Conversa usuario:Rocastelo/Arquivo 1

Benvido, Rocastelo. Hai traballo para todos. Aconsellamos pasar polas páxinas de políticas sobre a galipedia, ou se necesitas da axuda doutros usuarios podes recurrir A Taberna. Tamén é interesante que visites as páxinas de Wikipedia:Política e normas para facerte unha idea de como están organizadas as cousas por aquí.--Agremon 13:48, 11 Dec 2004 (UTC)

Únome a benvida que che da Agremon, e aproveito para dicirche a propósito da Pontenova ou calquera outro cambio que aprecies nas páxinas que tí edites: non interpretes iso como unha corrección persoal, sucede continuamente. Na natureza deste proxecto está que uns usuarios escriban "por riba" do que outros puxeron antes. Se ves algunha edición miña verás co tempo que procuro ser coidadoso. Como dí nas páxinas de directrices da Galipedia, os textos as veces non transmiten os matices e poden dar lugar a confusións, sobre todo ao principio. Confio en que iso non ocorra. Saúdos. --Prevert 22:44, 11 Dec 2004 (UTC)

Ivar Andreas Aasen e o nynorsk editar

Moi interesante este artigo. Vaia casualidade!, hai uns días estivemos tratando do nome de Noruega e surxiu a cuestión. Vou ler con moita atención o que publiques sobre o nynorsk (se chegas a facelo). Saúdos. --Prevert (talk) 23:17, 16 Dec 2004 (UTC)

Abadín editar

Ola Rocastelo, esta mensaxe é para dicirche o criterio que seguimos para nomear as parroquias e os lugares de Galicia. O modelo toma o nome do concello do que se trata, no caso de Abadín será só a palabra Abadín. O contido do modelo é tal como o fixeches, cunha variación: as ligazóns non apuntan aos nomes do modelo (intentamos evitar as páxinas que levan paréntese na medida do posible), apuntan a parroquia, concello -con espacio despois da coma-. No exemplo que escríbiches sería Abadín, Abadín e para os lugares lugar, parroquia, concello, ex. Gontán, Abadín, Abadín. Nesta ocasión dase un caso curioso que unha páxina teña que chamarse Abadín, Abadín, Abadín . Un bo exemplo de como fixemos está no concello de Ribadeo. Bo traballo o que estás a facer co A. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 18:35, 18 Dec 2004 (UTC)

Europa: Xeorxia e Kazastán editar

Quizais debín deixalos e facer como na Wikipedia inglesa incluir unhas notas sobre eles. Nese momento pareceume o máis apropiado quitalos porque culturalmente non son Europa, pero creo que tes razón que hai repoñelos coa nota. En todo caso o que non me pareceu apropiado foi poñelos no modelo de marcador, aínda que seguindo ese criterio tamén habería que eliminar Acerbaixán. Volverei sobre elo. Grazas polo apunte. Saúdos. --Prevert (talk) 18:55, 18 Dec 2004 (UTC)

  • A ver que che parece a redacción da sección Europa: División política? que recolle as aportacións do debate sobre que países pertencen a Europa. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 09:15, 20 Dec 2004 (UTC)
    • Sobre as normas da Toponimia hai un punto que variou e que aínda non pasei a Wikipedia:Política e normas:Toponimia é o referido á Toponimia española. O tratamento pasou a ser igual que co resto das cidades e países do estranxeiro. Non sei se iso soluciona o que tiñas en mente para os "concellos de lingua galega de Asturias, León, Zamora e Cáceres". Senon é asi, podes poñer a túa proposta na miña páxina de discusión para que falemos un pouco sobre ela e despois pasamola a Wikipedia:A Taberna (propostas) para proceder á votación.
    • Con respecto a Xeorxia, estou de acordo co que dís e pareceme que iso tamén é aplicable a Armenia e Acerbaixán, que opinas?
    • Tema: Parroquias de Abadín. A filosofía que esta detrás da Xeografía de Galicia: Concellos, ríos, .... é "cartografiar" a realidade galega e a ser posible ter información sobre todas e cada unha das entidades de poboación. Nun primeiro momento tratábase de ter páxinas para cada un dos concellos e dese xeito as persoas orixinarias ou que tivesen información do concello que as completasen. Crear páxinas sobre todas as parroquias e lugares semella un traballo inmenso, e supoño que nun primeiro momento as páxinas estarán case baleiras. Sería cuestión de debatir que información debe incluir a páxina e se paga a pena o esforzo. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 20:02, 20 Dec 2004 (UTC)

