Conversa usuario:Pontevedra78/Conversa 2

Último comentário: hai 10 anos de HombreDHojalata no tópico Rebenvida

Esta conversa xa está pechada, para conversar a partires de agora, debes facelo en Conversa usuario:Pontevedra78

Arquivo:

Ola, Pontevedra 78. Eu non teño nada que discutirlle ao modelo que fixeches para os dominios, pero a túa frase de "rogo que non se discuta" non concorda demasiado co espírito da wikipedia. Se os demais usuarios queren discutilo, pois discutirano, porque esta non é a wikipedia de 100 paisanos que traballan pola súa conta, senón a dunha comunidade que traballa xunta. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 18:08, 27 febreiro 2009 (UTC)


Cobián editar

Ola, Pontevedra 78. No artigo de Cobián dis que naceu en 1994, cando non pode ser posible, procura arranxalo. Tamén dicirche que mensaxe é un substantivo feminino, a contracción de a + o pode ser ó ou ao e as maiúsculas tamén levan til. DÁNDOLLE Ó BOTÓN. Grazas.--PepedoCouto 12:53, 28 febreiro 2009 (UTC)

Páxinas de usuarios editar

Ola, Pontevedra78. Creo lembrar que xa falaramos disto; pero por se acaso estou nun erro, repito: as páxinas dos usuarios son de cada un; polo tanto, ninguén debe editalas aínda que sexa pra fins aparentemente tan lóxicos e correctos como poñer unha tradución. Se o usuario non quixo facelo, pois é razón abonda pra non lle andar a remexer nas súas razóns. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 19:36, 28 febreiro 2009 (UTC)

Agradecería que leses Conversa ficheiro:Manual Galipedia.pdf.Grazas polas túas contribucións. Un cordial saúdo--83.37.195.179 00:23, 1 marzo 2009 (UTC)

Ola, Pontevedra78. Borrei o arquivo que subiches. As razóns para facelo foron tres: (1) A información contida é errónea, e pode confundir outros usuarios; (2) os seus contidos son duplicados, pois toda esa información xa está na web (3) a Galipedia non é un lugar onde colocar os nosos documentos molóns; en xeral, e cando menos ata que o resto da comunidade te coñezo, deberías preguntar e informarte antes de facer cousas así.
Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 00:27, 1 marzo 2009 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:42, 14 marzo 2009 (UTC)


:Agradeceríache que participases en Conversa ficheiro:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:43, 14 marzo 2009 (UTC)


A imaxe foi proposta para ser borrada. Rógoche que participes en Conversa ficheiro:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:11, 15 marzo 2009 (UTC)

ficheiro:Escudo España antigo2.JPG‎ editar

Pontevedra, repasa a descrición desta imaxe que, como ben notou Alberte, non é ningún escudo de España. Saúdos --Lameiro (conversa) 19:55, 10 abril 2009 (UTC)

  • Desculpa, estou atarefado, logo o miro e dígoche. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  11:47, 18 agosto 2009 (UTC)
Vexo un pequeno problema no escudo e tres posibilidades de solución (2 favorables e 1 desfavorable). Preferín editar na páxina de conversa da bandeira (Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG) para que todo o mundo poida discutir os meus razoamentos. Rógoche que continúes alí a conversa
Non marquei a bandeira con {{SenOrixe}} por deferencia, dado que estamos falando, pero se non tomas unha decisión, terrei que marcala, inda que ata o momento non estabamos sempre actuando así. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  12:41, 18 agosto 2009 (UTC)
Ola de novo. Volvín editar na páxina de conversa da bandeira. Parece que non entendes que estaba intentando salvar o ficheiro. Ó expresares ti que a orixe do escudo está en Commons e noutras Wikipedias, obrigáchesme a marcar o ficheiro coa etiqueta {{SenOrixe}}, pois hai unha orixe e non colocas ligazón (podería buscala eu, pero é obriga dos usuarios que soben imaxes colocar a orixe das mesmas). Tes que indicar como orixe que é o que fixeches ti e de que lugar recolliches o escudo cunha ligazón a Commons ou a outras wikipedias. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:17, 18 agosto 2009 (UTC)

Retirei a marca {{SenOrixe}}, pero o acontecido non me gusta, quizais mañá cambie de opinión. Por certo, a imaxe ten a licenza incorrecta, polos datos expostos ten que ser {{PD-propia}}-- Lmbuga / Conversa comigo  20:15, 18 agosto 2009 (UTC)

Bandeira de Cangas editar

Si, xa quitei as dúas. Cómpre unha revisión a fondo do tema de escudos e bandeiras, porque Commons está cheo de versións de escudos co estilo persoal do usuario que cargou a imaxe, e iso non é serio. A ver se podo ir, paseniño, revisando os artigos dos concellos e quitando o que cumpra. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 17:51, 19 agosto 2009 (UTC)

2 problemas:

  • A orixe da imaxe está incompleta e marqueina para borrar.
  • Se o sol non é exactamente como o do DOG, o símbolo é incorrecto ou non oficial (xa o comprobarei).

