Benvido(a) á Galipedia, Prensagalega!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 22:43, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Ola, Prensagalega. A foto que publicaches de Fran Allo non pode estar na wikipedia porque está suxeira a copyright. Borreina xa, pero era unicamente para indicarche que para que unha imaxe poida acompañar artigos da wikipedia ten que empregar algunha licenza aberta, como Creative commons ou semellante. Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de febreiro de 2013 ás 21:05 (UTC)Responder

:Moitas grazas pola axuda, aínda estou aprendendo.--Prensagalega (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 21:34 (UTC)Responder

Imaxes editar

Ola Prensagalega, a imaxe que subiches de Fran Allo ten dereitos de autor, está na súa páxina web, e marqueina con {{copyvio}} para que a borraran. Na Galipedia non se pode subir nada que teña dereitos de autor (se está en Internet e non ten licenza libre entón non se pode usar na Galipedia e a maioría das que hai en internet non a teñen), tes máis información sobre as imaxes en Wikipedia:Política de uso de imaxes. Un saúdo. --JaviP96 21 de febreiro de 2013 ás 22:41 (UTC)Responder

RE:Foto de Fran Allo editar

Ola Prensagalega, pois tería que publicar o propio autor a foto na Galipedia ou nunha web, non o poden facer terceiros, indicando a licenza para compartila. Se a publica nunha páxina web e alí indica a licenza ti poderías subila poñendo no apartado de orixe a ligazón a esa páxina. Saúdos e espero ter resolto as túas dúbidas. --JaviP96 21 de febreiro de 2013 ás 23:48 (UTC)Responder