Comarcas estremeiras editar

Estou de acordo en abordar os concellos exteriores que falan galego. Quizais o mellor sexa propoñer a creación dunha categoría para incluílos. O que ocorre e que polo momento aínda non teño unha opinión formada completamente sobre o tema. Tería que afondar máis para expresar a miña postura definitiva. Con respecto aos nomes en paralelo -galego e oficial- a Wikipedia española non semella un exemplo a seguir (neste e en outros moitos temas). Están enleados en liortas interminables, e a solución á que chegan é maís fruto -na miña opinión- dun posicionamento político (ou anti-posicionamento) que dun enfoque enciclópedico. Coincido contigo en que a Academia da Lingua Asturiana non ten nada que dicir na Galipedia sobre iso, e en xeral creo que o enfoque que propós é acertado. Poderíamos concretar máis sabendo a relación completa dos concellos neste epígrafe, e así decidir se é preciso nome galego e castelán ou non. Se dispós desa relación podes poñela na miña páxina de discusión. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 19:04, 21 Dec 2004 (UTC)

  • Coa lista de concellos non vexo problema para seguir as regras da Toponimia que temos, menos da metade dos concellos teñen o nome "duplicado". En canto ao nome das distintas zonas podemos usar os que propós, unha vez decidido cal é o maís apropiado para a primeira. O que habería que determinar é o nome que debe ter a categoría enteira seguindo o esquema das de Xeografía. Outra cousa a decidir é se estaría dentro de Galicia ou ao mesmo nivel, inclínome pola segunda opción. Unha vez que estea claro todo isto xa se pode redactar a proposta para poñer na Taberna. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 22:34, 21 Dec 2004 (UTC)

Revisión e Galiza - Galicia editar

Non sei que podo respostar ao teu comentario, salvo que tes razón. Pero tes que ter en conta que esta Wikipedia ten moi poucos usuarios, en realidade ata as últimas semanas non empezou a aparecer unha cantidade mínima de colaboradores, e ata hai moi pouco Agremon tiña que cargar el só con todo o traballo de xestión da Galipedia. Iso quere dicir que se a un usuario lle petaba escribir que había unha provincia galega na lúa podía escribilo, e se pola razón que fora pasaba desapercibido quedaba aí escrito (e unha persoa non pode hipotecar a súa vida pendente do que pase exclusivamente na Galipedia, iso é unha responsabilidade colectiva). Un dato: desde o 8 de marzo de 2003 ata o 18 de novembro de 2004 escribíronse 2000 artigos (en realidade aínda que as estatíticas indiquen iso son menos), e desde esa data ata hoxe 889 artigos máis. A labor de Agremon foi inmensa, ti non chegaches a coincidir con él porque nestas últimas semanas estivo ausente, penso que el pode completar esta explicación con moitísimos máis datos; eu incorporeime o 1 de outubro de 2004 e desde esa data tentei axudar creando un sistema de mantemento (inacabado aínda) e na proposta dun sistema de revisión entre outras cousas (un sistema que nos implícase a todos, pero o tempo non da para tanto e aínda non puiden facer a proposta). O que quero dicir é, que o que expós é un traballo que temos que facer os actuais usuarios, creando un modo de xestión que impida que no futuro se degrade a base de datos e limpando o que é impropio agora. Confio en que consigamos facelo. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 19:15, 22 Dec 2004 (UTC)

  • Case non me deu tempo a pensar sobre a mensaxe das comarcas galegofalantes xa constestarei noutra mensaxe. A de agora é para dicirche que xa hai uns días que veño escribindo intermitentemente as páxinas de mantemento correspondentes a borrar, e como iso implica unhas cantas páxinas e bastantes instrucións -algunhas delas deben ser debatidas na Taberna- o asunto levará un tempo. (Esquecérame antes dicilo.) Saúdos. --Prevert (talk) 21:36, 22 Dec 2004 (UTC)

Irlanda editar

Grazas polo aviso, semella que me trabuquei, sintoo moito. Boas festas e un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:58, 24 Dec 2004 (UTC)

Novas entradas editar

Vexo que estás creando entradas para cidas a partir da inicial. Coido que sería bó que as incluíras no país correspondente, por exemplo nun apartado de 'cidades' ou sinxelamente, de xeito provisional, en un 'ver tamén'; así gánase en conexións dentro da galipedia e polo tanto en usabilidade. --Agremon 18:23, 25 Dec 2004 (UTC)

Parroquias editar

Estás no certo. O Wikiproxecto é un repositorio de información para que sirva de axuda con respecto aos nomes. Aricum do Wikcionario botou unha man engádindo os nomes "sen procesar", isto é porque resulta moi complicado ir concello por concello dunha vez facendo os cambios. De feito, cando pase certo tempo teríamos que variar o xeito de inclusión das parroquias no wikiproxecto a modelos de marcadores. Saúdos. --Prevert(talk) 22:09, 26 Dec 2004 (UTC)