Vou seguir lendo as túas mensaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:12, 19 agosto 2009 (UTC)

Tódalas bandeiras antigas foron anuladas polo Decreto 369/98, artigo 1, apartado 2:, e pola lei Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Ámbolos dous expresan literalmente: Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  18:19, 19 agosto 2009 (UTC)
Teño que comprobar cando empezou a aprobar bandeiras o Consello da Xunta de Galicia e a Comisión de Heráldica, .-- Lmbuga / Conversa comigo  18:22, 19 agosto 2009 (UTC)
Desde logo empezaron a traballar despois de 1984, porque a Lei de símbolos de Galicia está no DOG do 23 de xuño de 1984. Creo que é posible ver publicacións desas datas na páxina do BOE-- Lmbuga / Conversa comigo  18:24, 19 agosto 2009 (UTC)

Pois ben, segindo o que ti dis, non é oficial ningún escudo que fose aprobado antes do 98. Temos que marcar como escudos e bandeiras non oficiais tódolos escudos de antes do 98, precisamente a data das dúas primeiras leis que che pasei (por elas supuña que a data do traspaso de competencias era esa) e que din que tódolos escudos anteriores quedan anulados. Saber, polo tanto, cando se traspasaron as competencias, non axuda moito. Hai que localizar a data do primeiro escudo ou bandeira válido para poder desoficializar os anteriores e retiralos das cabeceiras das páxinas dos concellos. Por mor diso non entendo que te esforces en compoñer unha bandeira que non vai ser oficial e que non debía ter cabida máis ca na Galería de imaxes do Concello.

A páxina que dis (Vexilla Hispánica) xa a coñezo. Non só non serve de referencia, senón que é precisamente a orixe dos problemas que estamos a ter. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  21:32, 19 agosto 2009 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:EMESPAÑAPORTUGAL.JPG
Ficheiro:CDAROCA.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:EMESPAÑAPORTUGAL.JPG, Ficheiro:CDAROCA.JPG cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


-- Lmbuga / Conversa comigo  00:27, 20 agosto 2009 (UTC)

Bandeira de Catoira editar

Vale, vou mirar. Posiblemente sexa un erro meu. Non é doado aclararse-- Lmbuga / Conversa comigo  12:28, 20 agosto 2009 (UTC)

Estás confundido. O DOG pon:

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e seis de febreiro de dous mil nove,

. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  12:32, 20 agosto 2009 (UTC)

¿Como que se eu o digo? Fai o favor de ir á imaxe, clicar sobre a ligazón do DOG que aparece na orixe da imaxe e ler o artigo do DOG en que foi aprobada a bandeira. Iso foi o que me fixeches volver facer ti a min. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  18:40, 20 agosto 2009 (UTC)
Non pasa nada. Agora ben, pensa que non escoitamos a entoación das palabras dos demais e que, se escribes "se ti o dis", eu podo pensar mil cousas, desde que consideras que, se eu o digo, é verdade, ata que me tomas por tolo e non cres absolutamente nada. Aínda poñéndome no mellor dos casos, non o digo eu, dío o DOG-- Lmbuga / Conversa comigo  19:06, 20 agosto 2009 (UTC)
Eu retiraría o escudo dos artigos pois é seguro que non é o escudo oficial. Os escudos oficiais teñen un estilo moi diferente.
Polo de agora non me vou poñer a revisar os símbolos. Prefiro crear o material para que todo o mundo poida facelo e comprobar o que fan os demais. Saúdos-- Lmbuga / Conversa comigo  19:34, 26 agosto 2009 (UTC)

Fonte para os escudos editar

Boas! Creo que Lmbuga fixo unha enorme laboura pescudando DOGas, que son a única fonte oficial. Podes ver todo o que recolleu aquí: Conversa categoría:Mantemento de imaxes de símbolos de Galicia. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:00, 27 agosto 2009 (UTC)

Sobre as miñas imaxes subidas ao Commons editar

En primeiro lugar comento que adoito pasarme pouco pola páxina de Commons, polo que lle pido desculpas pola demora en lle contestar. Ignoraba que as imaxes por min subidas ao Commons causasen tanta axitación na Wikipedia galega (e só nela, polo visto), feito que me deixou un pouco pampa, sobre todo cando do primeiro que lin foron unhas palabras dun tal Lameiro, que me puña no pelouriño para me prexulgar bastante agremente dando por certo que eu non respecto as imaxes nin -o que hai que ler!- os usuarios que as crearon. Dada a situación persoal que atraveso, en vez de causarme risa producíronme, esas palabras, unha crise de autoestima. O texto devandito é o seguinte:

