Dámosche a benvida á Galipedia, Paramaribo1975!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 16 de agosto de 2021 ás 12:18 (UTC)Responder

Discografía de La Raíz editar

Ola Paramaribo 1975. O artigo que vés de facer -Anexo-Discografía de La Raíz- movino a Discografía de La Raíz para igualar con outras discografías xa existentes e porque na Galipedia non empregado o comezo de "Anexo-...." (que é propio de es:wiki); en troques aquí, neste caso, déixase tal cal. Tamén te aviso por se quixeres amplialo algo máis e non o atopases. Ánimo e darlle duro. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 16 de agosto de 2021 ás 13:50 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

Boas Paramaribo 1975. Benvido á Galipedia. Agradecemos moito as túas achegas, pero agradeceríache moito que revisaras polo miúdo as traducións que estás a facer coa ferramenta de tradución automática. Esta ferramenta está lonxe de ser perfecta e os artigos precisan dunha revisión exhaustiva logo de seren creados. Antes de seguir creando máis artigos, pediríache que revisaras os que xa están creados e os corrixas. Ademais, desfixen a túa edición no artigo Sin, na que desbotaches o contido que xa había (sobre unha canción de Nine Inch Nails) para poñer o contido sobre o deus. Se tes calquera dúbida só tes que preguntar.--Breogan2008 (conversa) 19 de agosto de 2021 ás 12:28 (UTC)Responder