  • Pasei os lugares das parroquias de Abadín a modelos porque iso ten certas vantaxes para outras páxinas no futuro, pasei os nomes a lp nome (lugarparroquia nome da parroquia) o que me temo que máis adiante coincidan nomes de parroquias de distintos concellos e haxa que facer os nome un pouco máis largos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:47, 29 Dec 2004 (UTC)

Rocastelo, que é eso de VII nomos? Creo que se debera crear unha ligazón (alomenos para min... :) )--Agremon 14:06, 31 Dec 2004 (UTC)

Enxeñeiro editar

Seica o diccionario da Real Academia Galega debe estar pouco (ou nada actualizado). Xa pedín por reis o de Cumio adaptado á última norma. IvanPerez 19:24, 31 Dec 2004 (UTC)

Páxina para borrar editar

Ola Rocastelo, en efecto as intrucións son un pouco complicadas pero fixechelo ben, eu cambie un par de cousas para que aparecera mellor colocada no listado e máis adiante tentarei mellorar as instrucións (aínda que o vexo díficil son moitos pasos e quizais coa práctica se consiga facer sen problemas). Saúdos. --Prevert(talk) 21:24, 2 Xan 2005 (UTC)

Ola Rocastelo, os recadros aparecen porque as liñas están desprazadas con respecto ao lateral esquerdo, en canto desapareza o espacio de separación desaparecerá o recadro. Polo tanto, fai que o asterisco quede xusto na marxe esquerda da caixa de edición e xa está. Saúdos. --Prevert(talk) 23:44, 14 Xan 2005 (UTC)

Wiki aragonesa editar

Creo que hai que dirixirse a algún administrador que hai no wiki inglés, ao mellor Aricum sabeo, porque creo que Angela convertiuno en administrador do wiktionary e ela é usuaria do wiki inglés. De todos os xeitos o que podes facer é ir o historial da portada premer na versión do 19:37, 6 Jan 2005 62.101.188.25 e copiar o material e pegalo na versión actual (vai ser máis sinxelo). Moitos wikis pequenos teñen a portada sen protexer porque necesitan de todos ata para avanzar nesa páxina. (Pudeno facer eu pero non son usuario e creo que é mellor que o fagas tí, porque se pasas frecuentemente por alí ao final se ven as túas contribucións poden acabar convertendote en administrador, se tes problemas avísame e corrixoo eu). Saúdos. --Prevert(talk) 20:10, 17 Xan 2005 (UTC)

Ola! Plego de leyer o tuyo mensache! A berdá ye que en istos meses tiengo poco tiempo. Prenzipié a treballar en a Wikipedia aragonesa l'añada pasada, y fazié a traduzión de l'interfaz. Pero agora, sólo me paso de cuan en bez ta beyer os cambeos (y fer d'almenistrador). Muitas grazias por as tuyas colaborazions en a Wiki aragonesa! T'animo á que contines! L'usuario Llull, que ye catalán, tamién ha colaborau en wikipedizar as cosas y fer plantillas. Ya he bisto que puedes escribir prou bien en aragonés! Parabiens! Si bas fendo bel articlo, yo puedo fer una correzión gramatical y/u lecsica d'os tuyos testos. Aspero tener más tiempo en unos meses para continar fendo articlos. Entremistanto, soi un poquer frustrau por no aber puesto embrecar á colaboradors aragoneses estables. Juanpabl 21:25, 17 Xan 2005 (UTC)

Uso do Galego editar

Fixen unha nova versión da caixa de información dos concellos e sigo sen ver claro poñer datos absolutos de Uso do galego, penso que a información é importante pero tal como está posta hai "algo" que non me acaba de encaixar. Quizais haxa que considerar establecer algúns tramos de tantos por cento e unha ligazón directa aos datos da enquisa (??). Por exemplo, tal como está agora no concello de Abadín Xelo2004 actualizou a poboación a 2004 e xa non encaixan os datos. Non quero que isto pareza que estou poñendo en cuestión o teu traballo porque non é iso, gústame a caixa que inseriches, non obstante creo que aí hai algo que non funciona del todo e deberíamos intentar atopar unha solución mellor. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:45, 20 Xan 2005 (UTC)

