Benvido á galipedia! Con un máis, faremos máis e mellor. Agremon

Non fai falla que asines as páxinas. Na historia queda gravada a túa referencia. Agremon

Eu tamén me uno a mensaxe de benvida, e se segues por aquí un tempo confio en que poidamos tratar dos diversos problemas que se presentan ao elaborar reseñas sobre cine (entre outros os dos títulos das películas en galego). Un cordial saúdo. --Prevert 18:59, 13 Oct 2004 (UTC)

Jorge Semprún Nicolás Copérnico Google

Máis sobre títulos de películas en galego e outros temas editar

A fonte principal de estreas e versións galegas dos filmes é a TVG (moi poucas películas foron estreadas no cine en versión galega), por suposto hai base de datos da TVG pero non é accesible ó público.

O criterio que usei eu é o seguinte:

  • Título galego no caso de ter seguridade da súa estrea en versión galega.
  • Título castelán no caso de existir estrea en España e non darse o caso anterior.
  • Título orixinal no caso de non haber versión española.
  • Introducir advertencias nas páxinas sobre os títulos empregados para nomear as películas.
  • En ningún caso traducir os títulos ó galego senón hai versión galega da película, iso induce a erro parece suxerir que hai versión galega cando en realidade non existe.

O título non pode presentarse só como unha traducción porque o título é unha referencia imprescindible para atopar o filme e a súa traducción crea confusión.

Podemos seguir comentando ata chegar a un modo de presentación común. (En es.wikipedia incluso teñen plantillas para algúns materiais sobre cine)


Sobre asinar os comentarios das páxinas de discusión


Aínda que o criterio das wikipedias é non asinar os artigos e a maioría das páxinas no caso das páxinas de discusión faise imprescindible asinar e poñer a data para que se poidan seguir as discusións correctamente. Suxiroche que utilices o segundo botón pola dereita da caixa de edición que introduce automaticamente nome de usuario e data.


Sobre a páxina Cine Galego


Non sei se viches o comentario que puxen na súa páxina de discusión sobre Cine Galego, penso que habería que pasar o texto que escribiches a unha páxina propia sobre o sector audiovisual galego. Saúdos.--Prevert 17:49, 14 Oct 2004 (UTC)

Alfred Charles Kinsey

Títulos de películas continúa ... editar

Coincido contigo en que o título relevante dunha película é o título orixinal (quizais non me expresei ben na mensaxe anterior), a miña exposición ía en canto aos títulos que se citan nas reseñas e sobre todo os enderezos das páxinas.

  • Que o título estexa en galego para mín é unha referencia inequívoca de que hai versión galega (iso da unha información ao lector, hai versións galegas moi superiores en calidade ás casteláns como tamén ocorre o contrario). O problema que se plantexa é de confirmación dos títulos galego (que non é pouco).
  • Con respecto aos enderezos das páxinas inclúen o nome da páxina neste caso o título da película. Por exemplo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Sempre_Xonxa , as búsquedas remiten directamente á páxina en cuestión e dependendo do título escollido os resultados son diferentes e hai outras implicacións de tipo técnico.
  • Quizais teñas razón que en un principio os criterios que expoño leven a que gran cantidade de títulos aparezan en castelán (ata verificar exactamente se hai versión galega e con que título) pero a cambio os datos serán máis fiables. Certo é tamén que nun futuro haberá que trasladar algunhas páxinas dun enderezo a outro, iso nun wiki non é tan difícil e o número de páxinas de filmes neste momento é case nulo.
  • En canto ao criterio que usan na TVG para traducir os títulos, non é del todo exacto o que dis. Non é una mera tradución desde o castelán, só vou a poñer un exemplo: a película de Billy Wilder Kiss me, stupid en castelán titulase Bésame, tonto e en galego Bícame, estúpido (aínda que é unha diferencia pequena amosa a traducción desde o orixinal) e isto sucede habitualmente.


É posible que esta discusión sobre os títulos sexa moi prematura dada a escasa cantidade de información sobre cine e vídeo que hai nesta Wikipedia pero penso que é máis que unha cuestión de matiz (recoñezo que na miña opinión pesan tamén preocupacións sobre como unha cuestión como esta pode influir no funcionamento técnico no wiki -velocidade de resposta, facilidade de atopar os materiais, rendimento do servidor,...-). En todo caso como reflexión final creo que perfectamente poden convivir as dous xeitos de escribir as reseñas e páxinas, ou incluso unha das opcións ou outra. O fundamental neste momento é a falta de contidos.


Sobre Plantillas


As plantillas sobre cine do wiki español (nalgún caso penso que habería que facer modificacións) están en: es:Wikipedia:Lista_de_plantillas


Sector Audiovisual Galego


Polo que escribes parece que estás de acordo en iniciar unha páxina con ese título, entón o mellor é pasar o teu artigo a esa páxina e enlazar ambas páxinas entre sí (nuns días xa o fago). Saúdos. --Prevert 17:50, 19 Oct 2004 (UTC)


Acordo sobre títulos editar

Pareceme ben a solución que indicas. Pero creo que temos que facer unha lista das situacións nas que aparecen os titulos o como presentalos en cada unha desas situacións (refírome: negrita, cursiva, comiñas, paréntese, orde de presentación, diferencia de presentación se o título existe ou se é unha traducción non confirmada,...). Se entendín ben a solución que propós é para os textos das reseñas. Creo que temos que establecer un minimanual de estilo a seguir en cada situación (aínda que sexa un pouco tedioso poñerse a facelo).

En canto ao tema da sinatura arreglei as sinaturas e datas das túas mensaxes na páxina de discusión para que podan seguirse correctamente no tempo. Ao pulsar o segundo botón pola esquerda da caixa de edición debería aparecer algo como o seguinte --~~~~, os dous guións preceden á sinatura e as "virgulillas" son a sinatura, se te rexistraches previamente a sinatura é o teu nome de usuario seguido da hora e do día, se non te rexistraches a sinatura é o teu enderezo IP. Saúdos. --Prevert 08:51, 22 Oct 2004 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Joseveiga. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:56, 6 decembro 2006 (UTC)