Da páxina de conversa de Susana Freixeiro á que nos remite Elvire, e a xulgar pola enorma cantidade de imaxes que lle foron borradas, dedúcese que o seu comportamento non adoita respectar en absoluto os dereitos das imaxes nin dos usuarios que as crearon. Outro dato a ter en conta á hora de tomar unha decisión sobre borrar ou non as imaxes de símbolos de Galicia que agora nos interesan. Pedro --Lameiro (conversa) 14:08, 17 agosto 2009 (UTC)

Unha boa parte desa “enorme cantidade de imaxes” que me foron borradas son fotografías de illas ou de cousas con elas relacionadas. Non me pretendo xustificar, senón que lle vou expor os feitos de xeito sincero: Unha das miñas primeiras contribucións na Wikipedia foi a refacción case desde cero do anexo das illas de España ( es:Islas_de_España ), o cal contaba cun escaso continxente de illas: para iso creei varias ducias de novas páxinas de illas españolas, que fun incluíndo no recadro da lista que creei. Pequei de inexperta e mais de parva: as fotos desde logo non eran miñas: moitas delas metinas tal cal pensando que se nas páxinas de onde as extraín non se facía mención expresa de dereitos era porque estaban libres deles (dominio público); noutras simplemente actuei, manipulándoas en canto a brillo, contraste ou reducindo o seu perímetro, pensando que así se convertirían en own works. Se fixen isto non foi desde logo froito dunha maldade intrínseca á miña persoa que me facía actuar dese xeito para pisotear, consciente e maliciosamente, os dereitos das imaxes e dos usuarios que as crearon. Se o fixen foi por pura e dura ignorancia, por candidez máis que por maldade. E porén son perfectamente consciente, agora que sei o alcance dos meus actos, daquela vella sentenza legal que di que o descoñecemento da norma non exime do seu cumprimento. Non me quedando, xa que logo, o resurso á xustificación legal, quédame só o recurso á xustificación moral.

O mesmo valla para os escudos de Cangas, os cales por certo, non os saquei da web da Deputación, nin os de Cangas nin ningún outro. Como co tema das fotos “manipuleinos” pensando (ouh, parva de min!) que así se convertían en obras propias.

O tema das bandeiras é outro cantar. As de Moaña e Bueu, que non aparecen na páxina da Deputación, eu nunca as vin usada en ningures, pero unha persoa moi ben posicionada neses dous concellos fíxome ver que eran unha especie de bandeiras de facto non oficializadas por ambos cocelos, e achegoume dous escaneados dibuxados á man que aínda conservo, a partir dos cales debuxei esas bandeiras copiando tal cal os debuxos que me dera, pero, polo visto fíxeno copiando e pegando elementos que contiñan copyright, co que cometín os mesmos erros (en todo o caso as imaxes utilizadas saqueinas, repito, doutras páxinas distintas á da Deputación). A bandeira do Morrazo debuxeina copiando unha que colgaron da mesa dunha das reunións (de hai un par de anos) da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, que fotografei porque me chamara moito a atención: pero parece ser que é o logo (e no seu caso a “bandeira”) da dita Mancomunidade, non da comarca do Morrazo (pois, creo entender que as comarcas en Galicia non teñen entidade xurídica como a que poidan ter os concellos...) Pegueille, para dibuxala, o logotipo que escaneei dun tríptico desa Mancomunidade e que eu pensaba que tampouco tiña dereitos de copia.

Con respecto á foto aérea de Vigo da Nasa non sei por qué a borraron do Commons porque na páxina desa axencia aeroespacial deixaba ben claro que esa imaxe, como outras, estaban libres de dereitos. Pero debeume pasar como outras imaxes que subín que sendo de enteira creación miña borráronmas porque non especifiquei a súa autoría (e abondaba con que puxese “own work”, pero pasóuseme por despiste e acabáronmas borrando por interpretaren que vulneraban dereitos de autor: son imaxes como Vigo_población.PNG, IberianSeseo2.PNG, Pontevedra históricas.PNG (un mapa das comarcas históricas de Pontevedra), Comarca Pontevedra.PNG e Basque as first language.TIF, todos eles mapas creados exclusivamente por min, feitos sobre mapas base carentes de dereitos extraídos do Commons. En varias destas imaxes, dándome conta que foron borradas porque se me esquecera especificar os dereitos, volvinas a subir especificando, desta vez si, que eran obras propias.