  • Quizais a segunda opción que propós poida ser máis informativa (aínda que a primeira xa é unha solución parcial). Cantas liñas habería que poñer entón na caixa de información?, hai facilidade para obter eses datos desglosados?. Saúdos. --Prevert(talk) 22:25, 20 Xan 2005 (UTC)
  • Fixen unha variación do modelo 'Concello info' que permite cambios independentes en partes da caixa (a caixa vése como un bloque único pero está feita en partes, vouno comentar na Taberna é expoñer as posibilidades que hai). Con respecto ao que dís pódese facer sen necesidade de eliminar o galego da caixa se non se quere. Saúdos. --Prevert(talk) 15:26, 21 Xan 2005 (UTC)
    • Non o dixen antes, paréceme unha gran idea o apartado coas informacións sobre o galego dentro da páxina (sempre que se dispoña da información). Saúdos. --Prevert(talk) 19:37, 21 Xan 2005 (UTC)

Categorías editar

Ola Rocastelo esta mensaxe é para comentar que con respecto ás categorías abrimos un Wikiproxecto chamado Wikipedia:Wikiproxecto Categorías para tratar de como teñen que ser as árbores de categorías que faltan, e seguindo o proceso alí proposto conseguir que as ramas que se creen teñan máis unidade e coherencia. Digo isto porque a vista dos artigos relacionados coa lingüistica sería bo que te uniras ao grupo de debate. Con respecto ao que preguntas na Taberna sobre as estatísticas do galego do 91, eu o único que atopei foi os datos das sete cidades galegas (supoño que eses xa os tes). Saúdos. --Prevert(talk) 11:20, 24 Xan 2005 (UTC)

A Coruña editar

Na miña opinión ese artigo é menos que un esbozo, iso significa para min que alguén que vexa esa páxina non consigue facerse unha idea clara do que trata. A liña referida ao tema do nome focaliza a atención en algo que non é o principal. Entendo, e só e a miña opinión e nada máis, que cando un artigo está nese "status" é editable no sentido de refacer, e ese punto pode ser modificado -en principio, e se nadie manifesta oposición- xunto co resto do artigo. Faríao eu mesmo pero estou demasiado ocupado noutras partes da Galipedia. Cando algo atenta contra a neutralidade ou é manifestamente falso, ou de escasa calidade non vexo problema en que sexa reescrito, sempre axuda para decidir o que facer mirar o historial e ver como evolucionou o artigo. Outro factor a ter en conta no noso caso é que hai moitos artigos antigos que teñen na súa orixe a idea de encher de material o wiki -algo que nunha wikipedia cando comeza se convirte no motor principal- e a reflexión ven despois.

Sobre as categorías, grazas por facer a proposta, a páxina do wikiproxecto pretende que poidamos -entre todos- conseguir mellores resultados nese campo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:10, 24 Xan 2005 (UTC)

Islandia editar

De acordo. Grazas polo aviso. Saúdos. --Prevert(talk) 19:24, 25 Xan 2005 (UTC) Fareíno máis tarde porque hai que corrixir varias ligazóns e agora non podo facelo. Saúdos. --Prevert(talk) 19:28, 25 Xan 2005 (UTC)

  • Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia é fundamentalmente unha páxina de axuda con repecto aos nomes orixinais de países e lugares, cada colaborador foi engadindo cousas e nada máis. Non houbo debate sobre se todos son países ou non, porque o debate que se estaba tendo era se os nomes dos países tiñan que ser só en galego ou tamén incluir os orixinais deses lugares. Quizais podas engadir un asterisco ou unha nota indicando que países non son independentes comezando polo Tibet (se non lembro mal esa é unha páxina non neutral, pendente de retocar). Saúdos. --Prevert(talk) 19:42, 25 Xan 2005 (UTC)
  • deixeiche unha mera resposta a tua pregunta das entidades de poboacion na paxina de (talk). No sei o que dira él pero penso que se decantará polo mismo. un saudo--Xelo2004 17:02, 31 Xan 2005 (UTC)

Lugares sen poboación editar

Estou de acordo con Xelo2004 creo que debe aparecer o número total. Eu vexo as páxinas dos concellos, parroquias, lugares,..., como unha especie de retrato do país. Da paisaxe no sentido máis amplo, e entendo que a demografía só é unha parte. Penso que ten valor rexistrar eses lugares aínda que estean deshabitados (nalgúns casos abandonados). Quizais neste momento pareza que a información dos concellos ten unha orientación marcadamente demográfica, iso é porque levamos pouco tempo con estes artigos e para comezar as reseñas era unha boa vía de partida. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:26, 31 Xan 2005 (UTC)

Ádega editar

Movín a páxina porque nas convencións de títulos da wikipedia (que nós non temos creadas) e costume -non se permite- (aquí aínda non foi obxecto de debate pero é desas cousas comúns ao conxunto das wikipedias) non poñer San, Santo, Sir, Xenereal, etc... . Saúdos. --Prevert(talk) 18:02, 3 Feb 2005 (UTC)

