Rocbes
Benvido(a) á Galipedia, Rocbes!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 30 de marzo de 2020 ás 00:04 (UTC)
Dialnet editar
Ola, Rocbes!
As ligazóns a páxinas de autoridades, como Dialnet, IMDb, AELG ou BNE, aparecen xa no marcador de seu do Control de autoridades. Engádense no elemento correspondente de Wikidata, e xa aparecen de forma automática. Mira por exemplo no artigo de Guillermo Márquez Cruz; á esquerda aparece unha columna onde pon "Ferramentas"; se clicas en "Elemento de Wikidata" lévache a d:Q55999931, que é a ficha de Wikidata correspondente a dita persoa. Alí aparecen os datos relativos a el, así como os enlaces a diferentes autoridades (Dialnet, BNE, VIAF, BNF...). Proba a editar sen medo. Non sei se che aparece en galego, quizais tes que axustar as preferencias (arriba de todo á dereita). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de marzo de 2020 ás 14:25 (UTC)