Guillermo Márquez Cruz
Guilermo Manuel Márquez Cruz, nado en Almería en 1952, é un sociólogo e profesor español. Foi catedrático do Departamento de Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Almería, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo , catedrático |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1991–) |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía (Sección Políticas) pola Universidade Complutense de Madrid en xullo de 1977 e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola mesma Universidade en 1990, foi profesor contratado no Seminario de Estudios Sociales de Almería entre os anos 1980-1985, profesor-titor no Centro Asociado de Almería da UNED entre os anos 1985-1991, e profesor na Universidade de Granada entre os cursos académicos 1985-1986 a 1990-1991.
Dende 1991 é profesor na Universidade de Santiago de Compostela, primeiro como profesor titular interino no Departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a continuación profesor titular numerario ata o ano 2006, e logo catedrático adscrito ao Departamento de Ciencia Política e da Administración a partir de 2006.
Algunhas obras editar
- Almería en la Transición. Elecciones y Sistema de Partidos (1976-1980). Almería, Gutemberg, 1981
- Movilidad política y lealtad partidista en Andalucía (1973-1991). Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, 1992
- O Goberno local en España: procesos de transición e normalización política. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia: Escola Galega de Administración Pública, 1995
- Política y Gobierno local. La formación de gobierno en las Entidades locales en España. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2007