  • Habería que debatilo na Taberna pero aínda temos moitos temas pendentes por pechar de inmediato como son as categorías de: Lingüistica, Deportes e Informática. Eu movino para que non se pasara e despois se acumulase o choio, creo que xa se me pasaron algúns. Se che parece en canto solucionemos o desas categorías publicamolo na taberna. (Tamén temos pendente o artigo da Coruña e outros ...). Xa borro a páxina, se che pasa algunha vez iso e non estou eu por aquí ponlle o marcador {{Lixo}} e xa aparece para borrar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:20, 3 Feb 2005 (UTC)

A Coruña (2) editar

Eu estou de acordo, incluso acentuaría que supón unha decisión unilateral sen valor legal. De todos os xeitos o problema fundamental do artigo é que como non ten apenas información ese aspecto adquire demasiada importancia. Saúdos. --Prevert(talk) 18:56, 3 Feb 2005 (UTC)

  • Grazas por avisar, xa vín que IaRRoVaWo borrou os artigos en cuestión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:17, 7 Feb 2005 (UTC)

Nova York editar

Parece que tes razón é: Nova York (referencia http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=133). Sempre hai algo que se "cola", ata na Enciclopedia Británica Boy brings encyclopaedia to book. Saúdos. --Prevert(talk) 19:11, 7 Feb 2005 (UTC)

Ola, ante todo boas tardes na nosa primeira conversa. Perdón por non responderte onte sobre o de NY, pero estaba no medio dunha edición e logo marchei a correr (en realidade estaba traballando na librería). Sobre o tema NY-NI, xa investiguei un pouco: parece ser que a competencia oficial diso non recae na RAE, senón na Comisión de Toponimia. Mañá subo ao Cuvi e a ver se vexo ao profesor G. Navaza, que pertence á comisión e sácame de dúbidas (pero estamos en época de exames e non é seguro que estea). Lémbrote tamén que se abriu o prazo para votar sobre a distribución da category:lingüística, ata o día 11. --Sobreira 18:19, 8 Feb 2005 (UTC)

Sobre o de caló ou romaní, non lle din demasiada importancia. O que quería era copiar ese texto poético urxentemente antes de devolver o libro (porque é da miña libreria). Se está mal xa o cambiaremos. --Sobreira 11:16, 9 Feb 2005 (UTC)

Non é algo que faga habitualmente, pero neste caso copiei (transcribín) un poema que está dentro dun artigo do último número (1º trimestre 2005) da revista "Festa da palabra silenciada" (e a tradución tamén) de Mª Xosé Queizán, monográfico sobre xitanos.

Iso mesmo descubrín cando quería meter temas de física de partículas e fun ver na wikipedia española: (electrón, positrón, protón, antiprotón, neutrón, antineutrón, muón, tauón, pión, kaón, antimateria; neutrino, gravitrón, fotón, fermións, bosóns, leptóns, mesóns, barións, hadróns, bosón de Higgs, gluón, quark, alfa, beta, gamma) e descubrín que un deles tiña problemas de copyright, por unha páxina de onde o sacaron ([[1]])--Sobreira 18:01, 9 Feb 2005 (UTC)

Púxeno a maiores, polas súa actividades: sempre é mellor pór de máis que de menos. Do problema para N.Y. inda non sei nada. --Sobreira 17:16, 14 Feb 2005 (UTC)

Tés razón no de tódolos-todos os. Perdón, é o costume dos filólogos de autocorrixirnos. Sigo sen saber nada de NY. A ver se agora que comezan as clases.--Sobreira 15:50, 23 Feb 2005 (UTC)

Inda non falei con Gonzalo Navaza sobre o de NY. De tódolos xeitos, dáme a impresión de que é sorprendentemente Nova York. Tén a súa lóxica: a vila británica orixinal sería York e o New sería traducible en tódolos neotopónimos americanos. Xa iñnvestigarei. --Sobreira 19:40, 1 Mar 2005 (UTC)

