Benvido(a) á Galipedia, Porco bravo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 16:07, 5 novembro 2008 (UTC).

Un par de observacións editar

Benvido, Porco Bravo, e grazas por animarte a colaborar na construción da Galipedia, pero cómpre facer un par de observacións. Supoño que xa viches que os dous artigos que acabas de crear (vigorexia e maiasauria) foron marcados cun aviso de atención, por seren breves de máis, porque a súa estrutura non responde á que se recomenda e porque non achegas ningunha referencia das fontes das que obtiveches a información que conteñen. De non ser resoltos estes problemas acabarán por ser borrados e sei que iso pode resultar un pouco frustrante e sentar un pouco mal. Bota un vistazo ás diferentes páxinas de axuda, onde verás como escribir un bo artigo e cales son as normas que establece o noso libro de estilo. Dá unha volta por distintos artigos (no cadro de navegación, á esquerda deste cadro, onde di "páxina aleatoria") e verás como traballamos aquí. Se necesitas axuda, aquí estamos para botarche unha man así que non teñas medo de preguntar o que queiras para que os artigos que creaches -e os que veñan- cumpran os requisitos mínimos para formar parte da nosa enciclopedia. Un saúdo e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 18:19, 5 novembro 2008 (UTC)