Eu, unha vez que caín da burra e comprendín o funcionamento disto das licenzas, dos copybios e demais cousas que eu ignoraba, son, xa que logo, a primeira interesada en que se borren de Commons. E como deixei ben dito arriba que ía ser absolutamente sincera vouno a seguir sendo e fágolle saber que os casos que describín arriba non son os únicos (falo das fotos de illas das miñas primeias andainas na Wikipedia, que non eran miñas e que as “manipulei” lixeiramente pensando que así se convertían en obras propias): en efecto, varias fotos que subín ao Commons como “own works” e que aínda hoxe están nel, incumplen o tema do copyright, e agora que sei como funciona isto gustaríame que tamén se eliminasen de commons. Crin xusto decilo, pois agora sei que as cousas non funcionan como eu pensaba que funicionaban. Esas fotos son as seguintes:

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Onza.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Cortegada_mosteiro.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:AnsaronLugo.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Area.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Portitxol.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Deva.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Medes.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Escombreras.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Isla_Grosa.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Cangas_situaci%C3%B3n_concello.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:O_Grove_situaci%C3%B3n.PNG

http://commons.wikimedia.org/w/index.php?title=File:Ons_Rotas_3.PNG

O resto son mapas creados por min sobre mapas base de dominio público ou fotos tiradas por min mesma. E, repito, son a primeira interesada en que se borren eses arquivos do Commons.

Reitero que o descoñecemento da norma non exime do seu cumprimento, pero crin oportuno expresar os motivos que me levaron a actuar desa maneira: malo ou nulo coñecemento do funcinamento das licenzas. En ningún caso fixen nada por maldade, pero a imaxe miña que puiden ver ao longo das discusións da Wikipedia galega era pouco máis que o dunha bruxa chuchona, ávida de aproveitarse do traballo creativo dos demais. Se vale de algo, esas eivas xa foron superadas e coñezo xa á perfección o funcionamento das licenzas. Ademais, se durante ese tempo descoñecía o tema das licenzas das imaxes, no tema do texto sempre fun exquisitamente puntillosa: xamais peguei nada copiado de ningunha páxina e (está aí o historial para velo) adoito borrar cousas que me cheiran a copy-paste. Nese aspecto non terá vostede queixa.

Disculpe por esta longa explicación, pero crina oportuna. Só espero que se me entenda e disculpe. Legalmente o mal está feito, pero humanamente supoño que se comprenderán os porqués desa actuación: a ignorancia.

Acabo de crearme unha conta na Wikipedia galega, algo que tiña en mente desde hai tempo (de feito colaborei bastante pero se facer conta); espero que cando menos sexa tan benvida como calquera outra usuaria, xa que teño moitas ganas de traballar e contribuír co proxecto.

Faga chegar todo o que lle escribín ás persoas que participaron nas discusións encol das miñas imaxes en Commons.

Saudiña, Susana

Escudo e bandeira de Marín editar

Eliminei referencia a calquera dos dous na páxina Marín. Véxase páxina de conversa. É obriga daqueles que soben as imaxes demostrar a exactitude das mesmas. Insuficiente: Ou ben o escudo ou ben a bandeira poden ser mantidas.

Noutras palabras: Non estou disposto a seguir xogando unha partida infantil de xadrez. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:10, 13 setembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  01:53, 13 setembro 2009 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:PontevedradendeBas.png

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:PontevedradendeBas.png', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  17:55, 21 febreiro 2010 (UTC)

Si, era a orixe. Xa retirei a marca. Engadinlle a caixa de datos que normalmente se emprega nas imaxes. Un cordial saúdo

Contido editar

Pontevedro78, mételle algo de contido aos artigos de dominios. Non chega con poñer un modelo. Se tes calquera dúbida, aquí estamos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:39, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Bandeira Galega Ondeando.JPG




Ola Pontevedra78/Conversa 2, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.. HombreDHojalata.conversa 17:55, 6 de setembro de 2011 (UTC)

Proxecto WikiSkills editar

Boas Pontevedra78, déixoche este aviso na túa conversa porque estes días estase a organizar un proxecto que podería ser do teu interese: WikiSkills. O proxecto WikiSkills é un proxecto europeo que tenta aplicar os beneficios das ferramentas wiki na educación, tes algo máis de información e ligazóns na conversa da taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:49, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Cuestionario onomástica editar

Ola, Pontevedra78! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.

Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:

Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:45 (UTC)Responder

Rebenvida editar

Re-benvido, compañeiro. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xaneiro de 2014 ás 00:14 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Pontevedra78/Conversa 2".