Pataqueira
Benvido(a) á Galipedia, Pataqueira!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.
Fai falla ampliar/actualizar moita información dos actores galegos, ánimo e grazas--. HombreDHojalata.conversa 11:25, 23 de maio de 2010 (UTC)
Moitas grazas, a verdade é que lle hai que botar ganas e paciencia (he se-lo problema de non ter revistas do corazón). Dende que a Axencia Audiovisual non funciona (a AVG moi ben nunca funcionou) é bastante complicado enterarse do traballo desta xente. Bué, iso, non vou relatar os problemas do Audiovisual galego (que son moitos) porque, inda que son nova aquí, xa lin que as "conversas" non están pra estas cousas. Grazas de novo e contribuirei co que poida! Pataqueira 11:32, 23 de maio de 2010 (UTC)
- Calquera cousa que achegues hai vir ben. É ten en conta que para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta--. HombreDHojalata.conversa 15:11, 23 de maio de 2010 (UTC)