Se podes facer ti o modelo mellor. Eu creo (só é a miña opinión) que a lexislación aplicable a esta wikipedia é unha combinación da lexislación de onde están os servidores e da lexislación española. Na lexislación sobre os Servicios da Sociedade da Información dí que é a lexislación española, pero se os servidores están en Estados Unidos (creo que non só hai servidores en EE.UU.) e alí dan orde de pechalos evidentemente é en base a súa lexislación (no mes de marzo membros da Fundación Wikimedia vanse reunir con representantes de Google para decidir se aceptan unha oferta para albergar a Wikipedia nas máquinas deles). Supoño que o mellor será comezar traducindo o modelo e logo engadirlle información a medida que a teñamos.
Con respecto ao artigo clítoris non me fixara na licenza do gráfico -é unha pena, cando se poda haberá que facer un propio-. Andiven buscando a información de copyright sobre o gráfico que aparece nesta páxina: Le clitoris, ce cher inconnu pero debo estar cego porque non a vexo. Segundo os estudos actuais as reproduccións que se fan do clítoris son inexactas como podes ler na páxina anterior e ese gráfico sería o real, hai unha reseña do artigo que o afirma en Anatomical relationship between urethra and clitoris., o artigo completo é de pago lamentablemente. Saúdos. --Prevert(talk) 19:53, 15 Feb 2005 (UTC)

  • A ligazón á páxina de marcadores de imaxe está na parte superior da páxina de cambios recentes, xa o inclúo eu no apartado outros. Con respecto á imaxe quizais máis adiante -cando haxa tempo- se poda crear unha imaxe propia en base á que aparece na páxina da cadea Arte. Outra opción sería escribir unha mensaxe solicitando información do status da imaxe e se fose necesario autorización (na wikipedia inglesa teñen modelos sobre iso), pero eu polo momento vexoo moi traballoso semella máis fácil crear a imaxe. O bo e novedoso desa imaxe é que amosa unha representación real que ata agora non existía. Saúdos. --Prevert(talk) 10:10, 17 Feb 2005 (UTC)

A Distancia editar

A miña opinión persoal sería borrar o artigo, incluso borraría outros artigos semellantes (permitido pola Wikipedia:Eliminación rápida) pero entendo que aínda que esa sexa a miña opinión gústame respectar o traballo doutros usuarios anteriores. Púxenlle o marcador de fusión para non perder o historial de colaboracións desa páxina, despois a páxina resultante poderíase mover ao sitio correcto reescribindo o artigo. Saúdos. --Prevert(talk) 19:38, 21 Feb 2005 (UTC)

Clítoris editar

Vou retirar a referencia aos mamíferos no artigo Clítoris, sei que na wikipedia inglesa teñeno así pero parece confuso. Saúdos. --Prevert(talk) 19:49, 21 Feb 2005 (UTC)

  • Esquecíame, na wikipedia alemana teñen a mesma imaxe editada e paréceme que é máis neutra. Na licenza da imaxe poñen algo así como descoñecida, non obstante é a mesma imaxe retocada. Saúdos. --Prevert(talk) 19:57, 21 Feb 2005 (UTC)
  • A túa redacción é correcta, enténdese perfectamente. O que creo é que esa información introduce un elemento de confusión no artigo (ao aparecer no comezo adquire moita importancia). No caso de darse ese dato sería mellor despois e con máis información de apoio. Saúdos. --Prevert(talk) 21:02, 21 Feb 2005 (UTC)

Grazas, pero nos ligazóns e nas plantillas internas non importa a diferenza das maiúsuclas e minúsculas na primeira letra, pois ponse automáticamente en maiúscula. Levo xa un tempo na wikipedia en español co nome de Desatonao --Daniel , fálame 21:56, 26 Feb 2005 (UTC)

Pois entón será un problema de navegador, por que eu estaba vendo a miña imaxe perfectamente. Iso tentarei cos artigos --Daniel , fálame 23:53, 26 Feb 2005 (UTC)

Abadexo editar

  • Vin que pedias axuda polo artigo de abadexo xa que non tiñas moi claro alguns datos. Tomeime o permiso de arranxa-lo artigo e inxelirlle algunhas fotos. Agora votalle unha ollada, corrixe o que vexas que vai falla (faria falla outro cadro para o fondo, pero xa o deixo da túa man)e chuzalle as ligazons que vexas oportunas. Xa me diras que che parece. Ahh, vou a ver se che reformo o artigo do clitorís con máis información, espero estea dacordo. Un saudo--Xelo2004 00:06, 28 Feb 2005 (UTC)
  • Xusto, é unha errata, o nome é Gadus Pollachus, a outra definición é correcta. Podes velo nesta páxina (de paso sarcarlle algo máis de partido, eso xa é decisión túa) [2], neste artigo podes sacarlle máis partido coma na dirección anterior [3]; e coma remate neste esbozo da enciclonet a traves de ya.com podes apercibir a nome de Gadus Pollachus [4] un saudo e cando teñas dubidas de peixes, colsulta conmigo que o mellor... pescamola, je je je --Xelo2004 23:59, 28 Feb 2005 (UTC)

