Rodríguez, posto que non tivo relación co Boletín.
Agardo que non te desanimes se metín a desbrozadora en exceso, pero comprende que nun artigo sobre unha publicación non debe haber demasiada información sobre os colaboradores; pensa, por exemplo, no extenso que sería o artigo sobre La Voz de Galicia ou sobre Editorial Galaxia se se incluíse unha breve biografía de cada persoa. Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de abril de 2016 ás 07:51 (UTC)Responder