Orson Welles editar

Os títulos en castelán na páxina Orson Welles non teñen que ver co bilingüismo se non con ofrecer datos certos ao lector. É un tema que non está pechado que quedou pendente hai tempo. Podes seguir a discusión nas seguintes páxinas: User talk:Prevert/arquivo 1 e User talk:Joseveiga. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:32, 28 Feb 2005 (UTC)

  • En ningún caso considero que o galego sexa subordinado do castelán ou de calquera outro idioma. Como teño dito noutras ocasións o que espero desta wikipedia ou de calquera outra son datos certos e información útil. Poñería os títulos en chinés se iso fose útil e permítise aos lectores da Galipedia atopar con facilidade a información que buscan. Sobre un libro hai outros datos que permiten localizalo á parte do título, o ISBN (aínda que nós non o usemos neste momento, o software MediaWiki fai un tratamento especial del), polo tanto, paréceme un caso distinto ás películas. Con respecto á música pode pasar algo semellante ao cine, en canto aos títulos dos cadros non vexo problema en que se traduzan. Porque é importante que os títulos sexan exactos? porque é o sistema que temos para realizar a búsqueda (pasa o mesmo cos títulos en España e Hispanoámerica que surxen moitos problemas de identificación). Este é un medio especializado e evidentemente teñen que aparecer os títulos orixinais (diso non cabe dúbida), o que non creo que deba facerse en ningún caso e traducir os títulos. O que quedou pendente da conversa que mantivemos nesta wikipedia en outubro era precísamente o tratamento a dar a esa situación, non dispoñemos da relación de películas estreadas en Galicia (segundo os criterios amósados nas conversas citadas), polo tanto, traducir é introducir un elemento de inexactitude e confusión. Outra cousa é que se poñan ou non os títulos casteláns, portugueses ou en calquera outro idioma. O que estaba implícito naquela conversa era como se ían plasmar todas as informacións das que estamos tratando (evidentemente se se admítise poñer unha tradución do título iso tería que expresarse tipograficamente dun xeito diferenciado que estívese claro para o lector). O que ocorre con este tema como noutras moitas cousas é que hai demasiado traballo por facer para moi poucos usuarios colaboradores, porque o paso seguinte a aquel debate era crear o wikiproxecto correspondente, cousa que como se pode comprobar non se fixo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:17, 28 Feb 2005 (UTC)
  • Ola, gustaríame saber se tes pensado engadir a este artigo informazón e tablas sobre os demáis sistemas de romanización xa que o Hepburn, a pesares de ser posíbelmente o máis empregado, non é un stándard internacional. Se ti non tes pensado facelo tentaría encargarme eu ;) Un saúdo --Alyssalover(talk) 16:43, 1 Mar 2005 (UTC)
  • A verdade e que eu tampouco teño nin idea de cal é o sistema máis empregado en España aínda que supoño que será o Hepburn poruqe é o máis extendido. Este fin de semana tenraei atopar un oco para ampliar o artigo un pouco.
  • PD- Xa lle botei onte un vistazo ó alfabeto cirílico e fíxenlle unhas pequenas modificacións nas ligazón das letras ;) De todas formas verei de amplialo un pouco. E agora que falamos de alfabetos, remato de recordar que teño pola metade a traducción do artigo do alfabeto árabe :lol: Un Saúdo --Alyssalover(talk) 18:55, 1 Mar 2005 (UTC)
  • Iso pásame por fiarme da wiki española ;-) xa está corrixido --Alyssalover(talk) 18:23, 6 Mar 2005 (UTC)

Firefox editar

Eu uso a maioría das veces Firefox e non me da ningún problema, salvo cando teño un número enorme de ventás abertas. Saúdos. --Prevert(talk) 15:59, 8 Mar 2005 (UTC)

  • Pola miña parte recomendoche o Crazy Browser (se tes sistema operativo windows), é de balde, traballa (para o meu ver mellor co explorer), bloquea bastantes popups e ten o seus traductores en castelán [[5]], moi sixelos de instalar e básicamente é o que emprego para carga un bo numero de artigos ou fotos como xa teras observado algunha vez. Un saudo --Xelo2004(talk) 20:00, 8 Mar 2005 (UTC)

Antuerpen vs Anveres editar

Non sei se cambiaron as cousas, que isto dos nomes oficiais en galego non o domino moito, pero ata o de agora a versión en galego de Antwerpen que eu vin é "Anveres", así con "v". Non domino moito isto das modificacións, pero colaboro co que podo, así que se o motivo de Antuerpen é porque non se sabe cal é a versión en galego, sería bo cambialo; pola contra, se estou errado, pido perdón. Un amigo: User:Xaguar 1:27 9 Mar 2005 (UTC)

maiúscula editar

Grazas polas correcións nese artigo ;) a verdade e que o traducín con presas e sen fixarme demasiado :@, aínda que iso de que en galego tan só é maiúscula "A primeira palabra dos títulos dos libros, como Follas novas" si que non o sabía

Un saúdo ;)

maiúscula editar

Grazas polas correcións nese artigo ;) a verdade e que o traducín con presas e sen fixarme demasiado :@, aínda que iso de que en galego tan só é maiúscula "A primeira palabra dos títulos dos libros, como Follas novas" si que non o sabía

Un saúdo ;)--Alyssalover(talk) 23:20, 11 Mar 2005 (UTC)

Bombai editar

Xa correxín outra vez o título, a ver se esta vez é a definitiva, como non vín os caracteres que me deixaches espero telo feito agora correctamente. Para outra vez utiliza nowiki para que se vexan os caracteres. Sobre o impasse xa veremos o que pasa, é normal que a cousa decaiga a veces, neste caso esperemos que só sexa un pequeno baixón. Saúdos. --Prevert(talk) 12:28, 12 Mar 2005 (UTC)


Biografiasyvidas editar

Do Diccionario da Real Academia Galega: traducir v.t. Expresar [algo dito ou escrito nun idioma determinado] noutro idioma distinto. Traducir non é modificar. Na páxina de biografiasyvidas, din que o seu contido pode ser usado libremente sempre que non sexa para fins lucrativos. Eu penso que a inclusión deses artigos na Galipedia (como fan na Wikipedia en español) non entra en conflito coa política de libre edición desta enciclopedia. Está ben escoitar outros puntos de vista :) Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 15:23, 14 Mar 2005 (UTC)

Xenebra editar

O asunto supera o título desta páxina, e creo que debe pasar á taberna para establecer unha mención nas regras de toponimia para os casos como o de Suíza. Saúdos. --Prevert(talk) 17:34, 18 Mar 2005 (UTC)

  • Xa sei o que dín as políticas e normas sobre toponimia (fun eu o encargado de redactalas), creo que a cuestión na que nós sitúa esta páxina é que hai que debatir unha regra xeral para resolver este tipo de casos para que non haxa lugar a dúbidas, nada máis. Saúdos. --Prevert(talk) 17:50, 18 Mar 2005 (UTC)

Engadido: precisamente porque fun o encargado de redactar as regras da toponimia sei que ese caso non estaba contemplado e, por iso, considero que se debe decidir oficialmente o xeito como se faga. Saúdos. --Prevert(talk) 17:56, 18 Mar 2005 (UTC)

Outro engadido: non teño inconvinte en que o nome da páxina sexa Xenebra - Gèneva, a cuestión é que é preciso que nalgún dos documentos desta wikipedia quede expresamente recollido como tratar estes casos, sexa en Wikipedia:Política e normas:Toponimia ou en Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia. Saúdos. --Prevert(talk) 18:05, 18 Mar 2005 (UTC)

Fotogramas ou fotografías de cine editar

É un caso complicado. No dominio público non están, a non ser que sexan do cine mudo, pero os propietarios dos dereitos se non permiten a reprodución de imaxes dunha obra esta non é coñecida. Terían o mesmo status que teñen as imaxes que se ceden para as revistas cinematográficas. A palabra adecuada para designalas non é secuencia, sería fotograma se é unha imaxe extraída da propia película ou fotografía se é unha fotografía promocional de algo que non aparece no filme. Habería que pensar en facer un modelo de marcador, o problema é decidir que información poñer nel. Saúdos. --Prevert(talk) 23:03, 18 Mar 2005 (UTC)

  • O marcador da wikipedia inglesa pode ser un punto de partida pero creo que habería que traballalo máis. De todos os xeitos pode usarse por agora independizando o que son verdadeiras capturas de pantalla do que son os fotogramas (tamén teñen Template:Film-screenshot, a mín paréceme igualmente impreciso). Quizais se poda crear un modelo Template:Film-fotograma ou Template:Film (para incluir fotogramas e fotografías), en realidade non se trata de capturas de pantalla (pode que algunha imaxe se consiga así, pero outras virán de publicacións impresas, webs de productoras, fotografías promocionais,..). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:53, 19 Mar 2005 (UTC)

Ola! Non sei se é este o xeito apropiado de comunicarme contigo. Polo asunto do pelo de Vivaldi. "Rosso", en italiano, quere dicir "vermello", o equivalente do "roxo" galego sería "biondo", se fose en castelán, "rosso" si equivalería a "rojo". Un saúdo. Xograr.

Volver á páxina do usuario "Rocastelo/Arquivo 1".